mércores, 16 de outubro de 2024

CÓMO SE FIXO "CINZA" charla a cargo de Manel Cráneo e Xaviel Alcalá sobre o proceso de creación desta novela gráfica - Programa "falaRedes" da Rede de Dinamización Lingüística

Continuamos coa programación da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén do mes de outubro e para a semana que ven temos prevista a seguinte actividade en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística enmarcada no programa de dinamización lingüística falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


Como se fixo "Cinza" é unha charla que será impartida polos autores Xavier Alcalá e Manel Cráneo ao alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos o próximo Mércores 23 de outubro a partir das 13:10 horas nas instalacións do centro educativo.

O escritor da novela orixinal “A nosa cinza”, Xavier Alcalá, e o autor da adaptación á novela gráfica, Manel Cráneo, explicarán o seu proceso de traballo de como un “long-seller” que figura entre os libros mais vendidos da literatura galega, pasa ao formato novela gráfica.

A actividade estará apoiada pola proxección de materiais visuais que amosan a investigación gráfica que hai detrás da obra (fotografías antigas, story board, bosquexos previos, proceso de debuxo, anotacións e páxinas do guión).

Unha viaxe polas entrañas do proceso creativo da obra.


“Queimémonos,
Mais garde calor de presenza a nosa cinza
Na marcha sen final do tempo.”


“Cinza” é a adaptación de Manel Cráneo do “long-seller” “A nosa cinza”, de Xavier Alcalá, con máis de 80.000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.

Unha obra universal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morta asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espírito Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.

Informamos que tanto a novela gráfica "Cinza", un volume de 136 páxinas a branco e negro; e a novela orixinal "A nosa cinza" están a disposición das usuarias e usuarios da Biblioteca no noso catálogo.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 1 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA "RELATOS DE IDA E VOLTA. Facer e desfacer historias" impartido pola escritora ANDREA BARREIRA FREIJE para o alumnado de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos

Ola de novo seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Seguimos informando das actividades organizadas para este mes de outubro a través do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" e que contan co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Os principais obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a mocidade e as persoas con diversidade funcional; animando á creación literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.



O próximo Luns 7 de outubro comenza o obradoiro "RELATOS DE IDA E VOLTA. FACER E DESFACER HISTORIAS” que será impartido pola escritora, xornalista e docente ANDREA BARREIRA FREIJE para todo o alumnado de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; e realizarase tamén nas instalacións do colexio en catro sesións dunha duración de hora e media cada unha nas seguintes datas e horarios:

Luns, 7 de outubro
10:20 a 11:50 - 1º ESO
12:20 a 13:50 - 2º ESO

Martes, 8 de outubro
10:20 a 11:50 - 3º ESO
12:20 a 13:50 - 4º ESO

Escribir, desde un relato a unha novela, é algo traballoso, que se vai pulindo e mellorando cos anos. Aínda que partamos do básico, que é ser quen de observar o que nos rodea, pensar e imaxinar, precisamos dunhas ferramentas que, primeiro nos axuden a ordenar a información e, despois, elementos que fagan que a nosa historia sexa o máis atractiva posible.

Nos cursos de narrativa preguntámonos: Quen conta a historia? O Narrador, pero cantos tipos de narradores hai? Quen marca a acción? A personaxes; pero que papel lles imos dar? Onde e cando acontece todo? Espazo e tempo, pero como se relaciona cos demais elementos? Como estruturamos o relato? Tempo e trama... Onde poñemos cada xiro?

Así, Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias é un obradoiro de escrita que funciona como un xogo adaptado a cada curso. A través de varios pasos, que van desde a capacidade de atopar ideas a través de preguntas, observación, imaxinación á escrita, mergullámonos nas capacidades e intereses propios á hora de escribir un relato.

A partir de aí descubrimos cada elemento narrativo e como podemos mesturalos para facer unha historia o máis atractiva e interesante posible. Deste xeito, veremos como segundo a tipoloxía das personaxes ou dos narradores, as voces cambian; igual que mudan segundo onde cando sucedan. Cada elemento ten o seu papel, e coñecelo fará que escribir unha historia sexa algo fluído e cada vez máis natural.

Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias remata coa lectura dos textos, o que permite a capacidade crítica da aula, sempre dun xeito construtivo. Esa ollada externa axuda a mellorar os escritos. Malia que o proceso sexa individual, contar co apoio da aula, sempre é un bo xeito de evitar bloqueos creativos e ter varias opcións que axuden a avanzar e facer o proxecto o máis interesante e próximo ao lector ou lectora.

