PEREGRINAXES. Viaxando con Manuel María
Texto: Lois Diéguez
Fotografías: Lois Diéguez, Paula Bergantiños, Mª Pilar García Negro, Mario Iglesias, Pomba Navarro Vázquez, Felipe Senén, Foto Vila, Fundación Bautista Álvarez.
Edición: Sermos Galiza S.A.
Xénero: Poesía - Biografías
Peregrinaxes recolle viaxes de Manuel María desde o máis próximo ao máis afastado, de Mondoñedo a Venecia; de Bande a Grecia, onde agardaba Lord Byron; da Foruxeira a Roma; de Monforte a Portugal.
O DVD que acompaña ao libro é unha versión, actualizada e reducida a menos de trinta minutos, de outro de 2005, e foi montado por Xoán Carlos Garrido e guión e dirección de Lois Diéguez. Os poemas na voz de Isidro Novo.
A riqueza maior dun poeta é ver o mundo en todas as súas caras, tendo como base principal o universo das persoas, o sentimento amplo que nos fai humanos. E así, co idioma propio dun xeito irrenunciábel, co corazón e as mans na súa tribo, na nación que intuíu un día e abrangueu en consciencia plena despois, coa súa capacidade de fábula, observación e realismo... chorou, amou, sufriu, cantou en alegría nos momentos polos que todos e todas pasamos, tanto no individual como no coral. Fuxiu das modas momentáneas sendo, pola contra, un innovador.
(Lois Diéguez)
ISBN: 978-84-608-8057-8
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa branda
Contén: 1 DVD