Empezamos coas actividades do programa de animación á lectura e de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020.
A programación desenvolverase ao longo de todo o ano e incluirá moitas e diversas actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto intentando acaparar moitos ámbitos da educación e da cultura: ciencia, maxia, contacontos, encontros con autores, narración oral, poesía, homenaxes a autores e escritores, conmemoracións de días mundiais e internacionais, educación sobre o patrimonio local tanto inmaterial como natural, artístico, histórico; actividades de dinamización con música, teatro e danza, etc.
Como en anos anteriores, pretendemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazo de encontro para descubrir e compartir. Así intentaremos ofrecerer un conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.
E tamén queremos seguir reforzando o carácter de espazo aberto da biblioteca, ao tempo que alentar a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.
Pois ben, iniciámos as actividades conmemorando o 183 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra tódolos anos o día 24 de febreiro.
E o imos facer cun espectáculo de técnica mixta de traballo de narración, interpretación e títeres denominado "A VIAXE DE ROSALÍA" que será representado pola actriz LARRAITZ URRUZOLA.
Nesta viaxe, deseñada para todos os públicos, escrita e dirixida por Lucho Penabade, "Francisca do Campo, cóntanos a historia da súa querida afillada ROSALÍA DE CASTRO. Cargada de maletas, teas, zapatos e libros, compartirá con nós a traxectoria dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Larraitz válese de monicreques de mesa de grande talla artística e das ferramentas da narración oral para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía e a súa obra literaria".
Terá lugar o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e a él están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Continuaremos coas actividades o día 4 de marzo ás 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello no que teremos con nós á escritora e poeta YOLANDA CASTAÑO que nos traerá a actividade "MULLER, POETA, EN GALEGO... E POLO MUNDO!" coa que conmemoraremos o Día Internacional da Muller.
"Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza".
Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
E seguiremos homenaxeando á muller, traballando pola igualdade e pola nosa lingua galega a través da participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, na que colaboramos cos seguintes espectáculos:

O mércores 11 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitará Pazos de Borbén o músico coruñes PABLO DÍAZ que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES".
"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.
Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".
Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
O venres 13 de marzo e tamén ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitaranos o actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"