E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 12 de maio de 2018

ENREDANDO CON PAKOLAS - Actividade de Dinamización Lingüística

FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística trae a Pazos de Borbén unha nova actividade de dinamización lingüística da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias.


Un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

https://www.dropbox.com/s/g1fsmth03nexpxs/06%202018-05-12%20Enredando%20con%20Pakolas%20con%20logos%20Pazos1.jpg?dl=0

"ENREDANDO CON PAKOLAS" chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.

Paco Cerdeira ven de lanzar en Decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.

https://bibliopazos.blogspot.com.es/2017/12/pakolas.html
Finalista dos Premios Martín Códax da Música 2018
Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustracións de Laura Romero.

"Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender". Chega con este novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas: "Baldomero o mero", "Xabarín con bombín", "Furafollas", "A Quenlla Madrugadora", "Mc Pac", "Rí salta ri corre", etc.

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

"Baldomero o Mero" da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario. "Xabarín con Bombín", que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser... Todos estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR  a ritmo moi rockeiro e guitarreiro.

Un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia.

Así que xa sabedes, o...

Sábado 12 de maio 

no

Auditorio do Concello

a partir das 18:00 horas

teremos con nos a

PAKOLAS

co seu espectáculo

"ENREDANDO CON PAKOLAS"

Actividade patrocinada pola


Dende a Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" da Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén CONVIDÁMOSVOS a participar nesta actividade.

ESPERÁMOSVOS!!!

NON FALTEDES!

VIR CON NÓS A ROCKANDROLLEAR!!!

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA


ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA
Autor: Miguel Vázquez Freire

Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Fóra de Xogo 


Xénero: Literatura Xuvenil Galega- Narrativa


Unha rapaza e tres rapaces morren na madrugada dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán da rapaza falecida, non quere acepta-las explicacións oficiais sobre a causa do accidente. 

Tralas pegadas da inocencia da súa irmá, Moncho atopa un diario que descoñecía. Velaquí a peza que buscaba para iniciala súa investigación...


ISBN: 84-8302-193-5
Nº de páxinas:215
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

luns, 7 de maio de 2018

A BRÉTEMA


A BRÉTEMA
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: María Montes Sueiro
Urco Editora

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade Recomendada: A partir de 5 anos

Na aldea de Vilaxeada vive a señora Minia Senín, unha entrañábel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón.

A señora Minia está tan triste que non pode parar de chorar, mais axudada polo seu amigo o sol, a súa sorte vai mudar.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-16121-93-9
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm



LOS PREMIOS NOBEL Y EL MISTERIO DEL GATO


LOS PREMIOS NOBEL Y EL MISTERIO DEL GATO
Autor: Brian Bones
Ilustración: LuisD
Santillana Infantil y Juvenil, S.L.
Colección Loqueleo Narrativa Serie Naranja 

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad Recomendada: A partir de 10 años. 

La madre de Bridget Kowalsky ha sido nominada al Premio Nobel de Física y el Club de los Empollones viaja a Suecia para asistir a la ceremonia. Allí tendrán que enfrentarse a la señora Malkovich, que intentará por todos los medios que el Nobel recaiga en otra persona, y , además, resolver un divertido misterio.

¡Disfruta con una nueva aventura del Club de los Empollones!


ISBN: 978-84-9122-182-1
Nº de páginas: 138
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

domingo, 6 de maio de 2018

O CATAVENTOS


O CATAVENTOS
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: Lara Torres Rodríguez
Urco Editora

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade Recomendada: A partir de 5 anos

Por culpa do fachendoso galo don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non poden vivir en liberdade na aldea.

A envexa e a ambición que sinte, son tan grandes que o levarán á soidade máis absoluta.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-16121-63-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm


TRALO ÚLTIMO DINOSAURIO


TRALO ÚLTIMO DINOSAURIO
Autor: Manuel Alfonseca
Tradución: Pilar Saborido
Ilustración: Gerardo Fagot
Editorial Rodeira

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Teño que facer público o noso descubrimento, aínda que ninguén me crea, aínda que todo o mundo me tome a chacota. Débollo á memoria de Victor Arias. A obra da súa vida non pode desaparecer para sempre no esquecemento.

Cando o coñecín, pouco imaxinaba eu que ese home de aspecto insignificante ía ter unha influencia tan decisiva na miña vida e que, gracias a el, ía poder vivir unha aventura fascinante e participar nun descubrimento único e revolucionario.

ISBN: 84-8116-626-X
Nº de páxinas: 137
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19,5 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger