E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 13 de xuño de 2023

“CONTOS ARREDOR DO LUME” unha selección de contos tradicionais para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares.


Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares, teremos con nós á contadora ALBA DE VALES, quen nos traerá o seu espectáculo de narración oral "CONTOS ARREDOR DO LUME”.

Esta actividade terá lugar o Mércores día 21 de Xuño a partir das 11:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidados para asistir a este evento todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e o alumnado de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273, ata completar o aforo.

Contos arredor do lume é unha selección de contos de tradicións populares. Achégannos ao lume de fóra e de dentro, para falarnos de igualdade, solidariedade, coraxe e intuición propia, que como unha luz guía, precisamos para andar o noso camiño. A expresión oral, o xesto e un pandeiro redondo tradicional acompañan a velada, traendo unha pouca luz que se cadra esperte aos lumes dormentes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger