Amosando publicacións coa etiqueta Accidentes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Accidentes. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xullo de 2020

CON TANGO SON TRES


CON TANGO SON TRES
Autores: Justin Richardson e Peter Parnell
Ilustrador: Henry Cole
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Roi e Silo son unha parella de pingüíns singular: os dous son machos. Fanse reverencias, camiñan xuntos, cantan o un para o outro e nadan xuntos. O problema é que non poden ter crías propias.

A solución ven da man dun coidador e Tango entra nas súas vidas.

ISBN: 978-84-8464-985-4
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 28,5 x 22 cm

domingo, 5 de xullo de 2020

NOITEBRA


NOITEBRA
Autor: Xavier López Domínguez
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nun atardecer de tormenta, dous quilómetros antes de chegar a Santiago, a moto e mais eu marchamos fóra da estrada. Ó erguerme, fun dándome de conta dos danos: Tiña unha dor forte na caluga, outra no ombreiro esquerdo e outra que me collía toda a coxa dereita. A noite estaba tan escura que non puiden ve-la miña moto nin o casco por ningures. Polo sabor salgado entre os labios, decateime de que non eran pingas, senón as bágoas que escapaban dos meus ollos.

ISBN: 84-8302-423-3
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

sábado, 12 de maio de 2018

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA


ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA
Autor: Miguel Vázquez Freire

Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Fóra de Xogo 


Xénero: Literatura Xuvenil Galega- Narrativa


Unha rapaza e tres rapaces morren na madrugada dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán da rapaza falecida, non quere acepta-las explicacións oficiais sobre a causa do accidente. 

Tralas pegadas da inocencia da súa irmá, Moncho atopa un diario que descoñecía. Velaquí a peza que buscaba para iniciala súa investigación...


ISBN: 84-8302-193-5
Nº de páxinas:215
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger