mércores, 24 de agosto de 2016

O COELLIÑO BRANCO


O COELLIÑO BRANCO
Adaptación: Xosé Ballesteros
Ilustracións: Óscar Villán
Kalandraka Editora, 1998
Colección: Os contos do Trasno Comodín


Xénero: Contos Infantís - Narrativa

Idade recomendada: + 3 anos

Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño. Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou. -Quén é? –preguntou un vozarrón desde dentro...

...E na busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado pola terrible cabra cabraza, que se o colle o esmagaza, o pequeno coello levará varias sorpresas...

“O coelliño branco” é un texto-fórmula concebido tanto para ser lido coma para ser contado, que xoga de forma especial coa sonoridade e a rima. Tamén reivindica a amizade e a coraxe, porque a valentía non é cuestión de tamaños.

ISBN: 978-84-95123-08-8
Nº de páxinas: 28
Encuadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger