Xénero: Literatura en Galego - Narrativa
As quince historias que compoñen Camiños na sombra son un atlas para percorrer as rutas da memoria, o amor e o pasar do tempo. Nestes relatos os temores e os tremores, os devezos e as paixóns amalgaman nunha aliaxe de melancóligo fulgor, que escintila en vibrantes imaxes arrincadas ás vetas do máis xenuíno sensorialismo.
Os lostregantes diálogos así como os elásticos e vívidos escenarios nos que as tramas laten axudan a edificar estruturas de sentido que funcionan como precisos mecanos onde cada elemento xoga o seu papel.
Camiños na sombra é o seu primeiro libro publicado do autor Xián Lois Alcayde, un conxunto de quince historias co que gañou o I Concurso Balbino de Relatos centrado no rural galego e foi merecedor do aplauso unánime do xurado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.