E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 10 de abril de 2012

Obradoiros de Bookcrossing

Os alumnos de 1º da ESO e 6º de PRIMARIA do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos liberaron 95 libros nos obradoiros de “Bookcrossing” realizados os días 28 e 30 de marzo na Aula Informática da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”.


Alumnos 6º primaria
 
Despois de ter rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing.com/ todos os libros, estes foron etiquetados e distribuídos polas zonas de cruce por todo o concello.
 
Finalmente, nas zonas de cruce, puxéronse a disposición dos usuarios 23 libros no Centro Público Integrado “Curros Enríquez”, 12 na Biblioteca Pública Municipal, e 10 na Casa do Concello, na parroquia de Pazos.
 
Na parroquia de Amoedo entregáronse 11 exemplares na Casa do Pensionista; no Centro Recreativo Cultural da parroquia de Moscoso foron liberados 18 libros; e na Casa da Cultura da parroquia de Nespereira distribuíronse 21 libros.
 
Dende o Concello, a Biblioteca Pública Municipal, o CPI de Pazos e todas as asociacións participantes anímase aos veciños e veciñas a participar desta interesante actividade de animación á lectura durante todo o mes de abril no que tamén se conmemorará o próximo día 23 o “Día Internacional do Libro”.
 
Na Biblioteca Pública Municipal disponse de etiquetas, que serán entregadas gratuitamente a todos aqueles que o soliciten e veñan con algún libro rexistrado na web http://www.bookcrossing.com/ e co seu código correspondente.
 
Con esta actividade o Concello de Pazos convírtese no municipio da provincia de Pontevedra onde mais exemplares foron liberados por esta modalidade de Bookcrossing, superando a concellos como os de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Poio, Marín e Vigo.
 
Ademais a nivel de toda España este número de exemplares soamente son superados nas provincias de Barcelona, Illas Baleares, Illas Canarias, Madrid, Ourense, Sevilla e Zaragoza.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger