Amosando publicacións coa etiqueta Dia Internacional da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia Internacional da Muller. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de marzo de 2022

"UNHA MAXIA DIFERENTE" - UN ESPECTÁCULO REIVINDICATIVO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Finalizamos as actividades de animación á lectura e dinamización e sensibilización da lingua galega programadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BiblioPazos" para o mes de marzo con este espectáculo de maxia que nos trae O MAGO PACO:

Xoves día 24 de marzo de 13:00 a 14:00 horas no Auditorio do Concello chegará a Pazos de Borbén O MAGO PACO que nos presentará "UNHA MAXIA DIFERENTE", o seu espectáculo máis reivindicativo no que participará o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
A través de distintas historias e xogos de maxia O Mago Paco traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados.

Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.

Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que:

"Ser diferente é o máis divertido e xenuino que temos os seres humanos"·
E con esta actividade conmemoramos o Día Internacional da Muller e o Día Mundial do Teatro e rematamos as do mes de marzo mentres seguimos preparando as dos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño das que vos iremos informando próximamente.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

venres, 4 de marzo de 2022

"UNHA NENA MOI MOI VALENTE" - UN CONTACONTOS POLA IGUALDADE DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

E seguimos conmemorando o Día Internacional da Muller coas actividades de animación á lectura e sensibilización e dinamizacióin da lingua galega programadas por BiblioPazos.

Neste ocasión informamos da actividade que terá lugar tamén o luns 7 de marzo de 13:00 a 14:00 horas  no Auditorio do Concello no que teremos outro contancontos pola igualdade denominado "UNHA NENA MOI MOI VALENTE" que levará a cabo Paula Regueiro García de Trémola Teatro dirixido aos escolares de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas".
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

"8(M)ULIER" UN CONTACONTOS POLA IGUALDADE DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo.

BIBLIOPAZOS adhírese a esta conmemoración coa programación desta activiadde o luns 7 de marzo de 10:00 a 11:00 horas no Auditorio do Concello na que teremos en Pazos de Borbén a Lucía L. Golán de Trémola Teatro co contacontos "8(M)ULIER" para os escolares de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional?
Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas?
E se fose necesario reverter o feitizo?
8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas.
Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén"
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

mércores, 2 de marzo de 2022

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

O próximo martes 8 de marzo conmemórase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, unha data para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. A forza que consegue un movemento de mulleres en todo o mundo traspasa fronteiras, diferenzas culturais, económicas, ideolóxicas e de calquera tipo. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e lograr a igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

A conmemoración deste día foi promulgado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) no ano 1975, pero realmente se viña celebrando dende moito antes.

Mulleres e homes que traballan en sectores dependentes de recursos naturais como a agricultura vense afectados polo cambio climático. Con todo, a muller padece unha maior vulnerabilidade derivada de factores sociais, económicos e culturais. FOTO: FAO/Mónica Castaño.
Dende a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén queremos participar deste día e unirnos á mensaxe das Nacións Unidas e que o Día das Mulleres sexan todos os días do ano.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar con valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

ONU MULLERES anuncia o tema para o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o 8 de marzo de 2022, que será "IGUALDADE DE XÉNERO HOXE PARA UN MAÑÁ SOSTIBLE".

O tema recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están liderando os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sostible para todas as persoas.


Ensaios de frijoles tolerantes á seca en Malawi, que en 2016 sufría a súa peor seca en tres décadas. Foto: CIAT/Neil Palmer.

Potenciar a igualdade de xénero no contexto da crise climática e a redución do risco de desastres é un dos maiores desafíos mundiais do século XXI.

Cada vez é máis evidente que as mulleres son máis vulnerables ao impacto do cambio climático que os homes, xa que constitúen a maioría da poboación pobre do mundo e son máis dependentes dos recursos naturais afectados por esta ameaza ambiental.

Ao mesmo tempo, as mulleres e as nenas son líderes eficaces e poderosas que impulsan o cambio para lograr a mitigación e a adaptación climáticas. Implícanse en iniciativas sostibles en todo o mundo e a súa participación e liderado xeran unha acción polo clima máis eficaz. Para lograr o desenvolvemento sostible e unha maior igualdade de xénero é esencial seguir explorando as oportunidades, así como as limitacións, para permitir que as mulleres e as nenas teñan voz e participen en igualdade na toma de decisións relacionadas co cambio climático. Sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e igualitario seguirá estando fóra do noso alcance.
Por iso, a celebración do Día Internacional da Muller das Nacións Unidas é “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”.

Este tema do Día Internacional da Muller está en consonancia co tema prioritario do Sesaxésimo sexto período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW66): “Lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e as nenas no contexto dos programas e as políticas do cambio climático e a redución dos riscos de desastre e ambientais”.

Por último comentar que con ocasión do Día Internacional da Muller deste ano, ONU Mujeres asociouse coa artista visual Burcu Köleli para elaborar as imaxes ilustrativas do concepto temático de 2022: “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”.

Imaxe Fonte Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022)

Os carteis do Día Internacional da Muller 2022 poden utilizarse sen fins comerciais na internet e as redes sociais no contexto do Día Internacional da Muller, a condición de que se recoñeza a ONU Mujeres e á artista coa seguinte aclaración: Fonte: Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022). Para utilizarlos con otros fines, comuníquese con: permissions@unwomen.org

Para acceder ao kit de marca do Día Internacional da Muller 2022 e demais recursos dispoñibles, faga clic AQUÍ.


martes, 9 de marzo de 2021

"ROSA CARAMELO" contacontos online en lingua galega e lingua de signos - Día Internacional da Muller


Finalizamos as actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER o Venres día 12 de marzo cun contacontos online que organiza a Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos.

O conto titulado "ROSA CARAMELO" será retransmitido en liña a través da canle de Youtube de AZ Lingua de signos en lingua galega e lingua de signos e o contarán Aranzazu Casas e María Costa.

Baseado no álbum ilustrado de Adela Turín con ilustracións de Nella Bosnia e editado por Kalandraka, trata de Maragarida a única elefanta do grupo que non consegue ter a pel rosa caramelo. Ela non quere lucir lazos rosas, nin zapatos rosas, nin colares rosas. Ela quere ter a mesma liberdade que os elefantes varóns e xogar sen limitacións. Margarida descubrirá a sensación da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para o resto das súas compañeiras elefantas...

A actividade retransmitirase nunha única emisión ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; os de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e os usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para  conectarse a través de internet e poder gozar do conto.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!


venres, 5 de marzo de 2021

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

O próximo luns 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fonteras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu dia, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde a súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

No Antigo Testamento, no libro do Génesis xa apareceu a primeira muller en revelarse contra o home. Lilith, considerada a primeira muller de Adán, revelouse na súa contra por non considerala igual a él xa que Deus os fixera iguais do mesmo pó.

"Adán e Lilit nunca acharon harmonía xuntos, pois cando el desexaba ter relacións sexuais con ela, Lilit sentía ofendida pola postura deitada que el lle esixía. «Por que hei de deitarme debaixo de ti? —preguntaba—: eu tamén fun feita con po, e por tanto son o teu igual». Como Adán tratou de obrigala a obedecer, Lilith, encolerizada, pronunciou o nome máxico de Deus, elevouse polo aire e abandonouno. Saíndo do Edén foi a dar ás beiras do mar Rojo..."

Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino... e así moitísimos máis sucesos ao longo de toda a historia do mundo.

Dende BIBLIOPAZOS queremos convocar ás veciñas e veciños a unirse este 8 de marzo ás activistas de todo o mundo e a poñer cada un da súa parte o necesario para transformar as vidas das mulleres alí onde se atopen.

“Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”


E para que vaiades preparando este importante día do ano e vos vaiades informando do gran número de mulleres que loitan pola igualdade e de cómo facelo, deixámosvos unhas imaxes das portadas dalgúns dos libros con temática relativa á muller que podedes atopar en BIBLIOPAZOS.

Podedes vir a leelos na biblioteca, a recollelos para levar para as vosas casas e gozar deles coa vosa familia; e, de paso, animar a todo o mundo para que a través da educación e a cultura se poidan conseguir canto antes os obxectivos de igualdade de xénero que perseguimos en todo o mundo.

Temos moitos, moitos máis.

Se tes interese nalgún libro concreto podes atopalo no catálogo da biblioteca, chamarnos ao teléfono 986 497 273, ou acércarte persoalmente pola biblioteca onde te informaremos do que necesites.


Pásate por BIBLIOPAZOS
e celebra con nós o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

xoves, 4 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021


O próximo luns 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, unha data destinada a recoñecer ás mulleres como artífices da historia e da loita pola súa liberación e igualdade co home que é conmemorada polas Nacións Unidas e tamén en moitos países do mundo.

Dende á Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén queremos participar deste día e unirnos á mensaxe da Nacións Unidas e que o Día das mulleres sexa todos os dias do ano.


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres do montón que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

ONU Mulleres anuncia o tema para o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o 8 de marzo de 2021, que será “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”.

O tema celebra os enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o mundo para forxar un futuro máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid-19. Así mesmo, está en consonancia co tema prioritario do 65º período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller, “A participación das mulleres e a adopción de decisións por elas de forma plena e efectiva na vida pública, así como a eliminación da violencia, para lograr a igualdade entre os xéneros e o empoderamiento de todas as mulleres e as nenas”, e coa emblemática campaña Xeración Igualdade, que esixe o dereito das mulleres á toma de decisións en todas as esferas da vida, a igual remuneración, a distribución equitativa dos cuidados e o traballo doméstico non remunerados, o fin de todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas e uns servizos de atención da saúde que den resposta ás súas necesidades.

As mulleres atópanse na primeira liña da crisis da Covid-19 como traballadoras da saúde, cuidadoras, innovadoras e organizadoras comunitarias. Tamén se atopan entre as e os líderes nacionais máis exemplares e eficaces na loita contra a pandemia. A crisis puxo de relieve tanto a importancia fundamental das contribucións das mulleres como as cargas desproporcionadas que soportan.

As mulleres líderes e as organizacións de mulleres demostraron as súas habilidades, coñecementos e redes para liderar eficazmente os esforzos de resposta e recuperación ante a Covid-19. Actualmente acéptase máis que nunca que as mulleres aportan experiencias, perspectivas e habilidades diferentes, e que contribúen de maneira indispensable nas decisións, políticas e leis que funcionan mellor para todas e todos.

A maioría de países que contiveron os efectos da pandemia da Covid-19 e reaccionan con máis éxito ante os seus impactos sanitarios e socioeconómicos máis amplos están dirixidos por mulleres. Por exemplo, as xefas de goberno de Dinamarca, Etiopía, Finlandia, Alemania, Islandia, Nueva Zelandia e Eslovaquia recibiron un gran recoñecemento pola rapidez, a decisión e a eficacia da súa respuesta nacional ante a Covid-19, así como pola maneira amable de comunicar datos de saúde pública basados en feitos.

Sen embargo, as mulleres son xefas de Estado e de goberno en tan sólo 20 países do mundo.

A raíz da pandemia da Covid-19, xurdiron novos obstáculos que se suman ós de carácter social e sistémico que persistían antes e que frenan a participación e o liderazgo das mulleres. En todo o mundo, as mulleres se enfrentan a un aumento da violencia doméstica, a tareas de cuidados non remunerados, ó desemprego e á pobreza. Pese a que as mulleres constitúen a maioría do personal de primera liña, existe unha representación desproporcionada e inadecuada de mulleres nos espazos de política nacionais e mundiais relacionados coa Covid-19.

Para defender os dereitos das mulleres e aproveitar plenamente o potencial do seu liderazgo na preparación e respuesta ante unha pandemia, débense integrar as perspectivas das mulleres e as nenas en toda a súa diversidade na formulación e aplicación de políticas e programas en todas as esferas e en todas as etapas da resposta e a recuperación ante unha pandemia.


mércores, 3 de marzo de 2021

"MICROMACHISTA EU?" - Conmemoración do Día Internacional da Muller


Iniciamos as actividades deste mes de marzo o Luns día 8 ás 12:00 horas no Auditorio do Concello cunha actividade para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

"MICROMACHISTA EU?" será levada a cabo por FELIPE DÍAZ (CAXOTO Contacontos) de A Trastenda dos Contos, e consiste nun espectáculo a medio camiño entre unha función de contos e unha charla sobre igualdade de xénero estruturado cunha metodoloxía activa e participativa onde o público deixa de ser axente pasivo e pasa a ser parte dunha mesa redonda.

Din as persoas entendidas que, tradicionalmente, quen contaba os contos nos eventos sociais, ás crianzas antes de durmir, nas lareiras... eran as mulleres. Din que eses contos eran de todo tipo e neles o protagonismo recaía indistintamente en personaxes masculinas ou femininas.

Contan tamén que quen recopilou eses contos tradicionais para publicalos en papel e facelos imperecedeiros foron case sempre homes. Din que polo camiño quedaron unha infinidade de historias cribadas nos que o protagonismo recaía na muller.

Este espectáculo devólvelle ese protagonismo á muller e reivindica unha igualdade real e efectiva na que ningunha voz sexa calada.

Convidamos a esta actividade aos alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos acompañados dos seus mestres.

VINDE A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

ESPERÁMOSVOS!!!

martes, 3 de marzo de 2020

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2020

O próximo venres 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fonteras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu dia, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde a súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

No Antigo Testamento, no libro do Génesis xa apareceu a primeira muller en revelarse contra o home. Lilith, considerada a primeira muller de Adán, revelouse na súa contra por non considerala igual a él xa que Deus os fixera iguais do mesmo pó.

"Adán e Lilit nunca acharon harmonía xuntos, pois cando el desexaba ter relacións sexuais con ela, Lilit sentía ofendida pola postura deitada que el lle esixía. «Por que hei de deitarme debaixo de ti? —preguntaba—: eu tamén fun feita con po, e por tanto son o teu igual». Como Adán tratou de obrigala a obedecer, Lilith, encolerizada, pronunciou o nome máxico de Deus, elevouse polo aire e abandonouno. Saíndo do Edén foi a dar ás beiras do mar Rojo..."

Na antiga GreciaLisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesaas parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino... e así moitísimos máis sucesos ao longo de toda a historia do mundo.

Desde BIBLIOPAZOS queremos convocar ás veciñas e veciños a unirse este 8 de marzo ás activistas de todo o mundo e a poñer cada un da súa parte o necesario para transformar as vidas das mulleres alí onde se atopen.


"Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres"




E para que vaiades preparando este importante día do ano e vos vaiades informando do gran número de mulleres que loitan pola igualdade e de cómo facelo, deixámosvos unhas imaxes das portadas dalgúns dos libros con temática relativa á muller que podedes atopar en BIBLIOPAZOS.

Podedes vir a leelos na biblioteca, a recollelos para levar para as vosas casas e gozar deles coa vosa familia; e, de paso, animar a todo o mundo para que a través da educación e a cultura se poidan conseguir canto antes os obxectivos de igualdade de xénero que perseguimos en todo o mundo.











Temos moitos, moitos máis.

Se tes interese nalgún libro concreto podes atopalo no catálogo da biblioteca facendo click AQUÍ, chamarnos ao teléfono 986 497 273, ou acercarte persoalmente pola biblioteca onde te informaremos do que necesites.



Pásate por BIBLIOPAZOS
e celebra con nós o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


domingo, 1 de marzo de 2020

"MULLER, POETA, EN GALEGO... E POLO MUNDO!" con YOLANDA CASTAÑO


Continuamos coa organización de actividades en BiblioPazos, e a próxima é a do


Mércores 4 de marzo ás 13:00 horas

na que teremos con nós no

Auditorio do Concello

á escritora e poeta


que nos traerá a actividade

"MULLER, POETA, EN GALEGO... POLO MUNDO!"

coa que conmemoraremos o


"Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 3º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e todos aqueles veciños e veciñas que queiran acercarse ao Auditorio do Concello o próximo mércores ás 13:00 horas.

Esta actividade tamén forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!


ESPERÁMOSVOS!!!

sábado, 22 de febreiro de 2020

INICIO DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO ANO 2020

Empezamos coas actividades do programa de animación á lectura e de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020.

A programación desenvolverase ao longo de todo o ano e incluirá moitas e diversas actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto intentando acaparar moitos ámbitos da educación e da cultura: ciencia, maxia, contacontos, encontros con autores, narración oral, poesía, homenaxes a autores e escritores, conmemoracións de días mundiais e internacionais, educación sobre o patrimonio local tanto inmaterial como natural, artístico, histórico; actividades de dinamización con música, teatro e danza, etc.

Como en anos anteriores, pretendemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazo de encontro para descubrir e compartir. Así intentaremos ofrecerer un conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

E tamén queremos seguir reforzando o carácter de espazo aberto da biblioteca, ao tempo que alentar a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.

Pois ben, iniciámos as actividades conmemorando o 183 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra tódolos anos o día 24 de febreiro.

E o imos facer cun espectáculo de técnica mixta de traballo de narración, interpretación e títeres denominado "A VIAXE DE ROSALÍA" que será representado pola actriz LARRAITZ URRUZOLA.

Nesta viaxe, deseñada para todos os públicos, escrita e dirixida por Lucho Penabade, "Francisca do Campo, cóntanos a historia da súa querida afillada ROSALÍA DE CASTRO. Cargada de maletas, teas, zapatos e libros, compartirá con nós a traxectoria dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Larraitz válese de monicreques de mesa de grande talla artística e das ferramentas da narración oral para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía e a súa obra literaria".

Terá lugar o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e a él están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Continuaremos coas actividades o día 4 de marzo ás 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello no que teremos con nós á escritora e poeta YOLANDA CASTAÑO  que nos traerá a actividade "MULLER, POETA, EN GALEGO... E POLO MUNDO!" coa que conmemoraremos o Día Internacional da Muller.

"Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza".


Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

E seguiremos homenaxeando á muller, traballando pola igualdade e pola nosa lingua galega  a través da participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, na que colaboramos cos seguintes espectáculos:

O mércores 11 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitará Pazos de Borbén o músico coruñes PABLO DÍAZ que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES".

"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.

Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.


O venres 13 de marzo e tamén ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitaranos o actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"

A entrada a todas estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.


VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger