NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Infantil en Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Infantil en Galego. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de febreiro de 2022

H2... Oh!!! Pingas científicas

H2… Oh!!! Pingas científicas
Autora: María Canosa Blanco
Ilustracións: Luz Beloso
Editorial Galaxia S.A.

Xénero: Literatura Infantil Galega - Ciencia

Idade recomendada: +12 anos

Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos?

A que non te decataras que hai animais que nunca beben auga?, ou por que o número pi é infinito e non remata nunca?

Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día. Cousas simples que temos ao noso carón, pero que teñen un funcionamento moi complexo. Todo contado dun xeito moi sinxelo por María Canosa e as fermosas ilustracións de Luz Beloso.

  • ISBN : 978-84-9151-628-8
  • Nº de páxinas : 88
  • Encadernación : Rústica
  • Formato : 17 x 24 cm

venres, 14 de xaneiro de 2022

CINCENTA

CINCENTA
Autor: Charles Perrault
Ilustracións: Carlos Busquets
Susaeta Ediciones
Colección: Superclásicos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +5 anos

Un conto clásico que continúa a marabillar aos pequenos da casa.

O conto de Perrault vérquese ao galego para fomentar a imaxinación dos máis cativos. Cincenta, a fada madriña, o principe encantador, o reloxo que marca a media noite… todos os ingredientes deste clásico universal da literatura infantil.

Unha historia triste dunha moza orfa que terá que enfrontarse coa mezquindad, ao egoísmo, a envexa e a crueldade da madrastra e as súas fillas.

Un conto que trata e fala de valores tan importantes como a humildade, a bondade e a xenerosidade aos nenos.

ISBN: 84-305-7767-X
Nº de páxinas: 20
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 31 cm

martes, 27 de xullo de 2021

A MALVADA Mª XOSÉ

A MALVADA Mª XOSÉ
Autor: Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: Xosé M Collazo
Edicions Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.

Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.

A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla.

Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.

ISBN: 84-4978-2498-9
Nº de páxinas: 207
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19 cm

venres, 23 de xullo de 2021

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL
Autor e ilustrador: Fonso Barreiro (Fon)
Retranca Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +11 anos

Premio fin de curso 2015 da Escola Profesional de Historieta e Ilustración "O garaxe hermético".

Conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudándonos uns a outros conseguimos vencer as dificultades. Conta a lenda que canto máis fermosa é unha voz, mellores son os feitizos das bruxas. Existe unha voz máxica coa que calquera conxuro é posible, “a voz de Azazel”.

Na procura desa voz, Morcia, unha bruxa noxenta, roubará as voces de todos os nenos. E tamén a de Curuxa, unha aprendiz de meiga, que privada da súa voz e polo tanto da súa maxia, terá unha difícil misión, recuperar todas as voces.

O cómic está cheo de cores, espíritos, animais, maxia, amizade e referencias á Galiza, aos seus contornos e tradicións.

ISBN: 978-84-941632-3-4
Nº de páxinas: 90
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 27 cm

mércores, 21 de xullo de 2021

NANA PARA UN SOLDADO

NANA PARA UN SOLDADO
Autor: Pepablo Patinho Penya
Ilustracións: Nuria Díaz
Edicións Embora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade Recomendada: +12 anos

Dous soldados inimigos coinciden na fronte. A pesar das súas diferenzas terán que poñerse de acordo ante un feito absolutamente imprevisto: o nacemento dun neno.

Con grandes doses de humor, Pepablo Patinho propón aos lectores máis novos dúas visións que se contrapoñen: por un lado, a guerra e a morte; por outro, o nacemento e a vida. Unha reflexión que transmite ao nenos o absurdo das guerras e o necesario que é escoitarse, entenderse, respectarse.

ISBN: 978-84-17824-19-8
Nº de páxinas: 71
Formato: 16 x 24 cm
Encuadernación: Tapa dura

martes, 20 de xullo de 2021

SETE CHAVES PARA ABRIR OS SOÑOS

SETE CHAVES PARA ABRIR OS SOÑOS
Autor: Alfredo Gómez Cerdá
Ilustracións: David Pintor
Tradución: Isabel Soto
Kalandraka Editora
Colección: Seteleguas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Hai autoras e autores que, ademais de escribir libros, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores e a se converter en mitos. Son persoas que teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos.

Alfredo Gómez Cerdá reuiniu sete delas neste libro e amósanos que tamén el ten unha chave mestra para facernos soñar.

ISBN: 978-84-1343-024-9
Nº de páxinas: 112
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23 cm

luns, 19 de xullo de 2021

MATILDE E O COMISARIO. O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFIA

MATILDE E O COMISARIO
O asasinato da profesora de xeografía
Autor: Pere Tobaruela
Ilustracións: Dani Padrón
Edicións Embora
Colección: O Globo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Un misterioso asasinato, o preludio dunha investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a un estraño caso no que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ninguén é o que parece.

ISBN: 978-84-17824-14-3
Nº de páxinas: 174
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

sábado, 22 de maio de 2021

DARÍO A DIARIO

DARÍO A DIARIO
Autora: Xela Arias
Ilustracións: Iván R.
Edicións Xerais de Galicia
Colección Camaleón

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +10 anos

En 1996 Xela Arias publica Darío a diario, un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade.

En palabras da propia poeta: Darío a diario non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.

Nesta nova edición os poemas veñen acompañados por ilustracións do artista Iván R.

ISBN: 978-84-9121-862-3
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm

sábado, 15 de maio de 2021

XELA QUIXO SER ELA

XELA QUIXO SER ELA
Biografía de Xela Arias
Autora: Yolanda Castaño
Ilustracións da cuberta: Lidia Cao
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galega - Biografías

Idade recomendada: +11 anos

A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man.

A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.Xela Arias foi precursora e un auténtico referente para xeracións de autoras galegas. Unha muller que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: a poesía, a tradución e a edición de libros na nosa lingua; dende a independencia, a sensibilidade e a perspectiva de xénero.



ISBN: 978-84-9121-902-6
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19

mércores, 5 de maio de 2021

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON
Autor: Concha Blanco
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: Fardel dos Soños

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Canteiros, oleiros, afiadores, menciñeiros,... enchen as páxinas deste libro co que Concha Blanco trata de achegar aos lectores máis pequenos o mundo dos oficios a través da poesía.

ISBN: 978-84-17824-21-1
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm

martes, 20 de abril de 2021

UNHA MESTRA EN APUROS 2. ISTO É OUTRO MUNDO

UNHA MESTRA EN APUROS 2. Isto é outro mundo
Autor: Pilar Serrano
Ilustracións: Jorge Campos
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: + 9 anos

A nosa mestra de infantil é nova pero sobradamente preparada e con moita experiencia en lidar coas trasnadas, as inquietudes e a persoal visión do mundo dos seus alumnos. Surrealismo por milleiros e diversión ao máximo, a creatividade dos nosos peques para crear situacións imposibles permítenos presentar o segundo número desta que, estamos seguros, será unha longa saga de cómics.

…e lembrade, baseado en feitos reais, a realidade sempre supera á ficción.

Un cómic que fará as delicias de nenos e adultos; os primeiros veranse reflectidos no seu día a día e os segundos valorarán e, seguro, gozarán coñecendo o traballo dos profes dos seus fillos.

ISBN: 978-84-121848-3-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm

mércores, 14 de abril de 2021

CARRIANDOLA. AS ABRAIANTES AVENTURAS DE MARIÑA

CARRIANDOLA
As abraiantes aventuras de Mariña
Guión: Aloysius (Luis Carreira Varela)
Ilustracións: Simón Blanco
Cor: Ignacio Hernández e Miguel Robledo
Aira Editorial

Xénero: Literatura Infantil Galega - Banda deseñada

Idade recomendada: +11 anos

Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre.

Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz. Acompáñanos nesta alucinante viaxe.

Video de presentación


ISBN: 978-84-121324-1-0
Nº de páxinas: 96
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm

martes, 6 de abril de 2021

MORTIÑA. UN CURMÁN REPUGNANTE

MORTIÑA. UN CURMÁN REPUGNANTE
Autora: Bárbara Cantini
Tradución: Rosa Marta González Pato e Manuel González González
Hércules de Ediciones
Coleción: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Mortiña e o seu mellor amigo, un galgo albino chamado Tristeiro, viven coa tía Defuntiña e se pasan os días xogando cos pantasmas de Vila Decadente.

Pero un día ocorre algo inesperado: algúns nenos do lugar, amigos de Mortiña, chegan a Vila Decadente despois de recibir unha misteriosa invitación, namentres tía Defuntiña desaparece.

Tramaría algo o repugnante curmán Dilbert que acaba de facerlle unha visita?

Despois de Mortiña, un éxito internacional traducido xa en trece linguas, chega esta nova aventura da nena zombi coa que has escachar de risa.

ISBN: 978-84-120336-7-0
Nº de páxinas: 56
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

luns, 5 de abril de 2021

MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA

MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA
Autor: Bárbara Cantini
Tradución: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González
Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Quén é o misterioso neno pantasma que dende hai días intenta entrar en Villa Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada… ¡nin tan sequera o seu nombe! Ademáis, vai esvaecendo e, se continúa así, rematará por desaparecer completamente. E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Ainovo Defuntiño. Xunto a Tristeiro, o seu inseparable can, Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde vén o novo e pálido amigo: unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.

O regreso da nena zombi máis divertida do mundo, cunha sorpresa: a portada ilumínase na escuridade.

ISBN: 978-84-122537-0-2
Nº de páxinas: 56
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

domingo, 4 de abril de 2021

AS ALOUCADAS HISTORIAS DOS MONKI

AS ALOUCADAS HISTORIAS DOS MONKI
Autora: Paula Merlán
Ilustracións: Blanca Millán
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

Un libro dirixido a Primeiros Lectores para favorecer o desenvolvemento do pensamento.

Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki. As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender a pensar e a resolver os seus propios problemas.

Advertencia! Este libro pode producir efectos secundarios: formigos emocionantes, sorrisos a moreas e fortes ataques de diversión.

As aloucadas historias dos Monki é unha adaptación, para primeiros lectores do libro The Peterkin Papers, escrito pola xornalista americana Lucretia Peabody Hale, publicado por primeira vez en 1867 e reeditado en 1960 nos EUA.


ISBN: 978-84-121186-2-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

xoves, 18 de marzo de 2021

O MENHIR DE OURO

O MENHIR DE OURO
Autor: René Goscinny
Ilustración: Albert Uderzo
Tradución: Xavier Senín, Alejandro Tobar e Isabel Soto
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil Galego - Cómic 

Idade recomendada: +9 anos

Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!».

Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro!

Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa...

Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará!

Prolongade a experiencia do Menhir de Ouro coa súa versión sonora! Voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida para completar as asombrosas aventuras de Astérix e Obélix e descubrir por fin os terribles rechouchíos do bardo Asegurancetúrix.

ISBN: 978-84-8121-777-0
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 28,80 x 22 cm

luns, 8 de marzo de 2021

A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN

A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN
Autora: Eva Mejuto
Ilustración: Bea Gregores
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Historia

Idade recomendada: +6 anos

«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...»

A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa.

Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.

ISBN: 978-84-9121-762-6
Nº de páxinas: 40
Formato: 19 cm x 26,60 cm
Encuadernaci
ón: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger