sábado, 4 de marzo de 2017

NOGARD


NOGARD
Autor: Marilar Aleixandre
Ilustracións: Alfredo López

Alfaguara, 1994
Colección: Alfaguara Obradoiro Infantil

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos 

Celia é unha rapaza nova que fai de canguro de dous nenos.

Unha noite empeza a contárlle-lo primeiro capítulo dun conto inventado por ela mesma. É tarde, o seguinte capítulo queda aprazado para o día seguinte e todos se van deitar.

Pero esa noite será para Celia o comezo dunha fantástica e marabillosa aventura que poñerá a proba a súa imaxinación e a súa valentía.

ISBN: 84-87937-92-6
Nº de páxinas: 102
Encadernación: Tapa blanda

venres, 3 de marzo de 2017

OBRADOIRO "CÓMO UTILIZAR OS NOVOS TELÉFONOS MÓBILES"

O pasado día 23 de decembro publicábamos no Blog e nas Redes Sociais de BiblioPazos (Facebook e Twitter) información sobre o OBRADOIRO "CÓMO UTILIZAR OS NOVOS TELÉFONOS MÓBILES" organizado pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local xunto coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos, en colaboración coa Coordinadora do Porto de Vigo-OEPV, e baixo o patrocinio da Fundación Vodafone España e da Fundación Belén María dirixido ás persoas maiores de 45 anos.


https://www.dropbox.com/s/d8gj0mmnc803rwr/2016-12-22%20CARTEL%20CURSO%20SMARTPHONES%20fondo%20blanco.jpg?dl=0

Este primeiro obradoiro de 6 horas de duración contou co apoio de 27 veciños e veciñas que acudiron ao mesmo os días 22 e 23 de Febreiro pasado, distribuidos en dúas sesións de 3 horas co obxetivo de axudalos a sacar o máximo partido ao seu smartphone.

Debido ao número de inscritos houbo diversos erros na organización e impartición do mesmo que prometemos mellorar para as próximas edicións.

E tamén queremos dar a grazas a todos os asistentes polo seu apoio e paciencia para poder levar a cabo esta actividade, e á profesora Carmen Fernández pola súa disponibilidade total para favorecer a súa realización.

Deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica da última sesión e da entrega de certificados de asistencia ao obradoiro por parte da Concelleira de Xuventude e Asuntos Sociais Lorena Domínguez Miguez.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ENTROIDO EN BIBLIOPAZOS

A pasada semana celebramos o entroido en Bibliopazos cos alumnos da Asociación de Pais de persons con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI), nas nosas clases habituais de informática dos martes e venres.

Están facendo un gran traballo baseado no libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" da autora Ledicia Costas e do ilustrador Víctor Rivas

Despois de lerlles o libro en voz alta, os alumnos traballan en varios campos para recopilación de datos do mesmo:

  • Busca na internet dos nomes das personaxes do libro.
  • Busca de porqué lles chaman Escarlatina, Nicotina...
  • Busca dos datos da autora.
  • Busca dos datos do ilustrador.
  • Busca e descarga de imaxes do libro.

Unha vez recopilados os datos os terán que pasar a un arquivo a través do programa de tratamentos de textos Writer e, posteriormente, realizarán co programa Impress unha presentación con diapositivas do seu traballo sobre libro.

Desta forma preténdese que aprendan a utilizar as novas teconoloxías da información e da comunicación mediante a busca de información na web, a descarga de arquivos e imaxes, a inserción de imaxes nun documento, ademáis de repasar a mecanografía e o uso do teclado e do rato para familiarizarse co ordenador.

Pronto veremos o seu traballo finalizado neste blog.

Agora deixamosvos unha mostra dos seus disfraces, e mirade como traballan.

Boullosa, Eva e Tino
Mari Bego e Paulino

Rita e Bego
 
Dadiv, Curro e Adan "Piqué"
 
Bego, Rita, Curro, David, Adan, Eva, Tino, Paulino, Boullosa e Mª Bego
 Ata a próxima noticia



A VIAXE IMAXINARIA DE SOFONISBA ANGUISSOLA


A VIAXE IMAXINARIA DE SOFONISBA ANGUISSOLA
Exposición Instituto Cervantes de Milán
Editorial: Deputación de Pontevedra, 2016

Xénero: Belas Artes - Pintura

A viaxe imaxinaria de Sofonisba Anguissola é un breve catálogo que, a través dunha viaxe imaxinaria baseada nas obras de sete artistas españois de recoñecemento internacional, nos achega á artista italiana Sofonisba Anguissola, considerada a primeira muller pintora de éxito do Renacemento e unha das mellores de todos os tempos.

ISBN: 978-84-8457-452-1
 Nº de páxinas: 110          
Encadernación: Tapa blanda

xoves, 2 de marzo de 2017

AS CONTAS QUE NOS CONTAN


AS CONTAS QUE NOS CONTAN
As balanzas fiscais como ideoloxía recentralizadora
Autor: Xosé Díaz Díaz

Sermos Galiza S.A; 2016
 
Xénero: Ciencias Sociais - Economía

As balanzas fiscais son un instrumento utilizado para pór de manifesto os fluxos financeiros -de ingresos e de gastos- que se producen entre espazos económicos con diferentes niveis de goberno. De modo que, nos estados realmente  -politicamente- descentralizados, permiten visualizar dun xeito acaido como se exercen as soberanías fiscais respectivas, partilladas horizontalmente entre os diferentes niveis de goberno, como representación dunha unión xurídico-institucional feita en pé de igualdade entre as partes constitutivas orixinais, mentres que nos estados unitarios, limitadamente descentralizados desde unha perspectiva política, como acontece no caso do Estado español, representan estas relacións xerarquizadas verticalmente, poñendo de manifesto un nivel superior en termos de soberanía, dun goberno sobre os outros, suxeitos a unha relación real de dependencia política e aos que non se lles recoñece ningunha soberanía orixinal nin de facto nin de iure.

O libro As contas que nos contan, é un estudo do economista Xosé Díaz sobre as balanzas fiscais e o seu papel como ferramentas para xustificar un estado español recentralizado. 
 
ISBN: 978-84-617-6674-1
Nº de páxinas: 126
Encadernación: Tapa blanda




mércores, 1 de marzo de 2017

XLII EDICIÓN DOS PREMIOS LITERARIOS KUTXA CIUDAD DE IRUN

Convocada a XLII edición dos PREMIOS LITERARIOS KUTXA CIUDAD DE IRUN.

 

Ao obxecto de fomentar a creación e difusión literarias, Kutxa Fundazioa convoca os XLII Premios Literarios Kutxa Ciudad de Irun, correspondentes ao ano 2017. 

Kutxa Fundazioa fixo públicas as bases poas que se rexerán os Premios Literarios Kutxa Cidade de Irun que, na súa 42 edición, volven a convocarse nas modalidades de novela e poesía, tanto en euskera como en castelán. 

Os premios serán de 25.000 euros para os gañadores na modalidade de novela e de 15.000 para poesía.

O prazo de recepción de orixinais finaliza o próximo 30 de abril, mentras que a proclamación de gañadores farase o 23 de setembro de 2017.


MODALIDADES E PREMIOS

POESÍA EN EUSKERA
Para obras con libertade de rima, medida e temática e unha extensión mínima de 800 versos.
Premio: Trofeo e 15.000 euros.

NOVELA EN EUSKERA
A extensión mínima dos traballos será de 150 folios con temática e narración libres.
Premio: Trofeo e 25.000 euros.

POESÍA EN CASTELÁN
Para obras con libertade de rima, medida e temática e unha extensión mínima de 800 versos.
Premio: Trofeo e 15.000 euros.

NOVELA EN CASTELÁN
A extensión mínima dos traballos será de 150 folios con temática e narración libres.
Premio: Trofeo e 25.000 euros.

Para máis información consulta as bases en formato PDF facendo clic  AQUÍ.

UNA FORTUNA PELIGROSA


UNA FORTUNA PELIGROSA
Autor: Ken Follet
Editorial: Grijalbo, 1994 - 3ª edición

Género: Literatura en castellano - Narrativa

La riqueza de los Pilaster se basaba en el banco de la familia, una de las más sólidas y repetables instituciones financieras del Londres victoriano.

En torno al consejo de administración, que preside el anciano Seth Pilaster, giran las ambiciones de la familia, sobre todo las de Augusta, su maliciosa nuera, y las de Hugh, nieto de Seth.

Augusta, junto a su falta de escrúpulos, cuenta con la alianza de Miguel Miranda, vástago de una brutal familia de caciques sudamericanos que desea contar con el apoyo del banco para sus proyectos de dominio.

La lucha entre la perfidia de Augusta y la tradición de honrandez de Hugh marcará durante treinta años los destinos del banco. 

Con unos métodos que remiten de forma elegante a la gran novela decimonónica, Una fortuna peligrosa es una de las más insólitas novelas de Ken Follet: juego de pasiones encontradas llevado con brío y penetración, aguda recreación de los esplendores y miserias del proceder de las altas finanzas.

Una novela para sorprender a los admiradores del gran novelista... y prender a quienes aún no le han leído.

ISBN: 978-84-253-2564-1
Nº de páginas: 521
Encuadernación: Tapa dura con solapas


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger