E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 22 de febreiro de 2020

INICIO DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO ANO 2020

Empezamos coas actividades do programa de animación á lectura e de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020.

A programación desenvolverase ao longo de todo o ano e incluirá moitas e diversas actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto intentando acaparar moitos ámbitos da educación e da cultura: ciencia, maxia, contacontos, encontros con autores, narración oral, poesía, homenaxes a autores e escritores, conmemoracións de días mundiais e internacionais, educación sobre o patrimonio local tanto inmaterial como natural, artístico, histórico; actividades de dinamización con música, teatro e danza, etc.

Como en anos anteriores, pretendemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazo de encontro para descubrir e compartir. Así intentaremos ofrecerer un conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

E tamén queremos seguir reforzando o carácter de espazo aberto da biblioteca, ao tempo que alentar a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.

Pois ben, iniciámos as actividades conmemorando o 183 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra tódolos anos o día 24 de febreiro.

E o imos facer cun espectáculo de técnica mixta de traballo de narración, interpretación e títeres denominado "A VIAXE DE ROSALÍA" que será representado pola actriz LARRAITZ URRUZOLA.

Nesta viaxe, deseñada para todos os públicos, escrita e dirixida por Lucho Penabade, "Francisca do Campo, cóntanos a historia da súa querida afillada ROSALÍA DE CASTRO. Cargada de maletas, teas, zapatos e libros, compartirá con nós a traxectoria dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Larraitz válese de monicreques de mesa de grande talla artística e das ferramentas da narración oral para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía e a súa obra literaria".

Terá lugar o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e a él están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Continuaremos coas actividades o día 4 de marzo ás 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello no que teremos con nós á escritora e poeta YOLANDA CASTAÑO  que nos traerá a actividade "MULLER, POETA, EN GALEGO... E POLO MUNDO!" coa que conmemoraremos o Día Internacional da Muller.

"Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza".


Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

E seguiremos homenaxeando á muller, traballando pola igualdade e pola nosa lingua galega  a través da participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, na que colaboramos cos seguintes espectáculos:

O mércores 11 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitará Pazos de Borbén o músico coruñes PABLO DÍAZ que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES".

"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.

Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.


O venres 13 de marzo e tamén ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitaranos o actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"

A entrada a todas estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.


VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger