sábado, 21 de abril de 2012

O "Bookcrossing´ convírtese na estrela dos actos do Día Internacional do Libro 2012

O Bookcrossing convírtese na estrela dos actos con motivo do Día Internacional do Libro.

O pasado venres os Alumnos de 3º e 4º da ESO do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén rexistraron uns 30 libros que serán liberados en distintos puntos do municipio o próximo luns día 23 de abril, data na que se celebra o "Día Internacional do Libro".

Ver noticias nos seguintes enlaces:

A Xunta, Novagalicia e o Marco únense ao "bookcrossing" con motivo do Día Internacional do Libro"

Museo de Navarra...

xoves, 19 de abril de 2012

BOOKCROSSING cos alumnos de ESO

Os alumnos de 3º e 4º da ESO Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos realizarán o día 20 de abril na Aula Informática do colexio un novo Obradoiro de BookCrossing para conmemorar a celebración do “Día Internacional do Libro” o día 23 de abril, data na que serán liberados os libros rexistrados neste obradoiro.

No mesmo aprenderán a rexistrarse na páxina web www.bookcrossing.com como usuarios e tamén a facelo cos seus libros, a etiquetalos e a liberalos para o disfrute doutros usuarios e dos veciños en xeral.
 
Os Obradoiros serán impartidos por persoal do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, e o Concello aportará gratuitamente os materiais necesarios para etiquetar e liberar os libros.
 
Dende a o Centro Antena e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e dende o CPI “Curros Enríquez” de Pazos faise un chamamento aos veciños para que se animen a participar desta actividade de ANIMACIÓN Á LECTURA durante todo este mes no que se celebrou a conmemoración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” o día 2 de abril e no que se conmemorará o “Día Internacional do Libro” o próximo luns día 23, e os convocan a acudir á Biblioteca Pública para informarse sobre cómo levar a cabo esta actividade.
 
Con este novo obradoiro o Concello de Pazos de Borbén convírtese deste xeito no municipio da provincia de Pontevedra con maior número de exemplares de libros liberados por esta modalidade de Bookcrossing.
 
Os veciños poderán “cazar” os libros liberados entrando na web www.bookcrossing.com para localizados, ou tamén acudindo aos lugares sinalados de liberación: a Casa do Concello, o Colexio Curros Enríquez e a Biblioteca Pública Municipal en Pazos; o Centro Cultural e Recreativo en Moscoso: a Casa do Pensionista en Amoedo; e o Centro Cultural en Nespereira.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger