O ALIADO INESPERADO
Autor: Xavier López Rodríguez
Edita: Santillana Ediciones
Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa
Os principais protagonistas de O aliado inesperado son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. Na novela desenvólvese unha insólita alianza contra a soidade e o medo, nunha illada aldea da montaña.
A través dos recordos do home protagonista, que é o último habitante do seu pequeno mundo, Xavier López Rodríguez conta historias de tempos en que a loita contra os lobos se disfrazaba de necesidade para caer en ritos ateigados de crueldade, e outras máis actuais pero non menos inquietantes.
A novela invita a reflexionar sobre as razóns polas que moitas aldeas acaban desertas, só cheas de espazo e silencio, precisamente dous dos bens que máis botan en falta moitos residentes nas grandes cidades.
![](https://2.bp.blogspot.com/-DuZaPS-wrQs/Wzso0U7YZNI/AAAAAAAA1JI/YJaIB_6O2xMF70b6SyoYDgD_ixX9ZwIDwCPcBGAYYCw/s1600/Faite%2Bsocio.jpg)
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22,5 x 13,5 cm.