O obradoiro impartirase en 4 sesións de 90 minutos cada unha para a rapazada entre 1º a 4º da ESO. Cada persoa escribirá un relato, no que se mesturarán as temáticas do VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borben, coas ferramentas máis básicas da creación narrativa e aquelas que lles permitan arriscar nas voces narradoras ou nos xiros das historias

1º ESO: Este curso, ao ser o primeiro ano que recibe o obradoiro, descubrirán os elementos básicos para a construción dun relato: que é narrador, as personaxes, o espazo, o tempo ea trama lineal, todo a través do xogo.

2º ESO: Tras descubrir o ano anterior as bases do relato, no presente obradoiro descubriremos novas ferramentas, centrándonos principalmente en como adaptar as ideas, puntos de partida, do concurso municipal ás nosas propias inquedanzas como escritoras e escritores.

3º e 4º ESO: Nestes cursos profundaremos en como podemos xogar coas estruturas (inversa e circular principalmente, aínda que tamén in media res) e variar principios e finais, para poder experimentar cos xiros e descubrir outras formas de contar.


Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

sábado, 28 de setembro de 2024

CONVOCATORIA DO "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

O pasado 26 de setembro demos conta a través deste Blog e das Redes Sociais da Biblioteca das actividades que se van a realizar durante os meses de setembro-outubro e, entre elas está a convocatoria do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".


Nesta 6ª edición do certame poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2022/2023 e/ou 2023/2024; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade no municipio de Pazos de Borbén.

Coa convocatoria desta nova edición pretendemos seguir animando á creación literaria, á escrita e á lectura en lingua galega; fomentar a creatividade e potenciar a expresión e a comprensión escritas, estimulando o uso da lingua galega entre os escolares e os mais mozos, así como tamén do colectivo de persoas con diversidade funcional, facilitándolles a súa consecución mediante esta motivación como é a de participar nun certame literario no ámbito do relato breve.

As categorías para participar son, como na pasada edición do certame, sete (7) categorías que se detallan de seguido:

      • Categoría A: Persoas con diversidade funcional
      • Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
      • Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
      • Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
      • Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
      • Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
      • Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO

O prazo para presentar os traballos será do 1 de outubro e o 15 de Novembro de 2024.

Os participantes poderán presentar un único traballo (debuxo ou relato) que deberá ser orixinal, inédito, ESCRITO EN LINGUA GALEGA e non premiado dentro do prazo estipulado nas bases do certame e que deberán entregar na Biblioteca.

Os participantes na Categoría A: Persoas con diversidade funcional poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou máis frases alusivas ao mesmo; ou un relato escrito que se entregará en formato A4 por unha soa cara, manuscrito en letra clara ou ben impreso en tipo letra Arial, tamaño 14 puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de dúas (2) páxinas.

As persoas participantes na Categoría B: Alumnado de Educación Infantil poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara.

As persoas participantes na Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de primaria poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou dúas frases alusivas ao debuxo presentado.

As persoas participantes nas restantes categorías deberán presentar os traballos (un relato) en papel e entregaranse en formato A4 por unha soa cara, manuscritos en letra clara ou ben impresos en tipo de letra Arial, tamaño 14 puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de catro (4) páxinas.

A temática dos relatos será LIBRE pero valorarase que incidan preferentemente nas seguintes materias:
  • A igualdade, a diversidade, a tolerancia, o respecto e a prevención da violencia de xénero como valores esenciais para a convivencia entre homes e mulleres.
  • A recollida de historias e lendas locais transmitidas oralmente de avós/avoas a pais/nais, a fillos/as e a netos/as que favorezan o coñecemento do patrimonio inmaterial de Pazos de Borbén.
  • A recollida de toponimia e microtoponimia dos lugares, barrios eparroquias do concello.
Haberá dous premios por cada categoría que consistirán en:

Categoría A: Persoas con diversidade funcional
1º premio: Un libro ou tableta electrónica+un lote de libros.
2º premio: Un lote de libros.

Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
1º e 2º premios: Un lote de libros.

Resto das categorías (C, D, E, F, e G)
1º premio: Un libro ou tableta electrónica+un lote de libros.
2º premio: Un lote de libros.

Co obxecto de fomentar a lectura en lingua galega e o traballo cooperativo entregarase tamén un lote de libros a cada unha das aulas do colexio e aos centros de atención a persoas con diversidade funcional que presenten máis de catro participantes ao certame. Ademaís todos os participantes non premiados recibirán un libro de agasallo.


Para máis información sobre o "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" podes descargar as BASES do certame facendo click AQUÍ.

Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demáis familiares do alumnado e á dirección, persoal, etc., dos Centros de atención a persoas con diversiade funcional do concello para que os estimulen a escribir e a participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 5º edición.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

venres, 27 de setembro de 2024

O escritor MIGUEL ALONSO DIZ impartirá o Obradoiro de Creación Literaria "ESCRIBIR PARA CONTAR 3" a todo o alumnado de Infantil e Primaria e aos usuarios da Asociación ASPAVI

Ola outra vez seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Continuamos con novas actividades que temos organizadas para as vindeiras semanas a través do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" e que contan co co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Os principais obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a mocidade e as persoas con diversidade funcional; animando á creación literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.

O primeiro Obradoiro de Creación Literaria que dará comezo o Venres 27 de setembro será "ESCRIBIR PARA CONTAR 3" que impartirá o escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Realizarase nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e  horarios:

Venres, 27 de Setembro:
13:00 a 14:30 - 4º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 3 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 5º de Primaria CPI Pazos

Venres, 4 de Outubro:
13.00 a 14:30 - 3º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 10 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 6º de Primaria CPI Pazos

Venres, 11 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil CPI Pazos

Luns, 14 de Outubro:
10:30 a 11:45 - 1º de Primaria CPI Pazos
13:00 a 14:15 - 2º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 17 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil EEI A Galeriña
15:30 a 17:00 - Asociación ASPAVI

Dando continuidade aos obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR 2” realizados no ano 2023, nesta nova edición ensínase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.

Nas actividades búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua.

Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.

Dende os ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos de persoas con diversidade funcional, achegaremos a un colectivo de persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e circunstancia.

Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:

  • Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.
  • Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial.
  • Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.
  • Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
  • Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
  • Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
  • Fomentar o uso da lingua galega.
  • O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.

Os obradoiros están estruturados en cinco niveis:

- Primeiro nivel: Ciclo de Infantil

Escribir para contar.
Narrar a través da imaxe.

- Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria

O valente coello que quixo soñar.
Unha intervención artística.
Que é o protagonista?
Pequenas historias. Debuxamos.

- Terceiro nivel: 3º e 4º de Primaria

Unha historia entre todos.
Mesmas palabras, diferentes historias.
O relato máis curto do mundo.

- Cuarto nivel: 5º e 6º de Primaria

A través de cancións, efectos sonoros, fotografías etextos noutras linguas estimularase a creación literaria por parte do alumnado.

-Quinto nivel: Colectivos de persoas con diversidade funcional

Que queremos contar?
Unha historia entre todos.
Efectos sonoros. Que sucede?
O debuxo como ferramenta de narración.


Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

xoves, 26 de setembro de 2024

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO 2024 (OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA e VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN)

Ola de novo seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Fai uns días iniciamos a programación das actividades de outono-inverno coa actuación de LEO LEÍÑO con “HABELAS HAINAS” o pasado venres 13 de setembro; e continuamos coas mesmas o día 26 de setembro con “FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS” de FRAN CAMPOS “BANDULLO AZUL”, incluídas no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Xunta de Galicia a través de Dirección Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades xunto cos concellos galegos que teñen bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Imos a continuar con novas actividades que temos organizadas para as vindeiras semanas a través do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" e que contan co co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Os principais obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a mocidade e as persoas con diversidade funcional; animar á creación literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.

Poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do concello durante os cursos 2023/2024 e/ou 2024/2025; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade en de Pazos de Borbén

A primeira iniciarase o próximo venres 27 de setembro co Obradoiro de Creación Literaria "ESCRIBIR PARA CONTAR 3" que será impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Realizarase nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e  horarios:

Venres, 27 de Setembro:
13:00 a 14:30 - 4º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 3 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 5º de Primaria

Venres, 4 de Outubro:
13.00 a 14:30 - 3º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 10 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 6º de Primaria CPI Pazos

Venres, 11 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil CPI Pazos

Luns, 14 de Outubro:
10:30 a 11:45 - 1º de Primaria CPI Pazos
13:00 a 14:15 - 2º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 17 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil EEI A Galeriña
15:30 a 17:00 - Asociación ASPAVI

Dando continuidade aos obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR 2” realizados no ano 2023, nesta nova edición ensínase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.

Nas actividades búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua.

Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.

Dende os ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos de persoas con diversidade funcional, achegaremos a un colectivo de persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e circunstancia.

Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:

  • Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.
  • Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial. 
  • Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.
  • Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
  • Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
  • Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
  • Fomentar o uso da lingua galega.
  • O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.

Os obradoiros están estruturados en cinco niveis:

- Primeiro nivel: Ciclo de Infantil
Escribir para contar.
Narrar a través da imaxe.

- Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria
O valente coello que quixo soñar.
Unha intervención artística.
Que é o protagonista?
Pequenas historias. Debuxamos.

- Terceiro nivel: 3º e 4º de Primaria
Unha historia entre todos.
Mesmas palabras, diferentes historias.
O relato máis curto do mundo.

- Cuarto nivel: 5º e 6º de Primaria
A través de cancións, efectos sonoros, fotografías e textos noutras linguas estimularase a creación literaria por parte do alumnado.

-Quinto nivel: Colectivos de persoas con diversidade funcional
Que queremos contar?
Unha historia entre todos.
Efectos sonoros. Que sucede?
debuxo como ferramenta de narración.

 

O segundo obradoiro "RELATOS DE IDA E VOLTA. FACER E DESFACER HISTORIAS” será impartido pola escritora, xornalista e docente ANDREA BARREIRA FREIJE para todo o alumnado de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Terá lugar tamén nas instalacións do colexio en catro sesións dunha duración de hora e media cada unha e se realizarán nas seguintes datas e horarios:

Luns, 7 de outubro
10:20 a 11:50 - 1º ESO
12:20 a 13:50 - 2º ESO

Martes, 8 de outubro
10:20 a 11:50 - 3º ESO 
12:20 a 13:50 - 4º ESO

Escribir, desde un relato a unha novela, é algo traballoso, que se vai pulindo e mellorando cos anos. Aínda que partamos do básico, que é ser quen de observar o que nos rodea, pensar e imaxinar, precisamos dunhas ferramentas que, primeiro nos axuden a ordenar a información e, despois, elementos que fagan que a nosa historia sexa o máis atractiva posible.

Nos cursos de narrativa preguntámonos: Quen conta a historia? O Narrador, pero cantos tipos de narradores hai? Quen marca a acción? A personaxes; pero que papel lles imos dar? Onde e cando acontece todo? Espazo e tempo, pero como se relaciona cos demais elementos? Como estruturamos o relato? Tempo e trama... Onde poñemos cada xiro?

Así, Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias é un obradoiro de escrita que funciona como un xogo adaptado a cada curso. A través de varios pasos, que van desde a capacidade de atopar ideas a través de preguntas, observación, imaxinación á escrita, mergullámonos nas capacidades e intereses propios á hora de escribir un relato.

A partir de aí descubrimos cada elemento narrativo e como podemos mesturalos para facer unha historia o máis atractiva e interesante posible. Deste xeito, veremos como segundo a tipoloxía das personaxes ou dos narradores, as voces cambian; igual que mudan segundo onde cando sucedan. Cada elemento ten o seu papel, e coñecelo fará que escribir unha historia sexa algo fluído e cada vez máis natural.

Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias remata coa lectura dos textos, o que permite a capacidade crítica da aula, sempre dun xeito construtivo. Esa ollada externa axuda a mellorar os escritos. Malia que o proceso sexa individual, contar co apoio da aula, sempre é un bo xeito de evitar bloqueos creativos e ter varias opcións que axuden a avanzar e facer o proxecto o máis interesante e próximo ao lector ou lectora.

O obradoiro impartirase en 4 sesións de 90 minutos cada unha para a rapazada de 1º a 4º da ESO. Cada persoa escribirá un relato, no que se mesturarán as temáticas do VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén, coas ferramentas máis básicas da creación narrativa e aquelas que lles permitan arriscar nas voces narradoras ou nos xiros das historias

  • 1º ESO: este curso, ao ser o primeiro ano que recibe o obradoiro, descubrirán os elementos básicos para a construción dun relato: que é narrador, as personaxes, o espazo, o tempo ea trama lineal, todo a través do xogo.
  • 2º ESO: tras descubrir o ano anterior as bases do relato, no presente obradoiro descubriremos novas ferramentas, centrándonos principalmente en como adaptar as ideas, puntos de partida, do concurso municipal ás nosas propias inquedanzas como escritoras e escritores.
  • 3º e 4º ESO: nestes cursos profundaremos en como podemos xogar coas estruturas (inversa e circular principalmente, aínda que tamén in media res) e variar principios e finais, para poder experimentar cos xiros e descubrir outras formas de contar.

E, por último, comentar que nos próximos días publicaremos a convocatoria do “VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" no que, como en anos anteriores, haberá 7 categorías para poder participar:

        • Categoría A: Persoas con diversidade funcional
        • Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
        • Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
        • Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
        • Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
        • Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
        • Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO

PRAZO DE PRESENTACIÓN dos traballos abrirase do 1 de outubro a o 15 de Novembro de 2024.

Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demais familiares do alumnado e dos usuarios da Asociación ASPAVI para que os estimulen a escribir e e a debuxar para participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 6º edición.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 20 de setembro de 2024

CONMEMORACIÓN DO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS CON "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" - UN ESPECTÁCULO DE FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"

Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" dirixidas para todos os públicos coa idea de tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A que presentamos a continuación terá lugar o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas e vai a ser un espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"un contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárce publicado pola Editorial Galaxia.

Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidade lingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

luns, 9 de setembro de 2024

"HABELAS HAINAS" un espectáculo de maxia e animación para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN

Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" presentamos diversas actividades para este mes de setembro para tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A próxima actividade terá lugar o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello; e consiste nun espectáculo de artes escénicas con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".


Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como en anteriores ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 7 de setembro de 2024

AVANCE DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO DE 2024

Dirixímonos a todos os veciños e veciñas en xeral, e a todas as seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" para contarvos un avance das novidades que temos para este mes de setembro.

Despois de gozar do verán e das vacacións volvemos coas enerxías bastante renovadas para ofrecervos varios eventos dirixidos a todo o público en xeral e aos colectivos de persoas en risco de exclusión social e con diversidade funcional para continuar coa consecución dos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura, e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

Para elo presentamos para as vindeiras semanas varias actividades incluídas no programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

A primeira delas será o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e nesta ocasión teremos un espectáculo con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".

Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como noutras ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Continuaremos o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas co espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista Fran Campos "BANDULLO AZUL". Trátase dun contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel publicado pola Editorial Galaxia.
Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.
Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidad elingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

PRÓXIMAMENTE seguiremos informando sobre novas actividades que estamos organizando do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello e que conta co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Entre estas últimas actividades están pendentes varios OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA e a convocatoria do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 15 de xuño de 2024

"UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS" de FERNANDO SALDAÑA, para rematar as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN e a participación do Concello na XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA"

E rematamos as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN e a chegada das vacacións escolares con outra actividade incluída na programación da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que desde Salamanca (Castela-León) tráenos FERNANDO SALDAÑA baixo o título de “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”. Terá lugar o Xoves 20 de Xuño, a partir das 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello.



FERNANDO SALDAÑA é, ante todo, e sobre todo, contacontos. Tamén é mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico. Ten traballado na radio e en televisións locais, foi deseñador gráfico, locutor, profesor de circo e de programas informáticos... Pero o que máis lle gusta é contar historias. A todos. Para todas as idades: desde os bebés ata os que hai tempo que chegaron aos cen. Nos seus cofres, baúis e maletas ten contos gardados para todos e cada un. Saldaña asenta a narración nos obxectos cotiáns, nos xogos de maxia, e n bonecos e monicreques, no seu corpo e na súa voz, para que o espectador viva cada unha das súas palabras, como el as goza cando sobe a un escenario ou se coloca diante do seu público nunha escola, biblioteca, xardín ou praza.

No espectáculo “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS” o conto e a maxia danse a man para conseguir unha atmosfera de misterio e emoción que narra a historia dun mariñeiro que pesca un peixe diminuto, apenas un bebé, polo que decide devolvelo ao mar. Ante a súa sorpresa, o peixe fala e infórmalle de que lle concederá un desexo. A partir de aquí, a avaricia da familia fai que queira máis e máis... Unha casa, un palacio, un castelo... Ata que o perden todo... e a esta seguirán outras historias.

Nesta actividade está prevista a asistencia do alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI. e convidamos tamén a asistir a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger