E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 10 de decembro de 2016

A AVOA ADORMECIDA


A AVOA ADORMECIDA
Autor: Roberto Parmeggiani
Ilustracións: João Vaz de Carvalho    
Kalandraka Editora, 2015
Colección: MareMar
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +4 anos

"A AVOA ADORMECIDA" presenta con sensibilidade, tenrura e cercanía, a estreita relación entre un neno e a súa avoa, que cae enferma. O ton poético do texto complétase cunhas sinxelas ilustracións de cores suaves feitas con lapis, acuarela e pastel. 

Destaca a sutileza coa que Roberto Parmeggiani -evocando a súa propia memoria sentimental- narra o proceso de doenza: dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a afección aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas e o letargo de sono irreversible que o neto compensa a base de compañía; ata un desenlace con forma de conto.

João Vaz de Carvalho recorre as fermosas metáforas visuais para representar o tránsito do tempo, a perda, a ausencia e o recordo.

Este relato atemporal transcorre nun espazo familiar, lonxe do ambiente frío e impersoal de hospitais e residencias. Transmite emoción, serenidade e amor. É unha sincera homenaxe a unha figura fundamental na infancia de todo ser humano: AS AVOAS E OS AVÓS.

ISBN: 978-84-8464-914-4
Nº de páxinas: 34
Encuadernación: Tapa dura           


VOANDO SÓ


VOANDO SÓ
Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake
Traducción: Xosé A. Palacio
Sushi Books, 2015        

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Voando só é un relato fascinante que retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de Infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell, e continúa co tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial.

ISBN: 978-84-15920-54-0
Nº de páxinas: 208
Encuadernación: Tapa blanda

venres, 9 de decembro de 2016

HISTORIA DO NOBRE PONTO, QUE FOI REI DE GALIZA E DE BRETAÑA


HISTORIA DO NOBRE PONTO, QUE FOI 
REI DE GALICIA E DE BRETAÑA
Tradución: Henrique Harguindey          

Rinoceronte Editora.,2016
Colección: Vétera

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña conta a historia de Ponto, fillo do rei de Galiza, tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do rei Tiber. Un grupo de rapaces galegos son salvados e embarcados nun navío que naufraga nas costas de Bretaña; alá son acollidos polo rei e criados por nobres bretóns. Sidonia, a filla do rei, e Ponto namóranse, mais diversas desventuras poñen en perigo a súa felicidade. Finalmente, Ponto reconquistará o seu país e casará con Sidonia, sendo rei de Bretaña e de Galiza, ao tempo que o seu curmán Polido se ha converter en rei de Inglaterra.

Trátase dun relato en prosa que bebe na literatura cabaleiresca e na materia de Bretaña. A obra sitúa ao lector nunha Galiza coñecida na Europa medieval, por mor dos intercambios comerciais coa Bretaña e da peregrinaxe a Compostela. Aínda que a finais do século XIV Galiza xa non era un país independente, o autor escolle como protagonista ao fillo do rei de Galiza porque na derradeira metade do século XIV o país estaba no primeiro plano de actualidade europea e tiñan lugar negociacións a alto nivel sobre o título de rei de Galiza.

ISBN: 978-84-92866-73-1
Nº de páxinas: 189
Encadernación: Tapa blanda



OLA ADEUS


OLA ADEUS
Os contrarios nun álbum máxico
Autor: Delphine Chedru
Traducción: Xosé Ballesteros       
Kalandraka Editora, 2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego

Idade recomendada: +3 anos

OLA ADEUS é un libro interactivo que invita a xogar cunha vintena de palabras e cos seus antónimos.

Está recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos que, coa axuda dun marco bicolor que contén un filtro óptico azul e outro vermello, permite descubrir a imaxe que lle corresponde á definición que figura na páxina contigua.

O máxico e sorprendente desta obra é que en cada ilustración atópanse unidas e fundidas, aínda que diferenciadas pola forma e pola cor, un concepto e o seu contrario.

Para ver aparecer a noite e despois o día, ou a cidade primeiro e logo o campo, ou nocións como cerca e lonxe, abonda con mirar a mesma imaxe: unha vez a través do filtro azul e outra a través do filtro vermello.

Un libro interactivo e sorprendente para xogar coas palabras e cos seus antónimos. Como por arte de maxia, os filtros ópticos descúbrenos escenas, nocións e conceptos antagónicos... sen saír da mesma páxina!

ISBN: 978-84-8464-937-3
Nº de páxinas: 42
Encuadernación: Tapa dura

xoves, 8 de decembro de 2016

A MÚSICA DAS ÁRBORES


A MÚSICA DAS ÁRBORES
Autor: Anxo Moure e Servando Barreiro
Ilustracións: Chus Láuzara
Editorial Xerais de Galicia, S.A; 2015

Xénero: Música - Libro-disco

Idade recomendada: +4 anos 

Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona. Cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet...


A MÚSICA DAS ÁRBORES é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns. 

ISBN: 978-84-9914-917-2
Nº de páginas: 56
Encuadernación: Tapa dura +CD

A MIÑA FAMILIA E OUTROS ANIMAIS


A MIÑA FAMILIA E OUTROS ANIMAIS
Autor: Gerald Durrell
Traducción: Susana Collazo
Sushi Books, 2016        

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

"Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba previsto que fose unha descrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, pero cometín o grave erro de presentar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, porocederon a poñerse cómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos. Con enorme dificultade e amosando unha astucia considerable, apañeime para reservar aquí e alí algunha páxina que poder dedicarlles exclusivamente ós animais. Todas as anécdotas sobre a illa e os seus habitantes son absolutamente verídicas. Vivir en Corfú era coma vivir nunha das óperas cómicas máis extravagantes e disparatadas."

Así presenta Gerald Durrell o seu libro máis coñecido, no que o lector atopará un rapaz ávido por descubrir a vida, que lle contaxiará o seu entusiasmo.

As aventuras da familia Durrell, descritas cun gran sentido do humor na denominada Triloxía de Corfú, continúan en Bechos e demais parentes e O xardín dos deuses.

ISBN: 978-84-15920-91-5
Nº de páxinas: 330
Encuadernación: Tapa blanda

mércores, 7 de decembro de 2016

COLLER AS RENDAS


COLLER AS RENDAS
Autor: Yolanda Castaño
Ilustracións: Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2015
Colección: Merliño
 
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +5 anos

O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha... todos estes animalillos, cada un deles, teñen un camiño por trazar. Cal será?

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 978-84-9914-806-9
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura


GALICIA ENCANTADA


GALICIA ENCANTADA
O país das mil e unha fantasías
Autores: Antonio Reigosa
Ilustracións: Noemí López                     
Edicións Xerais de Galia, S.A; 2014
Colección: Libro X

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

O proxecto Galicia Encantada naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes.

Un cento de historias que percorren este País das mil e unha fantasías de norte a sur, de leste a oeste, do mar á montaña, da terra ao aire, da auga ao lume. Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa, guiados polo saber de máis de medio cento de coautores que exercen de cronistas da memoria dunha Galicia sabia e auténtica, irremediablemente encantada.

ISBN: 978-84-9914-780-2
Nº de páxinas: 240
Encuadernación: Tapa blanda

martes, 6 de decembro de 2016

UNHA VIAXE INESPERADA


UNHA VIAXE INESPERADA
Autores: Llort & Macip
Ilustracións: Sergi Càmara                        
Edicións Xerais de Galia, S.A; 2015
Colección: Son un animal

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Arman é un rapaz como calquera outro. Ten uns pais que o queren, un grupo de amigos, unha mascota que se chama Tim é un lémure... Pero de súpeto todo vai a cambiar. Logo dun accidente, ARMAN ADQUIRIRÁ UN SUPERPODER MOI ESPECIAL... e acabará na outra punta do planeta! Como fará para evitar todos os perigos que o axexan e volver á casa san e salvo?

ISBN 978-84-9914-938-7
Nº de páxinas: 182
Encuadernación: Tapa dura

CABALOS E LOBOS


CABALOS E LOBOS
Autor: Fran P. Lorenzo
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2015                       
Colección: Narrativa
 
Xénero: Novela de intriga e misterio

Premio Blanco Amor de Novela Longa 2014
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha inlfuente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un coldar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo,  o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno.

Cabalos e Lobos, a primeira magnifica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

ISBN: 978-84-9914-836-6
Nº de páxinas: 190
Encadernación: Rústica

luns, 5 de decembro de 2016

CONTOS NAS ORELLAS


Seguimos coa programación de Animación á Lectura e presentamos para o 

Martes, 13 de decembro
ás 11:00 horas
á compañía teatral

co espectáculo de contos con música

que nos ofrecerán

BEA CAMPOS
e
DAVIDE GONZÁLEZ

¿Como te chamas?
Comecastañas.
“ Eu as como
e ti as apañas”

unha sesión de contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entreremos no mundo da fantasía e da imaxinación… 

“Contos nas orellas” é unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.

Nesta actividade está prevista a participación de tódolos rapaces e rapazas de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e dos da EEI “A Galeriña” de Outeiro-Nespereira, un total aproximado de 60 nenos e nenas gozando con “Contos nas orellas”. 

Patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL 2016




¿SOMOS AMIGOS?


¿SOMOS AMIGOS?
Autor: Anabel Fernández Rey
Traducción: Manuela Rodríguez
Kalandraka Editora, 2016
 
 Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

 Idade recomendada: +3 anos

SOMOS AMIGOS? é un álbum ilustrado dirixido a pre-lectores e a primeiros lectores sobre a construción da amizade entre un neno e un oso: a priori, dous personaxes moi diferentes, pero que poden ser complementarios se se axudan mutuamente.

Anabel Fernández Rey estrutura a obra en dúas partes, amosando os puntos de vista, os desexos e as necesidades dos protagonistas ante situacións cotiás. Porque aínda que ás veces temos que facer cousas polos demais que non nos gustan ou nos custan certo esforzo, é entón cando se demostra a verdadeira amizade: como a entrega, dende a cooperación, a xenerosidade sen egoísmo. Porque apoiándonos nas dificultades fortalécense os lazos afectivos. Porque non importa o distintos que sexamos fisicamente ou as capacidades diferentes que teñamos.

ISBN: 978-84-8464-998-4
Nº de páxinas:40
Encuadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger