NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 18 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (2) CATEGORÍA B: ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL - EEI "A GALERIÑA" DE NESPEREIRA

E seguimos informando sobre a entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén que tivo lugar pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e no que participaron os presentados ao certame ademáis de mestres, monitores e algúns veciños e veciñas.

O acto estivo presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña acompañado polo concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame.

Despois de diversas intervencións por parte dos membros do xurado, da Deputada provincial e do Sr. Alcalde procedeuse polo secretario á entrega dos premios outorgados polo xurado aos galardoados e galardoadas.

Na CATEGORÍA B.- ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL non puideron asistir á gala do día 19 de decembro no Auditorio do Concello os rapaces e rapazas da EEI "A Galeriña" de Nespereira, polo que ao día seguinte o Sr. Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña acompañado da Concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira e do Secretario do xurado, achegáronse á escola para entregarlles ao alumnado os premios, diplomas e agasallos correspondentes.

O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña e a Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira na entrega de premios ao alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
O xurado premiou con Accésit nesta categoría os traballos do alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira seguintes:

Traballo presentado baixo o título “XOGANDO XUNTOS” e o pseudónimo de “VELOZ”.presentado por ROI PAZOS CAMIÑA, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.

Para ver o traballo fai CLIC no título.

A Concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira entrega o seu premio a Roi Pazos Camiña.

Traballo presentado baixo o título “O AMIGO DO XABARIL” e o pseudónimo de “JABALÍ” presentado por JOSE LUIS BARCIELA DOMINGUEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.

Para ver o traballo fai CLIC no título.

José Luis Barciela Domínguez recibe o seu diploma e o lote de libros da man do Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña
De seguido chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles a cada un deles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.

A mestra Elvira recollendo o lote de libros para a escola.
Entregouse tamén un lote de libros para a escola por presentar ao certame máis de catro participantes. O lote foi recollido pola mestra Elvira.

Por último comentar que o alumnado desexou ao Sr. Alcalde e acompañantes Bo Nadal entregándolles unhas postais para a Alcaldía e a Biblioteca.

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e doutras categorías publicaránse en novas noticias que sairán nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio  o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger