![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgsy8Ff6CgqJHwMl7CTovEjChd3i7Ne-7e69HwFpNC2L11AC3pRy-VwRNXBv643x3mcrNkMdysuQAMp3o8JCfTRdoGcYpnKH71Zg6js7A2aKz6rLsNy7DM9bLPKJb5l3auwv92n3ZSNfsnc/s200/2015+Logotipo+Novidade+de+Lectura+Azul.jpg)
As crónicas de Landereina 3
Texto e ilustracións: Sabela González
Editorial Galaxia S.A.
Colección: As crónicas de Landereina
Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa
Coa pócema de destrución da Pedra de Lúa xa nas súas mans, Berenguela e Güenaela deben escapar da illa dos sabios para dar chegado á capital de Landereina e rescatar o príncipe Ohn. Alí, a traidora segue a gañar terreo, aterrorizando o reino e sen ceder na súa procura de todos os anacos do amuleto máxico que lle conferirá o máximo poder co que levar a cabo o seu tiránico goberno.
O castelo semella lonxano mentres os problemas seguen a xurdir no seu camiño, mais Berenguela e Güenaela non descansarám ata xuntar o sangue dos Gheiroez elexidos, pois só así poderán destruír a Pedra de Lúa e derrrotar a malvada Maëriss para poñer a salvo, por fin e para sempre, o reino de Landereina.
Sangue de Lúa é o terceiro tomo da triloxía fantástica de As Crónicas de Landereina.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi4ujUziEigkC5Es50GJ9CadhRVahREWqWEt8HhjeEXovA2pMIcpTsI4KBNqg4RiNfDZJqEkFohPSRzMhV6cprfx5cKbgOuNhYuEW9wYt46cPE8H0-xnBO8BSD-UQW0tX_Co4cMysr_o3Tj/s1600/Faite+socio.jpg)
Nº de páxinas: 215
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21cm