Ola de novo seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".
O pasado venres 19 de setembro informbamos a través deste Blog e das Rede Sociais da Biblioteca das actividades que se vamos a levar a cabo en Setembro e de Outubro incluídas no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2025 "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E CERTAME DE RELATO CURTO"; financiadas polo Concello e polo Sevizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
E como comentabamos nesa noticia temos organizadas novas actividades para as vindeiras semanas nas que poderá participar todo o alumnado
de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio
que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos
colexios públicos do concello durante os cursos 2024/2025 e/ou 2025/2026; e
tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade
Funcional que teñan a súa sede e actividade en de Pazos de Borbén.
Agora publicamos a CONVOCATORIA do “VII CERTAME DE RELATO
CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" no que, como en anos anteriores,
haberá sete (7) categorías para poder participar:
- Categoría A: Persoas con diversidade funcional
- Categoría
B: Alumnado
de Educación Infantil
- Categoría
C: Alumnado
de 1º e 2º de Primaria
- Categoría
D: Alumnado
de 3º e 4º de Primaria
- Categoría
E: Alumnado
de 5º e 6º de Primaria
- Categoría
F: Alumnado
de 1º e 2º de ESO
- Categoría
G: Alumnado
de 3º e 4º de ESO
O Prazo de presentación dos traballos abrirase o 1
de Outubro e rematará o 14 de Novembro de 2025.
Cada
participante poderá presentar un único traballo que deberá ser orixinal, inédito,
ESCRITO EN LINGUA GALEGA e
non premiado.
Na Categoría A: Persoas con diversidade funcional
poderán presentar un debuxo nunha
folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou máis frases alusivas ao
mesmo; ou un relato escrito que se entregará en formato A4 por unha soa
cara, manuscrito en letra clara ou ben impreso en tipo de letra Arial, tamaño 14
puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e
máxima de dúas (2) páxinas.
Na Categoría B:
Alumnado de Educación Infantil poderán presentar un debuxo nunha folla
tamaño A4 por unha soa cara.
As persoas participantes na Categoría C:
Alumnado de 1º e 2º de Primaria poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa
unha ou dúas frases alusivas ao debuxo presentado.
E nas restantes
categorías deberán presentar os
traballos en papel e entregaranse en formato A4 por unha soa cara, manuscritos
en letra clara ou ben impresos en tipo de letra Arial, tamaño 14 puntos e
entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de
catro (4) páxinas.
A temática dos relatos será LIBRE se ben valorarase que incida preferentemente nas seguintes
materias:
- A igualdade, a diversidade, a tolerancia, o respecto e
a prevención da violencia de xénero como
valores esenciais para a convivencia entre homes e mulleres.
- A recollida de historias e lendas locais transmitidas
oralmente de avós/avoas, a pais/nais,
a fillos/as e a netos/as que favorezan o coñecemento do patrimonio inmaterial de Pazos de Borbén.
- A recollida de toponimia e microtoponimia dos lugares,
barrios e parroquias do concello.
Haberá
dous premios por cada categoría que consistirán en:
Categoría A:
Persoas con diversidade funcional
- 1º premio: Unha tableta electrónica + un lote de
libros.
- 2º premio: Un lote de libros.
Categoría B:
Alumnado de Educación Infantil
- 1º premio: Un lote de libros
- 2º premio: Un lote de libros.
Resto das
categorías (C, D, E, F e G):
- 1º premio: Unha tableta electrónica + un lote de
libros.
- 2º premio: Un lote de libros.
Co
obxecto de fomentar a lectura en lingua galega e o traballo cooperativo
entregarase tamén un lote de libros a cada unha das aulas do colexio e aos
centros de atención a persoas con diversidade funcional que presenten máis de
catro participantes ao certame. Todos os participantes non premiados recibirán
un libro de agasallo.
Para mais información sobre o "VII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" podes descargar as BASES do certame facendo click AQUÍ.
Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais,
nais e demais familiares do alumnado e dos usuarios da Asociación ASPAVI para que
os estimulen a escribir e e a debuxar para participar neste nova convocatoria
do certame que chega a súa 7º edición.
Co obxecto de facilitar a participación no VII CERTAME DE RELATO
CURTO DE PAZOS DE BORBÉN, temos organizado varios Obradoiros de Creación Literaria que se desenrolarán entre os meses de setembro e outubro e dos que iremos informando nos vindeiros días.
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.