Amosando publicacións coa etiqueta Dia internacional do Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia internacional do Teatro. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de marzo de 2022

"UNHA MAXIA DIFERENTE" - UN ESPECTÁCULO REIVINDICATIVO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Finalizamos as actividades de animación á lectura e dinamización e sensibilización da lingua galega programadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BiblioPazos" para o mes de marzo con este espectáculo de maxia que nos trae O MAGO PACO:

Xoves día 24 de marzo de 13:00 a 14:00 horas no Auditorio do Concello chegará a Pazos de Borbén O MAGO PACO que nos presentará "UNHA MAXIA DIFERENTE", o seu espectáculo máis reivindicativo no que participará o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
A través de distintas historias e xogos de maxia O Mago Paco traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados.

Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.

Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que:

"Ser diferente é o máis divertido e xenuino que temos os seres humanos"·
E con esta actividade conmemoramos o Día Internacional da Muller e o Día Mundial do Teatro e rematamos as do mes de marzo mentres seguimos preparando as dos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño das que vos iremos informando próximamente.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 20 de marzo de 2021

"A HORA MÁXICA" - 3ª e última sesión - Día Internacional do Teatro



O Venres día 26 de Marzo, ás 13:00 horas teremos a 3º e última sesión do espectáculo "A HORA MÁXICA" na que participarán os alumnos de 4º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e coa que rematamos neste mes de marzo de pandemia do ano 2021 as conmemoracións do 
 DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.

Neste espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom varios magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.

Con "A HORA MÁXICA" promovese a cultura segura xa que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc.

Un espectáculo divertido, participativo, máxico, ilusionante, sorprendente e, sobre todo, seguro.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!

martes, 16 de marzo de 2021

"A HORA MÁXICA" - 2ª Sesión - Día Internacional do Teatro


Xoves 18 de Marzo ás 13:00 horas teremos a 2ª sesión do espectáculo "A HORA MÁXICA" na que participarán os alumnos de 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.

Con esta actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén -  BiblioPazos para este mes de marzo de pandemia do 2021 queremos seguir conmemorando o DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.

"A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia. Desta forma promovese a cultura segura na que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo os requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro.

En definitiva, un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!


venres, 12 de marzo de 2021

"A HORA MÁXICA" - Espectáculo de maxia online - Día Mundial do Teatro


Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén -  BiblioPazos neste mes de marzo de pandemia do 2021, e agora tócalle o turno á maxia e para iso teremos con nós o espectáculo "A HORA MÁXICA" co que queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.

O Día Mundial Do Teatro foi creado polo ITI (Instituto Internacional do Teatro) e celebrouse por primeira vez o 27 de marzo de 1962, data da apertura da tempada do "Teatro das Nacións" en París. Desde entón, cada ano nesta data, o World Theatre Day (Día Mundial do Teatro) celébrase a escala mundial.

"A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.

Deste xeito promovemos a cultura e os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo uns requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro.

Haberá 3 sesións dunha duración aproximada cada unha delas de 60 minutos e terán lugar os seguintes días:

  • Martes 16 de Marzo ás 12:30 horas dirixida aos alumnos e alumnas de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
  • Xoves 18 de Marzo ás 13:00 horas dirixida aos alumnos de 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
  • Venres 26 de Marzo ás 13:00 horas dirixida aos alumnos de 4º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Tamén están convidados a participar nas sesións os usuarios e usuarias da Asociación ASPAVI.

Un espectáculo adaptado a unha nova normalidade, a un novo espazo, pero que segue sendo divertido e participativo tanto para os que o crean como para os que o gozan.

"A HORA MÁXICA" pretende ser un espazo lúdico onde os nenos e nenas poidan ter unha actividade diferente nesta nova situación que estamos a vivir. Unha canle de televisión interactiva e moderna na que as persoas que elixan ver este "programa" seguro que repetirán, xa que eles serán os protagonistas.

Un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente.


PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger