Renovación do equipamento informático
Dende fai uns días xa está a pleno rendemento o novo equipamento informático da Aula Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal BIBLIOPAZOS co que o concello renovou as instalacións.
Dende fai uns días xa está a pleno rendemento o novo equipamento informático da Aula Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal BIBLIOPAZOS co que o concello renovou as instalacións.
![]() |
Aula Informática |
O Concello de Pazos de Borbén moderniza este servizo público coa adquisición de quince ordenadores que
sustituíron aos existentes dende fai 8 anos, e segue apostando firmemente polo uso de internet e a difusión, mellora e fomento das novas tecnoloxías a través da posta a disposición gratuíta deste equipamento e da organización de actividades de formación e alfabetización dixital para a poboación do municipio.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEirfChHoStFg3LLn-NqM6QSlLW7H4MwwHPDGoO-xS6abnkwp3Y1Hi-EiHXXyoPD4oM8cL0i_M2kUky9MQ_TVdJeVloTVQHd6pnVplKxKi4GqXSme1LvkqT65P3ShAxuUaC0qOCKXNq92qzt/s1600/WP_20141010_007-2.jpg)
Este ano organizáronse sete cursos de formación dentro do Programa de Formación Cidadán 2014 do concello dirixidos á poboación en xeral maior de 16 anos, ademáis dos organizados en colaboración coa Asociación ASPAVI e co Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos nos que participaron os alumnos de Primaria do colexio e os usuarios da asociación.
![http://bibliopazos.blogspot.com.es/2013/12/cursos-de-formacion-2014.html](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi1xNFFv-YkzR3ZsmZ1ZpGB85uI8Xq1QEtqcAkPkP82JYbLV5qoVzGBaatsbK6RcAAOo2Zxu1wJLqJdXDTb4KVJ1UP3OvssLI9ggaHSuyenPOj_Oy5sNSxCUW8ocXLIXnfSt-nQAGq_ZCJ9/s1600/CARTEL+DE+CURSOS+2014-4color.jpg)
Nos próximos días terá lugar o inicio do curso de Redes Sociais: Facebook e Twitter e o de Creación de Blogs con Blogger nos que figuran inscritas 54 persoas de diferentes idades.
O nivel de aceptación destas actividades formativas foi, como en edicións anteriores, moi elevado cubríndose todas as prazas ofertadas e as expectativas de asistencia aos mesmos, tendo que facer grupos para poder ofrecer unha formación máis personalizada e que cada alumno puidera dispoñer individualmente dun ordenador.
Curso Busca Activa de Emprego |
Das novas actividades formativas que se están preparando para o ano 2015 informaremos puntualmente a través do blog de BIBLIOPAZOS, do Facebook e dos medios habituais de publicidade do concello.
¡ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!