![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj_0TbA2Tj4ojuqW7m2RNrzQku8h_12eu4BAXUJls_DmNaTwoen7L5E2wFmpSMGck0Ez8LniZhYhj1KRc07CNNZBoXTKR4nKOQZn-wcajRXD7PaNxQ2fKI7OSyCRt3VmALnLAm_amfJ7XI/w260-h400/o+capitan+maimi%25C3%25B1o.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjwLLdvT8VsKstIRcSPCpfDbW3rgS9rs7VhX9WzJqjM26yvKgJO_e2qpQTzJNcvjd_UGzSwiJ1vr2G3S_dPT2KAjQGqbSKTSd8ojS5ute614lmM_TuP_0YsczaUpjzoemfKMg_L_VGET3c/s320/Comentarios+BLOG+NINGUN+COMENTARIO+Alto+fondo+verde.jpg)
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
O Día Mundial Do Teatro foi creado polo ITI (Instituto Internacional do Teatro) e celebrouse por primeira vez o 27 de marzo de 1962, data da apertura da tempada do "Teatro das Nacións" en París. Desde entón, cada ano nesta data, o World Theatre Day (Día Mundial do Teatro) celébrase a escala mundial.
"A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.
Deste xeito promovemos a cultura e os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo uns requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro.
Haberá 3 sesións dunha duración aproximada cada unha delas de 60 minutos e terán lugar os seguintes días:
Tamén están convidados a participar nas sesións os usuarios e usuarias da Asociación ASPAVI.
Un espectáculo adaptado a unha nova normalidade, a un novo espazo, pero que segue sendo divertido e participativo tanto para os que o crean como para os que o gozan.
"A HORA MÁXICA" pretende ser un espazo lúdico onde os nenos e nenas poidan ter unha actividade diferente nesta nova situación que estamos a vivir. Unha canle de televisión interactiva e moderna na que as persoas que elixan ver este "programa" seguro que repetirán, xa que eles serán os protagonistas.
Un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente.
A actividade retransmitirase nunha única emisión ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; os de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e os usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para conectarse a través de internet e poder gozar do conto.
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!