E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 7 de xullo de 2025

Contacontos "CANTAREIRAS. Poesía polular das Letras Galegas" na Área Recreativa do Torreiro de Festas de Nespereira


Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos organizando actividades para este verán.

A próxima será o Contacontos "CANTAREIRAS: Poesía popular nas Letras Galegas", que nos traerán Quique Mauricio e Carlos Taboada do colectivo POLO CORREO DO VENTO o proximo Domingo 13 de Xullo a partir das 19:00 horas na Área Recreativa do Torreiro de Festas de Nespereira.

A función está patrocinada pola DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA que ofrece de balde aos concellos da provincia esta actividade co fin de divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras para a conservación e difusión da lingua galega.

Nela, percorrerase a biografía destas mulleres (personificadas nalgunhas figuras como as de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e mais Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica) dun xeito ameno e participativo.

Tamén interpretarán as pezas que cantaban estas mulleres, ademais de pezas propias de cada unha das localidades onde se desenvolvan as accións, e o contaconto rematará cun obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas terán que realizar unha caricatura dunha pandeireteira.

Convidamos a todas as nenas e nenos a que asistan acompañados das súas nais, pais, avoas, avós... a esta sesión dominical que se realizará no entorno incomparable do Torreiro de Festas de Nespereira durante a celebración das Festas do Carme e como complemento ás actividades organizadas pola Comisión de Festas.

Aconséllase aos interesados que queiran participar nesta actividade a que leven lápices ou ceras de cores e un folio en branco por cada persoa.

EN BIBLIOPAZOS, A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger