E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 19 de decembro de 2011

Feliz Nadal

A todos os nosos amigos, colegas, usuari@s, veciñ@s..., o personal da Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena de Pazos de Borbén, vos envía un afectuoso saúdo de nadal desexando que no ano novo Deus derrame sobre cada un de vos moita Paz, Amor e Felicidade.
 


 

 
Feliz Nadal e Próspero 2012






sábado, 7 de maio de 2011

Actividades Mayo 2011

Estimados amig@s,

Durante o mes de maio temos prevista a realización de diversas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas.

Os días 12, 18 19 e 20 terán lugar as mesmas nas instalacións da Biblioteca e podedes obter máis información sobre elas pinchando no cartel adxunto.

Contamos coa colaboración do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos sen a que sería moi dificil levar a cabo estas actividades.

Pasaremos uns ratos moi agradables

¡Participa! Son de balde.

luns, 4 de abril de 2011

Estreamos o noso Blog

Hoxe temos boas novas.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello inaugura o seu blog a través do que compartiremos moitos momentos de lectura, aventuras, actividades, emocións, etc.

O persoal queremos darvos a benvida a todos e invitarvos a utilizar este novo recurso tecnolóxico, desexando que serva de canle de comunicación para estar máis preto día a día e poder prestar un servizo máis eficaz.

Se aínda non eres usuario da biblioteca invitámoste a participar deste blog e a inscribirte como socio. Temos moitas cousas para tí.

É gratuíto. ¡Anímate!

¡Visítanos! Estamos no edificio antigo do concello.
 
Contamos coa vosa participación.

Saúdos.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger