Realizarase nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas entre os días 25 de Setembro e 23 de Outubro.
Dando continuidade aos obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR” realizados en anos anteriores, neste novo obradoiro ensínase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.
Búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua. Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.
Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:
- Incentivar
a creatividade e o valor da orixinalidade.
- Estimular
a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o
aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio
histórico), como inmaterial.
- Asociar
a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de
aprendizaxe.
- Enlazar
elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a
narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno
familiar.
- Incentivar
a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
- Escribir
como ferramenta de expresión dun mesmo.
- Fomentar
o uso da lingua galega.
- O
emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora
na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.
Os obradoiros están estruturados en cinco niveis:
- Primeiro nivel: Ciclo de Infantil
- O soño
de Esther.
- Narrar
a través da imaxe.
- Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria
- O soño
de Emma.
- Que é o
protagonista?
- A nosa
propia historia. Debuxamos.
- Terceiro nivel: 3º e 4º de Primaria
- Soñamos
en grupo. (Escrita, debuxo e teatro).
- O
relato máis curto do mundo.
- Cuarto nivel: 5º e 6º de Primaria
- Soñamos
en grupo.
- Estimularase
a creación literaria a través do uso de diferentes técnicas de expresión
artística.
-Quinto nivel: Colectivos de persoas con diversidade
funcional
- Unha
sesión de soños.
- Dos
contos ao papel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.