sábado, 18 de maio de 2013

De feira en feira (Feiras do Libro de Galicia 2013)


As Feiras do libro de Galicia comenzaron o pasado día 20 de abril en Ferrol, e ata o día 25 de agosto seguirán celebrándose por varias poboacións da xeografía galega.

Este ano hai varias novidades e, paralelamente ás actividades das casetas, as Feiras do Libro 2013 contarán cun completo programa de accións culturais e de animación de rúa, entre outras, para a dinamización efectiva destes eventos.

 Este é o calendario de feiras do 2013:
  • Ferrol 19/04 a 23/04 no Cantóns de Molíns
  • Santiago 27/04 a 05/05 no Paseo Central da Alameda 
  • Lugo 14/05 a 19/05 na Praza Maior 
  • Pontevedra 22/05 a 26/05 na Praza da Ferrería 
  • Ourense 04/06 a 09/06 na Alameda 
  • Vigo 28/06 a 07/07 na Praza de Compostela 
  • Rianxo 25/07 a 28/07 na Praza do Concello 
  • A Coruña 01/08 a 11/08 nos Xardíns de Méndez Núñez 
  • Viveiro 13/08 a 16/08 nos Xardíns de Noriega Varela 
  • Foz 17/08 a 20/08 na Praza Conde de Fontao 
  • Monforte 22/08 a 25/08 na Rúa do Cardeal
Agardámos a vosa visita ás Feiras do Libro de Galicia! 

Bailadela da morte ditosa - LITERATURA ADULTOS

Bailadela da morte ditosa
(Sete baleretadas de amor e unha de morte)
Ilustración da cuberta: Alfonso Costa
Colección: A Biblioteca do Arlequín 

Bailadela da morte ditosa preséntanos seis encontros coa morte noutros tantos cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes motivos: adiantar á propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado. E Roberto Vidal Bolaño píntanos eses cadros cos seus pinceladas características: unha linguaxe áxil e poderosa, uns personaxes trazados con gran profundidade e un achegamento ao tema -a morte buscada, a "ditosa"- sen estridencias, con gran naturalidade como sempre se tratou na nosa cultura e desde o noso imaxinario.

Esta obra obtivo o Premio ABRENTE 1980. Formaban o Xurado: Xosé R. Barreiro Fernández, Salvador García Bodaño, Xosé L. González Vázquez, Manuel Guede Oliva e Xosé A. Perozo Ruiz. Foi estreada o 23 de xuño de 1980 en Santiago de Compostela, no Auditorio de Santo Domingo (Museo do Pobo Galego), polo TEATRO DO ESTARIBEL. 

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAA PARA LER NA TÚA CASA

venres, 17 de maio de 2013

Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013

"Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002)

Trátase dunha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego e, xa que logo, do noso sistema literario. Desde aqueles inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Só uns meses antes do seu pasamento, no número 50 da revista A Trabe de Ouro publicouse o texto do seu monólogo "Sen ir máis lonxe", que Méndez Ferrín cualificou como o seu testamento dramático. Ese mesmo ano a Real Academia Galega nomeouno Académico Correspondente.

É indiscutible a importancia da figura de Roberto Vidal Bolaño para o teatro nacional galego. Aínda que morreu novo (52 anos), Vidal Bolaño é, sen dúbida, o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura; mais non é só a cantidade da súa obra a razón da súa importancia, senón as múltiples calidades que os seus textos achegan durante toda a súa actividade.

A produción de Roberto Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.

E con todo e achegar un currículo dramático inmellorable, o dun profesional que viviu sempre apegado ós escenarios, traballando en case todos os ámbitos da produción teatral, desde a dirección á iluminación, Vidal Bolaño non é soamente un home de teatro. Foi tamén un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia (sempre dicía que en realidade el quixo ser director de cinema). O seu traballo como director e como guionista, aínda que non chega á dimensión do seu labor dramático, tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun campo audiovisual galego que se expresase na lingua propia e dialogase co resto dos nosos campos culturais.

Por enriba de todo, Roberto Vidal Bolaño foi un extraordinario escritor. Fixo literatura dramática a consciencia, con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores, de apoiarse nos nosos clásicos (como Rosalía, Otero Pedrayo ou Cunqueiro, por exemplo) e na obra dos seus contemporáneos. Súa foi a translación aos escenarios do Percival de Méndez Ferrín, por exemplo, ou do Xelmírez de Cortezón ou da Rosalía de Otero Pedrayo. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico, en constante desenvolvemento.

A súa obra merece ser revisitada nos escenarios e especialmente nos textos, porque coma os grandes autores de todos os tempos, Roberto Vidal Bolaño foi quen non xa de describir o seu tempo, senón, sobre todo, de transformar a súa época. O teatro galego sábeo ben, e con el, o noso sistema literario. 

Texto publicado pola Real Academia Galega." 

Para saber máis clica AQUI  

Fonte:     robertovidalbolano.org
                    Real Academia Galega

Galaxia presenta un libro-DVD que pescuda os pasos de Vidal Bolaño



A Feira do Libro de Santiago acolleu este mércores a presentación do libro Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño. A obra en cuestión, un percorrido pola vida e obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, inclúe un DVD cun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre a repercusión do rico e innovador legado literario do autor de Mar revolto.

A achega en cuestión, informaron os autores, é un libro-DVD "con dúas realidades e un único obxectivo". A primeira destas realidade está na pantalla, da man do documental de Gonzalo Veloso. Unha obra que serve entre outras cousas para achegarnos á realidade das persoas que viviron preto do autor: a familia, os amigos, os compañeiros de profesión e as investigadoras, todos eles ollando baixo o chapeu negro para relatar quen era Roberto Vidal Bolaño, "amosando unha singular visión que, sen dúbida, axudará a comprender mellor a súa obra", informa Enríquez Veloso.

A segunda realidade está no libro, no texto escrito por Montse Pena Presas, que se lanza a amosar o que había tralo nariz de pallaso que ostentaba, en moitas aparicións públicas, o autor homenaxeado. A escritora adopta para este achegamento un ton "lúdico e ao mesmo tempo rigoroso", facendo uso del para abordar as grandes particularidades da obra de Vidal Bolaño. O libro-DVD está a ser lanzado pola Editorial Galaxia. 

xoves 2 de maio do 2013, por Redacción 
Fonte: Código Cero

A ópera de a patacón- LITERATURA ADULTOS

A ópera de a patacón 
Autor: Roberto Vidal Bolaño 

Edita : IGAEM - Edicións Xerais de Galicia 
Rústica, 100 páxinas
ISBN 84-453-2205-2 (Xunta de Galicia)
ISBN: 84-8302-277-X (Edicións Xerais de Galicia, S.A.)
D.L.: VG 390-1998
Nº 24 Colección: Os libros do Centro Dramático Galego 

O autor e dramaturgo de Compostela, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013, amósanos aquí unha adaptación que realizara para un espectáculo homónimo presentado en xullo do ano 1994, partindo da "Ópera do Mendigo" que John Gay estreara en Londres en 1728 e que Bertolt Brecht rccuperou posteriormente na peza "A Ópera de catro cartos" e na narración "A novela de catro cartos". Partindo dos textos suliñados, Vidal Bolaño constrúe unha notable peza que ten como eixe central os supostos amoríos entre Polly e Mackie, O Navallas (ou Sr. Bennet), e no que se van entrecruzar moitos outos motivos que dan conta da corrupción xeneralizada existente por aquel entón nun Londres atemporal e alegórico.

Versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados, arredor de textos de John Gay e de Bertolt Brehct. 

Esta obra foi estreada pola Compañia Teatral "Teatro do Aquí" o 14 de xullo de 1994, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, baixo a dirección do seu autor ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAA PARA LER NA TÚA CASA


xoves, 16 de maio de 2013

IX FESTA DO OVO DE NESPEREIRA

O próximos días 18 e 19 de maio terá lugar a IX FESTA DO OVO na parroquia de NESPEREIRA do noso concello. 

O Sábado 18 de Maio terá lugar a partir das 21:00 horas o V SERÁN EN NESPEREIRA organizado por NOVAS AMISTADES.

O Domingo 19 de Maio, a partir das 11,00 da mañán serviranse diferentes pratos elaborados con ovos caseiros e ata as 21,00 horas poderedes degustar todos os pratos que vos ofrecen nesta singular festa que chega a súa 9ª edición.  A festa estará amenizada polo Dúa ESTELAR.

Así que xa sabedes, como cada ano no mes de Maio...

FESTA GASTRONÓMICA DO OVO DE NESPEREIRA

Todos os pratos están feitos a base de ovos caseiros.

Entre todos os pratos que se poden degustar temos: 



PATACAS FRITAS CON OVOS E CHOURIZO
(Prato estrela)


GRELOS CON PATACAS, OVOS E CHOURIZO
(Gran éxito das últimas edicións) 

Se aínda así os vosos gustos non están satisfeitos, podedes degustar outros pratos como tortilla de patacas, tortilla francesa, empanada...

Destacar os prezos anticrise, onde por so 5 ou 6 euros degustarás estes pratos acompañados de viño e pan.

¡ANIMÁDEVOS E ACUDIR A NESPEREIRA!

BO PROVEITO



Segue a festa no Facebook. (Clica na imaxe)

Noticia de hoxe no Faro de Vigo.

Cando caen as follas - LITERATURA XUVENIL

Cando caen as follas
Ilustraciones de Xosé Cobas 
A Coruña, 2006 

As follas de diferentes árbores convértense no fío que nos guía por un universo poético onde, amais do amor pola Natureza, salienta a importancia que nas nossas vidas teñen os sentimentos. O amor, a amizade e a nostalxia mestúranse cos soños, coas ilusións e coas lembranzas nun escenario perfectamente decorado cos trazos e coas cores de Xosé Cobas. O ecoar da nosa literatura, e doutras literaturas foráneas, acompaña estes versos que nos farán vivir momentos de lectura irrepetibles.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Fonte: Everest

mércores, 15 de maio de 2013

Una guía didáctica para conocer el Sistema Solar para 6º de Primaria


El Sistema Solar: conocimiento e interacción con el entorno es una guía didáctica de 27 páginas dirigida al alumnado de 6º de Primaria dentro de la asignatura Conocimiento del Medio y que ha sido elaborada por la Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

Visualmente, resulta muy atractiva y gracias a ella los chavales tienen la oportunidad de ubicar la Tierra en el universo y conocer la galaxia a la que pertenece nuestro planeta . En esta guía, asimismo, se explican las características más destacadas, estrellas y planetas del Sistema Solar, aportando datos muy curiosos que seguramente llamarán la atención de los estudiantes. También incluye un apartado que permite estudiar las distancias y los tamaños de los planetas.

La parte práctica incluye, entre otras actividades, un puzzle, una sopa de letras y un ejercicio en el que hay que completar un texto con las palabras correctas. 

Por Educación 3.0 el 01 abr 2013

Pequeno diccionario da lingua galega

Este Pequeno diccionario da lingua galega trata de dar a coñece-lo significado das palabras máis frecuentes do léxico galego actual. Nas súas, aproximadamente, 8.000 entradas inclúense as palabras consideradas fundamentais dentro do léxico patrimonial, así como outras pertencentes a vocabularios técnicos ou científicos bastante usuais na comunicación nos nosos días.

O criterio seguido para establece-la orde das entradas é o alfabético. Neste sentido, cómpre aclarar que ch e ll non as consideramos letras á parte; aparecen, no lugar que lles corresponde, dentro do c e do l, respectivamente.

Tendo en conta os límites impostos foi necesaria unha gran selección de entradas; ás veces familias léxicas numerosas quedan reducidas a un ou só uns poucos representantes. Á súa vez, dentro de cada entrada están soamente as acepcións, locucións, frases feitas, etc., máis usuais.

Nas definicións tratouse de evita-la circularidade (A define B e B define A); procurouse tamén evitar na definición o uso de palabras que non teñen entrada no diccionario. Isto provoca non poucos problemas á hora de redacta-las definicións pero así cumpre a nosa pretensión de que as dúbidas se solucionen dentro da propia obra. En cada acepción póñense exemplos que serven en xeral para a súa mellor comprensión.

Á parte da información léxica, incluímos datos relativos á gramática, á morfoloxía, ó uso, etc. Así, indícanse aqueles casos en que o feminino ou o plural non seguen as normas máis habituais de formación, observacións relativas á sintaxe, ó nivel de lingua, etc.

Co desexo de contribuír ó proceso de normativización da lingua, preséntanse formas que, sendo moi correntes no momento actual, non se consideran correctas e aconséllanse entón as formas máis en consonancia co léxico que posúe o noso idioma.

Pretendemos ofrecer ó público unha obra sinxela, pero útil para aquelas persoas que desexen coñece-las primeiras nocións do léxico da nosa lingua. A pesar dos fallos que seguramente contén este traballo, sería a nosa maior satisfacción acadar este obxectivo.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA CONSULTAR NA TÚA CASA

 

martes, 14 de maio de 2013

Letras Galegas 2013 - Roberto Vidal Bolaño



O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia no que participou como actor, como director, como iluminador...

Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística queremos destacar desta inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron estreitamente ligado a ela.
Material divulgativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais.
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida. 

Ler máis... 

Fonte: Xunta de Galicia

La bruja de Salem - LITERATURA ADULTOS

La bruja de Salem

Ediciones B S.A. 
1ª edición: outubro 1988

Falaba cos seus mortos queridos, coñecía todos os segredos das herbas. Mesmo unha vez espertou unha tempestade. Para ela era o máis natural.

Outros, en cambio, interpretábano como algo maléfico, directamente relacionado cun Satanás tan terrible que a ela se lle antollaba como unha caricatura.

O seu maior pecado, en calquera caso, era esa obstinación en non facer alarde das súas facultades, en non se prestar ao exhibicionismo que os brancos esperaban dela. Quizais por iso decidiron aforcala e puxéronlle unha etiqueta: "bruxa".

Tal vez, Tituba morreu sen comprender. Pero a morte non foi o seu castigo para ela. Sen dúbida, seguiu vivindo cos seus mortos queridos, seguiu baixando ao río a recoller herbas tenras. 

Ser bruxa era un pecado.
Ser bruxa negra, un crime.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

luns, 13 de maio de 2013

14 Festival Internacional de Títeres de Redondela 2013 (Do 14 ao 19 de Maio)


De novo as rúas, prazas e xardíns da vila servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais de Francia, Chile e Italia, e Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). 

Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela.


 
Segue o festival no Facebook (clica na imaxe)


17 de Mayo Día Mundial del Reciclaje - Recursos y actividades para trabajar

El próximo 17 de mayo se celebra el Día Mundial del Reciclaje -fecha fijada por la Unesco- así que en esta entrada podéis encontrar diferentes recursos, actividades o ideas para trabajar en clase de Infantil y Primaria.

  
Amarillo, Verde y Azul, la separación que nos une, es un blog creado por EcoEmbes, la organización sin ánimo de lucro que gestiona la recuperación y reciclaje de los envases de plástico, latas, briks, papel y cartón. Es posible acceder -previo registro- a noticias sobre separación y reciclaje, medio ambiente, energías renovables, actividades didácticas… Todo ello con el objetivo de que los profesores tengan un material divertido, lúdico y pedagógico para utilizar en clase. 

'Reciclando en la escuela' es el blog de Marta, maestra de escuela rural, y en el que hay un montón de actividades de reciclaje muy originales para hacer con niñ@s de entre 3 y 7 años. Como ella misma explica, "la mayoría de los trabajos se ha llevado a cabo con los niños y niñas de la escuela rural donde trabajo actualmente; prácticamente todos los proyectos son comunes. Me interesa especialmente el reto de proponer una misma actividad que cada uno pueda adaptar a sus gustos y nivel".


La propuesta de Mónica Rodríguez Palomino, maestra de Primaria, recoge una serie de actividades –hasta el primer ciclo de Primaria-, con los objetivos didácticos fijados –conocer las formas de reciclar, identificar las cuatro reglas, construir los valores propios- y los temas transversales trabajados. Entre otros, propone 'Reciclar papel', la 'Fábrica de juguetes' o 'Experiencia doméstica. Este artículo se ha publicado en la comunidad Profes.net de SM.

En este artículo de Elisabeth Blanco Puertas, del  CEIP San Isidro Labrador, en El Chaparral Albolote, Granada, propone organizar un grupo de trabajo con el objetivo de concienciar a los niñ@s sobre la importancia de cuidar el medio ambiente, así como su papel a la hora de conservarlo. Además, presenta una campaña de reciclaje de papel y plástico, que incluye desde la colocación de contenedores hasta el posterior reciclaje de estos materiales a través de distintas manualidades. 

Fuente: - 10 may 2012

Lúa do Senegal - LITERATURA INFANTIL

Edición Xerais de Galicia, 2ª edición maio 2010
Colección Sopa de Libros
A partir de 10 anos 

Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil e Xuvenil) 2010 

Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflicto emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.

13,5 x 20,5 cm
Rústica cosido a fío
200 Páxinas
ISBN: 978-84-9782-556-6 

Fonte: Xerais 

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

domingo, 12 de maio de 2013

17 de mayo. Día de Internet. 2013


El próximo 17 de mayo se celebra el Día Mundial de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información (Día de Internet).

En 2006, las Naciones Unidas, a instancias de la II Cumbre Mundial de la Sociedad de la Información celebrada en Túnez, declaró que el 17 de Mayo sería el Día Mundial de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información. En esta fecha se celebra también el “diadeinternet”, un proyecto en red promovido por iniciativa de la Asociación de Usuarios de Internet, con objeto de dar a conocer las posibilidades que ofrecen las nuevas tecnologías y promover el acceso generalizado a Internet.

Para la celebración, se organizan en toda España congresos, jornadas, seminarios, actividades de formación, concursos, juegos en red y muchos otros actos sobre los que se informa en la web oficial del evento.

Los alumnos de primaria pueden participar hasta el 30 de Abril en el Certamen "Cuéntanos cómo ves Internet", de Cuentos, Poesías y Dibujos.

Para participar hay que dar de alta el colegio. Luego, son los profesores quienes suben los trabajos de los niños.

Los ganadores en cada categoría recibirán como premio una Consola de última generación para el niño, un Tablet para el Profesor y un ordenador portátil para el centro que más trabajos presente. Los Premios se entregarán en el acto que tendrá lugar en Madrid, en el Senado, el 17 de Mayo.

Los alumnos de secundaria también pueden participar, a nivel individual, en un Concurso de Fotografía a través del móvil.

Además, como cada año, las universidades invitan a los alumnos de Secundaria y Bachillerato a visitar virtualmente sus instalaciones y a preguntar sus dudas sobre el futuro académico personal. La iniciativa anima a que los estudiantes puedan, desde las aulas de sus centros, contactar, ver y preguntar a los directores, profesores y alumnos que, desde la Universidad, participan en la jornada.

En esta semana se van a programar numerosos eventos de todo tipo (fiestas, debates, premios, eventos virtuales...). En esta guía puedes buscar los que mejor encajan contigo para participar en ellos.


 

Folerpas de Novoneira - LITERATURA INFANTIL

Folerpas de Novoneyra
Colección Merlín, 201
Edicións Xerais de Galicia
De 11 anos en diante 

Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza a escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha porta para entar na poesía silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A través de pequenas descubertas, de anécdotas simpáticas, dunha linguaxe asequible e dunha aproximación amigable aos seus poemas, visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel, a súa infancia, a Guerral Civil, a escritura d’ Os Eidos, os días de Brais Pinto en Madrid, o compromiso coa lingua, a súa amizade con María Mariño, o Novoneyra beat do 68, a caligrafía, os seus libros infantís, Compostela… Unha biografía e unha antoloxía de Uxío Novoneyra para lectores e lectoras de todas as idades.

Un libro de divulgación imprescindible para coñecer a figura das Letras Galegas 2010.

14 x 19,5 cm
Rústica cosido a fío
136 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-122-0
Marzo 2010

Fonte: Xerais

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger