NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 19 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (4) CATEGORÍA D: ALUMNADO DE 3º e 4º DE PRIMARIA

Participantes da Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria cos membros do xurado e autoridades

Continuamos informando da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os  presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

O acto presidiuno o Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña e nel estiveron tamén presentes os concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; a Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e os membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Neste ocasión toca informar da entrega de premios aos participantes da:

CATEGORÍA D.- ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA:

O Primeiro premio foi para o traballo presentado baixo o título “DE CERO A DEZ” e o pseudónimo de “FELIPE”, presentado por ROI CAGIGAS BLANCO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.

Para ver o traballo fai CLIC no título

A escritora e membro do xurado Dª Andrea Barreira Freije entrégalle o premio a Roi Cagigas Blanco

Segundo premio outorgado ao traballo presentado baixo o título “O ARMARIO ENCANTADO” e o pseudónimo de “FILIPINERO”, presentado por MANUEL AMOEDO FRAGUEIRO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Manuel Amoedo Fragueiro recibe o premio que lle entrega o escritor e membro do xurado Miguel Anxo Alonso Diz

O xurado premiou con Accésits nesta categoría aos traballos seguintes: 

Traballo presentado baixo o título “O DEBUXO SEN COR” e o pseudónimo de “CORAZÓN”, presentado por ROSA VEIGA ARAUJO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

O Alcalde do Concello Xosé Luciano Otero Camiña entrégalle o premio a Rosa Veiga Araújo

Traballo presentado baixo o título “O LOBISHOME DE PAZOS” e o pseudónimo de “BELLINGHAM”, presentado por ASIER DA SILVA JUAN, de 9 anos, estudante de 4º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Asier Da Silva Juan recolle o premio entregado polo mestre do CPI "Curros Enríquez" e membro do xurado D. Manuel González Pastoriza

Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo.

Entregouse tamén un lote de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria.

Recollendo os lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria entregados por Dª. Uxía Porritt Lueiro

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e das restantes categorías serán publicadas en novas noticias que sairán nos próximos días.


Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger