E dalle que dalle coas informacions da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.
O Alcalde do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña presidiu o acto acompañado dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.
Agora informamos da entrega de premios aos participantes da:
CATEGORÍA F.- ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO:
|
Participantes da Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO coas autoridades e membros do xurado |
Primeiro
premio
ao traballo presentado baixo o título “O PACTO DE BORBÉN” e o pseudónimo de “AGATHA
LÓPEZ”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ALEJANDRA ACERO MEILÁN, de 13
anos, estudante de 2º de ESO.
Para ver o traballo fai CLIC no título
|
Alejandra Acero Meilán recibe o premio que lle entrega o Sr. Alcalde de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña |
Segundo
premio
ao traballo presentado baixo o título “120 SEGUNDOS” e o pseudónimo de “LCM”.
Aberta a plica correspondeu a autoría de LUCAS
CASTRO MAESTÚ, de 13 anos,
estudante de 2º de ESO.
Para ver o traballo fai CLIC no título
|
Lucas Castro Maestú recibe o premio de mans da escritora Dª Andrea Barreira Freije |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo
seguinte:
Traballo presentado baixo o título “MELLORES AMIGOS” e o pseudónimo de “TORTUGA”. Aberta a plica correspondeu
a autoría de ROI MÍGUEZ COMESAÑA, de
12 anos, estudante de 1º de ESO.
Para ver o traballo fai CLIC no título
|
O escritor Miguel Anxo Alonso Diz entrégalle o premio a Roi Míguez Comesaña |
Finalizada a lectura dos premiados chamouse un
por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para
entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro
de agasallo; así como uns lotes de libros para as aulas de 1º e 2º de ESO.
|
Dª Uxía Porritt Lueiro entrégalle os lotes de libros para as aulas 1º e 2º de ESO ao mestre D. Manuel González Pastoriza |
NOTA: Seguiremos publicando os datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes do resto das categorías en novas noticias que sairán publicadas nos próximos días.
Esta actividade forma parte do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.