sábado, 26 de setembro de 2020

BIBLIOPAZOS presenta "NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE" con Sabela Gago de Sarabela Teatro - Programa LER CONTA MOITO 2020


E damos por finalizadas as actividades do programa LER CONTA MOITO 2020 o Venres 2 de outubro ás 10:30 horas coa actividade de narración oral “NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE” que nos traerá a mestra, pedagoga e actríz de Sarabela teatro Sabela Gago, que con esta actividade pretende -entre outras cousas- fomentar entre os escolares o amor pola natureza e polos animas, así como o coidado do medio ambiente.

“Os animais do bosque buscan a Naturizo e convidarán aos rapaces a axudarlles, pero como está hibernando, o público terá que reconstruír a primavera para espertalo e que salve a súa amiga Amelia, atragantada cun tapón que confundiu con comida.

 

Naturizo nomeará aos rapaces e rapazas “Naturvixiantes” tras pasarlles unhas probas e comprobar a súa destreza na reciclaxe e coidado do medio ambiente.”

Todos os asistentes serán agasallados cunha chapa e un carné de “Naturvixiante”.

Prevese a asistencia dos alumnos de 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

NON VOS ESQUEZADES!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

OS BOLECHAS as miñas primeiras Letras Galegas: LOIS PEREIRO

OS BOLECHAS: LOIS PEREIRO
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro

Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O escritor e poeta monfortino LOIS PEREIRO foi o homenaxeado co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 2011.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a este escritor e poeta fundamental nas nosas letras.

ISBN: 978-84-18176-02-9
Nº de páxinas: 20
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

venres, 25 de setembro de 2020

EL BOSQUE DE LOS CUATRO VIENTOS

EL BOSQUE DE LOS CUATRO VIENTOS
Autora: María Oruña
Ediciones Destino
Colección: Áncora & Delfin

Género: Literatura en castellano - Narrativa

En la Galicia de 1830, una mujer se enfrenta a las convenciones de su tiempo.

La novela más ambiciosa de María Oruña, una autora totalmente consolidada.

A comienzos del siglo xix, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a Galicia junto con su hija Marina para servir como médico en un poderoso monasterio de Ourense. Allí descubrirán unas costumbres muy particulares y vivirán la caída de la Iglesia. 

Marina, interesada en la medicina y la botánica pero sin permiso para estudiar, luchará contra las convenciones que su época le impone sobre el saber y el amor y se verá inmersa en una aventura que guardará un secreto de más de mil años.

En nuestros días, Jon Bécquer, un inusual antropólogo que trabaja localizando piezas históricas perdidas, investiga una leyenda. Nada más comenzar sus indagaciones, en la huerta del antiguo monasterio aparece el cadáver de un hombre vestido con un hábito benedictino propio del XIX. Este hecho hará que Bécquer se interne en los bosques de Galicia buscando respuestas y descendiendo por los sorprendentes escalones del tiempo.

ISBN: 978-84-233-5754-3
Nº de páginas: 416
Formato: 13,3 x 23 cm.
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta

AMAR UNHA SEREA


AMAR UNHA SEREA
Autor: Xosé Henrique Rivadulla Corcón
Ilustrador: Antonio Seijas
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

"Sabedes o que é o amor? Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentir séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo.

Chámome Barucho, Álvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito anos e o primeiro día de escola, cando empezaba terceiro curso de primaria, foi máxico".

Así comeza esta nova historia nacida na fecunda imaxinación de X. H. Rivadulla Corcón.

Un libro cheo de personaxes máxicos que van engaiolarte dende a primeira palabra ata a derradeira.

ISBN: 978-84-9865-294-9
Nº de páxinas: 132
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

xoves, 24 de setembro de 2020

OS BOLECHAS. As miñas primeiras Letras Galegas: FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS


OS BOLECHAS: FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: As miñas primeiras Letras Galegas

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos
Idade recomendada: +5 anos

O escritor ourensán FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS foi o homenaxeado co DÍA DAS LETRAS GALEGAS no ano 1.968. Foi antropólogo e historiador -considerado o primeiro sistematizador da prehistoria galega- e achegouse ademais ao ensaio e á narración literaria.

Neste libro, Os Bolechas fálannos da súa vida e obra para que os mais pequenos coñezan mais polo a este escritor fundamental nas nosas letras e membro da xeración Nós.

ISBN: 978-84-18176-00-5
Nº de páxinas: 20
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

mércores, 23 de setembro de 2020

AS OUTRAS HISTORIAS


AS OUTRAS HISTORIAS
Autor: Paula Carballeira
Ilustrador: Xosé Cobas
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +8 anos

As outras historias, de Paula Carballeira, é un libro que fala desas historias que non se ven, das que están agochadas e nin sequera se sabe que existen.

Historias de había unha vez e de princesas e de pantasmas e de... 

Parecen as de sempre. Pero non. Xa verás como non.

ISBN: 978-84-9865-331-1
Nº de páxinas: 80
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 22 de setembro de 2020

OS BOLECHAS. Vinte anos. Volume 4


OS BOLECHAS. Vinte anos. Volume 4
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos
Idade recomendada: + 5 anos

Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico.

  • Os Bolechas van á aldea.
  • Os Bolechas cortan o pelo.
  • Os Bolechas van ao médico.
  • Os Bolechas van aoa cine.

Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.

Catro contos coidadosamente seleccionados para que toda a familia poida gozar desta serie literaria que forma parte xa do noso acervo cultural e da memoria persoal de milleiros de lectoras e lectores galegos.

Ademais agora ofrécense en formato audiolibro.

ISBN: 978-84-18176-20-3
Nº de páxinas: 84
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

luns, 21 de setembro de 2020

NOUTRA DIMENSIÓN


NOUTRA DIMENSIÓN
Autor: Marica Campo
Ilustradora: Noemí López
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

"Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non eu chamábame eu". 

Desta maneira misteriosa comeza esta nova obra de Marica Campo, unha autora que, dende hai ben tempo, goza dos favores dos que saben apreciar a boa literatura.

Aquí atoparás unha historia chea de maxia, misterio e, sobre todo, de moitas aventuras fantásticas, tanto, que non as podes nin imaxinar. 

Terás que ler o libro se queres saber todo o que agocha dentro.

ISBN: 978-84-0865-351-9
Nº de páxinas: 213
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

domingo, 20 de setembro de 2020

"DETECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO..." con Genma Pardo "GEMOLA" en BIBLIOPAZOS - Programa LER CONTA MOITO 2020


Continuamos a programación de LER CONTA MOITO 2020 o Xoves día 24 de setembro ás 13:00 horas no que a actriz e presentadora Genma Pardo “GEMOLA” traerános unha actividade de dinamización denominada “DECTECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO...” no que durante os 60 minutos de duración intentaremos que os asistentes resolvan este caso sen nome.

"Se soñas con ser un auténtico detective e resolver misterios inexplicables; Se chaman a túa atención as series de investigación; pois esta é a túa oportunidade..."

Asistirán os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, e xa os manteremos informados sobre a resolución deste caso coa axuda da Detective Gemola.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

NON VOS ESQUEZADES!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

OS BOLECHAS. Vinte anos. Volume 3


OS BOLECHAS. Vinte anos. Volume 3
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos
Idade recomendada: + 5 anos

Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico.

  • Os Bolechas fan pis.
  • Os Bolechas teñen medo.
  • Os Bolechas fan maxia.
  • Os Bolechas están namorados.

Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.

Catro contos coidadosamente seleccionados para que toda a familia poida gozar desta serie literaria que forma parte xa do noso acervo cultural e da memoria persoal de milleiros de lectoras e lectores galegos.

Ademais agora ofrécense en formato audiolibro.

ISBN: 978-84-18176-19-7
Nº de páxinas: 84
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger