E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 31 de maio de 2024

Conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo "SON SAN" de RAQUEL QUEIZÁS

Conmemoraremos o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo SON SAN, un contacontos teatralizado de RAQUEL QUEIZÁS que terá lugar o próximo Mércores día 5 de Xuño a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.

Convidamos a asistir a este espectáculo ao alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos os veciños e veciñas que queiran participar neste evento e que se inscriban previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Neste contacontos o protagonista é un neno chamado Xan, (construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco).

A Xan cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis.

Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana, (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda. Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, ata cambiará de cor (o seu corpo tornarase de cor amarelo e laranxa).

Xuntos, Xan e Xana xogarán toda a tarde. Xan con moito apetito tornará contento a casa e, despois dun baño con moito ritmo e unha cea lixeira, na cama quedará durmido.

SON SAN é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais que en ocasións van acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.

A través do percorrido de Xan as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable.

Tamén reforzarán os seus coñecementos das partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene.

Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.

Eu estou san, SON SAN e tí?

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger