![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiDiiBeaXjC1gJz6v8gU0T55bKgl7QgeGEY-MwlM47rYiftQRJwxNlgJxeQnoX73I5r0suw0PlUgaa52D3f3uCtRgBKHXyTU21SWUej1Fhgw4usXVqWDeIY5UIhr_6WWz8AgVPUWzxuNU7ECa5rMRn0LkaehmXZsCZQIaeXPXD9tnozirVPU3X5HvKVabs/w640-h362/foto%20grupal%20otro%20grupo%20ni+%C2%A6os1_3%C2%BA_4%C2%BA_Primaria.jpg) |
Participantes da Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria cos membros do xurado e autoridades |
Continuamos informando da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.
O acto presidiuno o Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña e nel estiveron tamén presentes os concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; a Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e os membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.
Neste ocasión toca informar da entrega de premios aos participantes da:
CATEGORÍA D.- ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA:
O Primeiro premio foi para o traballo presentado baixo o título “DE CERO A DEZ” e o pseudónimo de “FELIPE”, presentado por ROI CAGIGAS BLANCO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.
Para ver o traballo fai CLIC no título
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh-vgfVpy5eibLZdwrcM5ixEwDDSG5JUtgFBMRQA48Y1jhuIBUA1VlAUoo6jtvupF8qfemMZcZhOZfQtLOpAppFBH7CE5KLjk5uHuleN1Q-aogdCqV0Zdq9KrnhmUFW_GE4d5gTnu4QsX-KDlV8zWXYsPd8rkg0bB4XE_kADfA5jfNd2FTzbbVlX8oThvk/w640-h376/foto%20otro%20grupo%20ni+%C2%A6os1_3%C2%BA_4%C2%BA_Primaria_1%C2%BA%20Premio.jpg) |
A escritora e membro do xurado Dª Andrea Barreira Freije entrégalle o premio a Roi Cagigas Blanco |
Segundo
premio outorgado ao traballo presentado baixo o título “O ARMARIO ENCANTADO” e o pseudónimo de “FILIPINERO”, presentado por MANUEL
AMOEDO FRAGUEIRO, de 8 anos,
estudante de 3º de Primaria.
Para ver o traballo fai CLIC no título
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgh907xbWThMZWAClHqs3a7p9axl5trU9Sva3G3X40yG31VKOgWud5qDxJeGi30Uw76ufOAJyQSe4uBgJpp-sd-UkG3K5g8J3DWwmmBrUhqmNnOpTYlc4UlyRS3rs4cjTjl2wwwSDW5P7KEKmm7o-Gyq3Rm24lbnrt6OqEEXR1xBKCaBBaFZpODqwCJVeo/w640-h396/foto%20otro%20grupo%20ni+%C2%A6os2_3%C2%BA_4%C2%BA_Primaria_2%C2%BA%20Premio.jpg) |
Manuel Amoedo Fragueiro recibe o premio que lle entrega o escritor e membro do xurado Miguel Anxo Alonso Diz |
O xurado premiou con Accésits nesta categoría aos traballos
seguintes:
Traballo presentado baixo o título “O DEBUXO SEN COR” e o pseudónimo de “CORAZÓN”, presentado por ROSA VEIGA ARAUJO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.
Para ver o traballo fai CLIC no título
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiEgsPt_JCQHs89zOXKMGLpsOHjEWV8pxxkXIy8P_weFVyewm-nkAt-vkatka08168x4vu2WQVpXqmk0NRjLxcGsmhUVtyf9R4EE-Ub0Pe4KuJNin55Oc2e5SkL1i4NkYqXE2nNxZJRkhBzC49wp2h99N0uecC4-Rj2kswxrZCp-Iu3mbNHrzWv3bagKqs/w640-h400/foto%20otro%20grupo%20ni+%C2%A6os3_3%C2%BA_4%C2%BA_Primaria_Acc%C3%A9sit%20Rosa%20Araujo.jpg) |
O Alcalde do Concello Xosé Luciano Otero Camiña entrégalle o premio a Rosa Veiga Araújo |
Traballo presentado baixo o título “O LOBISHOME DE PAZOS” e o pseudónimo
de “BELLINGHAM”, presentado por ASIER DA SILVA
JUAN, de 9 anos, estudante de 4º de Primaria.
Para ver o traballo fai CLIC no título
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjuERHzsxy3cvZoLentd60Y4TeZ9U4ROceCMXugL2WKC7Bg1vv2mhj2j-yD35jSeJ4DjH0s391RelztoQU2s_MwNzDc97PyCqniRYrVuNKYI4ktV0KAEdmjOOIOLNl2CpAHFzkom8mASZP5lQFjJEr_PwK3d2KhRTebS2DN8s107in4cZyAYSglSeSgrKQ/w640-h390/foto%20otro%20grupo%20ni+%C2%A6os4_3%C2%BA_4%C2%BA_Primaria_Acc%C3%A9sit%20Asier.jpg) |
Asier Da Silva Juan recolle o premio entregado polo mestre do CPI "Curros Enríquez" e membro do xurado D. Manuel González Pastoriza |
Finalizada a lectura dos premiados chamouse
un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para
entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro
de agasallo.
Entregouse tamén un lote de libros para as aulas de 3º e 4º de
Primaria.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhyRrW-QgYgABn9zN1aDQKWqzF4oRCNUXbWC9Tqhk5SI-JfcOibHdGI4kv0jniAxa7W9UXoBjO-5XaRQbXhFuFZQ3eV3Dm-UXEnFOz8-41YmMxNGvhk5z542NaqLkaNZpVoQOLew_Zag0Pevx-ztUIeAeJ7N2Ffqlola8QdkEa3nzxUAiSQgypRrkglRQw/w640-h416/foto%20otro%20grupo%20ni+%C2%A6os18_3%C2%BA_4%C2%BA_Primaria.jpg) |
Recollendo os lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria entregados por Dª. Uxía Porritt Lueiro |
NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e das restantes categorías serán publicadas en novas noticias que sairán nos próximos días.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA