NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Libros en Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros en Galego. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de maio de 2021

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS
Autor: APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral)
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) editan “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS”

Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.

A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.

ISBN: 978-84-9151-036-9
Nº de páxinas: 24
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm

luns, 8 de outubro de 2018

INVENTARIO DE DINOSAURIOS


INVENTARIO DE DINOSAURIOS ILUSTRADO
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Fai 230 millóns de anos aparecen os dinosaurios. Fai 66 millóns de anos, sobre o que hoxe é México, caeu un meteorito, que puido ser en parte responsable da súa extinción.
Pero, ¿Desapareceron realmente? Non estamos tan seguros: os seus descendentes son as actuais aves...

Unha pequena historia da vida na Terra, desde os seus orixes fai 4300 millóns de anos, e o punto de partida do "Inventario ilustrado dos dinosaurios", que reúne 47 especies agrupadas en períodos xeolóxicos: desde o Triásico, con exemplares como o "Mussaurus patagonicus"; seguindo polo Xurásico coa presenza do "Diplodocus carnegli"; ata o Cretácico, cando habitou o "Tyrannosaurus rex".

ISBN: 978-84-16721-19-1
Nº de páxinas: 45
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm.

domingo, 7 de outubro de 2018

BROMAS NA ESCURIDADE


BROMAS NA ESCURIDADE
Autora e Ilustradora: Daniela Kulot
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Tres pequenos amigos - un oso, unha lebre e un verme- celebran a súa primeira noite xuntos na casa dun deles. Durmir nun lugar alleo ao propio fogar, ir a un campamento ou participar nunha actividade que rompe a rutina familiar son aventuras que a moitas nenas e nenos failles ilusión experimentar: proporciónalles unha sensación de autonomía e madurez, estimúlaos no exercicio da responsabilidade ante o novo ou descoñecido, e axúdaos no difícil proceso de socialización.

Iso lles ocorre aos protagonistas de "Bromas na escuridade"

ISBN: 978-84-8464-401-9
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23,5 x 30 cm.

sábado, 6 de outubro de 2018

OS ANIMAIS DO BOSQUE


OS ANIMAIS DO BOSQUE
Ilustradora: Anne Passchier
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +2 anos

O raposo fai todas as fins de semana a súa andaina en familia? Pois non.

Ven descubrir a verdade sobre algúns dos animais que habitan os bosques.

Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.

ISBN: 978-84-9995-269-7
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 19,5 x 19,5 cm.

venres, 5 de outubro de 2018

OS ANIMAIS DA GRANXA


OS ANIMAIS DA GRANXA
Ilustracións: Anna Passchier
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +2 anos

A ovella vai ao salón de peiteado  cortar os seus fermosos bucles? Pois non.
Ven descubrir a verdade sobre os animais da granxa.

Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.

ISBN: 978-84-9995-270-3
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm.


xoves, 4 de outubro de 2018

O CASTIÑEIRO DO APALPADOR


O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
Autor: Inacio Vilariño
Ilustrador: Nuria Díaz
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade recomendada: +8 anos

Cal e a orixe do Apalpador?
Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos?
Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificamente ilustrada a toda cor.

ISBN: 978-84-9995-234-5
Nº de páxinas: 27
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 19,5 cm.

xoves, 13 de setembro de 2018

ELMER


ELMER
Texto e ilustracións: David Mckee
Edita: Kaladranka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Había unha vez unha manada de elefantes.
Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados.  Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor.
Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores...

A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente!

ISBN: 978-84-8464-380-7
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 33 cm.

sábado, 8 de setembro de 2018

A ÁRBORE DOS SOÑOS


A ÁRBORE DOS SOÑOS
Autor: Fernando Alonso
Ilustrador: Emilia Urberuaga
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

O señor Huvez é un escritor que sofre unha crise de creatividade. Comprometeuse a entregar un libro, pero as ideas dilúense ante o folio en branco. Nese momento, le nun xornal unha  noticia sorprendente: un home fora detido por escribir sobre as árbores e os paxaros.

Huvez decide solidarizarse con ese colega descoñecido para que sexa posto el liberdade canto antes. e comeza unha campaña solidaria.

A súa acción máis importante será escribir cinco relatos, todos eles protagonizados por árbores. E agora si que as ideas fluirán na mente de Huvez coma o zume desas árbores ás que o escritor dará vida.

ISBN: 978-84-8464-371-5
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23,5 cm.

martes, 4 de setembro de 2018

ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ E O PINTOR DE FLORES


ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ E O PINTOR DE FLORES
Autor e ilustrador: Anxo Fariña
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.

Nubebebé desapareceu, non a atopar na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso.

Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros da familia Nube?

Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.

ISBN: 978-84-9121-282-9
Nº de páginas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5 cm.

luns, 23 de abril de 2018

PASENIÑO - TROMPETA

 

PASENIÑO - TROMPETA
Autor: Antonio Cerviño Loira
Consello da Cultura Galega
Colección Autores&Textos

Xénero: Belas Artes - Música

O Cancioneiro popular galego é a expresión sonora de máis fondura e, consecuentemente, o medio axeitado para que os estudantes de música da Comunidades Autónoma de Galicia se acheguen aos elementos esenciais do feito musical. 

Partituras para aprender a tocar a trompeta. Esta é a proposta de Paseniño un sistema de aprendizaxe musical que aproveita os nosos temas tradicionais para facilitar a introducións aos intrumentos musicais. O proxecto vai dirixido a alumnos de grao elemental das respectivas especialidades instrumentais.

O complemento metodolóxico Paseniño ideouse co propósito de que os alumnos de grao elemental da Trompeta se poidan nutrir do rico patrimonio musical galego durante o antedito proceso formativo. 

ISBN: 978-84-92923-17-5
Nº de páxinas: 78
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 21 x 30 cm

venres, 20 de abril de 2018

PASENIÑO -CLARINETE


PASENIÑO - CLARINETE
Autor: Antonio Cerviño Loira
Consello da Cultura Galega
Colección Autores&Textos


Xénero: Belas Artes - Música

O Cancioneiro popular galego é a expresión sonora de máis fondura e, consecuentemente, o medio axeitado para que os estudantes de música da Comunidades Autónoma de Galicia se acheguen aos elementos esenciais do feito musical.

Partituras para aprender a tocar o clarinete. Esta é a proposta de Paseniño un sistema de aprendizaxe musical que aproveita os nosos temas tradicionais para facilitar a introducións aos intrumentos musicais. O proxecto vai dirixido a alumnos de grao elemental das respectivas especialidades instrumentais.

O complemento metodolóxico Paseniño ideouse co propósito de que os alumnos de grao elemental do Clarinete se poidan nutrir do rico patrimonio musical galego durante o antedito proceso formativo. 

ISBN: 978-84-92923-18-2
Nº de páxinas:78
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 21 x 30 cm

martes, 27 de febreiro de 2018

AVOA POWER: Marcopola A Illa Remeira 4


AVOA POWER 
Marcopola - A Illa Remeira 4 
Texto e Ilustracións: Jacobo Fernández Serrano 
Edicions Xerais de Galicia S.A.
Colección: Marcopola a illa remeira

Xénero:  Literatura infantil - Comic

O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marco Pola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita.

Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñedida na vila como Avoa Power. 

Por que será?...  Achégate a BiblioPazos para averigualo.

ISBN: 978-84-9914-945-5
Nº de páxinas: 55
Encadernación: Rústica
Formato: 17 x 24 cm

mércores, 17 de xaneiro de 2018

TOM, HUCK E O MISTERIO DA TRABE DE OURO


TOM, HUCK E O MISTERIO DA TRABE DE OURO
Autor: Alex Bayorti
Edición: Tomás González Ahola
Revisión: Daviz Cortizo Conde
Ilustración: José Ángel Ares
Urco Editora
Colección: Urco Xuvenil

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego- Narrativa

Houbo un tempo en que a herba era máis verde, a luz máis clara e viviamos rodeados de amigos. Do mesmo xeito, Tom soñaba cada noite con aquel lugar sen hotas onde era eternamente feliz cua súa benquerida Becky... e con Huck... que pasou con Huck?

A miles de quilómetros do seu fogar, nalgún lugar onde que bate o nordés e sempre chove, o eco dunha lenda fai espertar arelas esquecidas no maxín de Tom, deprimido e abandonado de si mesmo. Se cadra esa é a oportunidade para abrir unha porta de volta cara a aquel mundo de tanto tempo atrás, na ribeira dun río sen fin.

A fin de contas, nada ten que perder.

ISBN: 978-84-15699-99-6
Nº de páxinas: 121
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger