sábado, 13 de maio de 2017

TORIBIO REVOLUCIONA O TRÁFICO


TORIBIO REVOLUCIONA O TRÁFICO
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Penélope Ares

Editorial Galaxia, S.A. 1994

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos


A visita á Casa das Ciencias da Coruña sérvelle a Toribio para revolucionar o tráfico.

Como xa explicamos na aventura titulada Toribio ten unha idea, o invento do Adiantador Lineal de Seguridade ocorréuselle a Toribio o día que foi cos seus pais a visitar a Casa das Ciencias da Coruña.

ISBN: 84-7154-907-7
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa blanda



SETE CAVEIRAS

SETE CAVEIRAS
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección:  Narrativa
4ª Edición, febreiro 2016

Xénero: Literatura Galega - Novela negra e intriga

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida.

Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe.

Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado... Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe.

Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta.

Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.

ISBN: 978-84-9914-569-3
Formato: 14,5 x 22 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 200


venres, 12 de maio de 2017

HEMINGWAY EN GALICIA


HEMINGWAY EN GALICIA
Autor: Carlos Casares

Editorial Galaxia, S.A. 1999

Xénero: Biografías

Hemingway en Galicia é a crónica dunha experiencia persoal e a especial homenaxe que Carlos Casares lle rende ao grande escritor norteamericano. Seguindo a pegada das referencias que Hemingway facía a Galicia en textos literarios e cartas —froito das súas visitas entre os anos 1921 e 1933—, Casares busca descifrar o misterio que se esconde detrás daquelas alusións. 

O resultado é un relato sorprendente escrito coa prosa amena e precisa de Carlos Casares e ilustrado con numerosas fotografías da época. Este libro de capa dura inclúe tamén as cartas de Hemingway nas que se refire a Galicia.

ISBN: 84-8288-317-8
Nº de páxinas: 97
Encadernación: Tapa dura

AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS

AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS 
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa 

Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. 

Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora.

Aqueles días en que eramos malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes.

A novela máis ambiciosa de Inma López Silva. 

ISBN: 978-84-9865-720-3 
Páxinas: 424 
Encadernación: Rústica con lapelas 
Formato : 13,5 x 21 cm


xoves, 11 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL



A GALIÑA AZUL
Autor: Carlos Casares
Debuxos: Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso 
Colección: Árbore-Os Duros (1ª edición, 3ª impresión, 2017)
Editorial Galaxia S.A. 

Xénero:  Literatura Galega - Contos Infantís 

Este libro foi escrito para Ana, unha nena que se foi de Galicia cando tiña dous anos. Para que non esquecese a súa terra, e para que soubese das cousas que acontecían na súa ausencia. 

O narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros.

Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, "non é unha galiña como é debido". 

Velaquí un pequeno clásico da literatura infantil galega recuperado na súa edición orixinal, coas ilustracións dos fillos de Xohán Ledo. 

ISBN : 978-84-9865-010-5 
Páxinas : 36
Deseño : Cartoné
Dimensións : 155 x 190

SI ESTO ES UN HOMBRE

SI ESTO ES UN HOMBRE
(Trilogía de Auschwitz 1)
Autor: Primo Levi
Traducción: Pilar Gómez Bedate
El Aleph Editores - Grupo Editorial 62, SLU
7ª impresión: enero 2016
Colección: Contemporánea | Serie Narrativa

Género: Literatura en castellano - Ensayo

Temática: Historia | Segunda Guerra Mundial

Un libro conmovedor de un hombre con una indestructible fe en la razón.

Si esto es un hombre, el libro que inaugura la trilogía que Primo Levi dedicó a los campos de exterminio, surgió en la imaginación de su autor durante los días de horror en Auschwitz, cuando la principal preocupación de los prisioneros era que, de sobrevivir, nadie creería la atrocidad de la historia vivida.

Los campos de concentración y exterminio, más que resguardados por las alambradas y los guardias, lo estuvieron por su propia monstruosidad, que los hacía inconcebibles.

ISBN: 978-84-15325-91-8
Nº de páginas: 224 págs.
Encuadernación: Tapa blanda

mércores, 10 de maio de 2017

TORIBIO CONTRA O PROFESOR SMITH


TORIBIO CONTRA O PROFESOR SMITH
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Penélope Ares

Editorial Galaxia, S.A. 1991

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos


Os inventos de Toribio impedirán que o profesor Smith convirta a Basílica de San Pedro de Roma nun edificio de Manhattan.

Un dos libros da serie protagonizada por Toribio e creada por Carlos Casares para achegarse aos máis pequenos con historias divertidas e construtivas.

ISBN: 84-7154-791-0
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa blanda



martes, 9 de maio de 2017

VENTO FERIDO


VENTO FERIDO
Autor: Carlos Casares

Editorial Galaxia, S.A. 1997
Colección: Literaria

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase con Vento ferido

Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.

ISBN: 84-8288-109-4
Nº de páxinas: 91
Encadernación: Tapa blanda




O MISTERIO DE PORTOMARÍN

O MISTERIO DE PORTOMARÍN 
Autora: Antía Yáñez Rodríguez
Ilustracións: Kristina Sabaite
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +12 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa 

Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre. 

Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido… como a vila que descansa debaixo das augas do encoro. 

Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz… 

ISBN: 978-84-9151-021-8 
Nº de páxinas: 240 
Encadernación: Rústica 
Formato: 13 x 20 cm

luns, 8 de maio de 2017

TORIBIO E O CONTADOR DE CONTOS


TORIBIO E O CONTADOR DE CONTOS
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Penélope Ares

Editorial Galaxia, S.A. 1991 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos

Toribio ten que axudarlle á súa amiga Sara, inventora do Contador de Contos con Efecto Retardado, ante unha sabotaxe do profesor Smith.

Un dos libros da serie protagonizada por Toribio e creada por Carlos Casares para achegarse aos máis pequenos con historias divertidas e construtivas. 

ISBN: 84-7154-820-8
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa blanda


PITUXA, A FANTÁSTICA NENA DA CACA DE OURO (escrita por un bolígrafo)

PITUXA, A FANTÁSTICA NENA DA CADA DE OURO (escrita por un bolígrafo)
Autor: Marcos López Concepción
Ilustracións: Lidia Nokonoko
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +12 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa 

A Pituxa ninguén lle fai caso. 

A súa familia é pobre. Pero moito!

Mais un día empeza a facer unha caca moi especial. De ouro!

E agora todos queren a Pituxa.

Sobre todo, certos banqueiros e algunhas persoas emocionadas pola súa… particularidade. 

ISBN: 978-84-9151-013-0 
Nº de páxinas: 304 
Encadernación: Rústica 
Formato: 13 x 20 cm


domingo, 7 de maio de 2017

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

17 DE MAIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017



Dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega –Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano “DIA DAS LETRAS GALEGAS” como data para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega”, cada ano, nesa data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
 
 Nese ano (1963) celebrábase o centenario da publicación do libro “CANTARES GALLEGOS” de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle adicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero.
 
Foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque “CANTARES GALLEGOS” foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
 
Para saber máis sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, clica AQUÍ.
 
Neste ano 2017 o autor homenaxeado con este motivo é o escritor CARLOS CASARES MOURIÑO.
 
Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Prosista en distintos xéneros, o humor e a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que lle afectan ao mundo actual constitúen os trazos máis característicos do seu estilo narrativo e ensaístico, que lle reportou un gran recoñecemento do público e da crítica.
 
Alén do seu talento literario, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do país e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega.
 
Para saber máis sobre CARLOS CASARES, fai clic sobre a fotografía do autor. 
 
Para ver as obras de CARLOS CASARES dispoñibles na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos, fai clic na seguinte imaxe:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042&Valores=DACASARES,%20Carlos

 FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LEVA OS LIBROS DE CARLOS CASARES PARA LER NA TÚA CASA.

Fonte: Fundación Carlos Casares - Real Academia Galega - Galiciadigital.com

A VIDA DO PADRE SARMIENTO


A VIDA DO PADRE SARMIENTO
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia, S.A.
Colección: Letras galegas

Xénero: Biografías

Carlos Casares ten no seu haber varias biografías escritas de maneira que os datos e os feitos da personalidade da que fala non afogan a parte máis humana, curiosa e amena da súa vida. Daí que concebira este libro sobre o Padre Sarmiento «como unha novela ou un conto fácil de ler». Ofrece a visión da obra deste frade que naceu circunstancialmente en Villafranca do Bierzo (León) de pais galegos, que regresaron á súa Pontevedra natal cando el só tiña uns poucos meses. 

Casares da tamén a visión do home, a parte humana «dunha personalidade extraordinaria e descoñecida, que foi un adiantado ó seu tempo e moi moderno» en aspectos coma estar a favor da educación da muller, contra da pena de morte, cunha concepción progresista do ensino ou da agricultura. O escritor e presidente do Consello da Cultura sentiu dende sempre interes pola vida e a obra de Sarmiento

Este libro é froito das anotacións feitas ó longo do tempo, «e sobre todo -contou Casares- porque me chamou a atención que no medio de calquera tema falaba de si mesmo».





ALÉN DA AVENTURA

ALÉN DA AVENTURA 
Autor: Carlos Vila Sexto
Ilustracións: Roberto Vila Rodríguez
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +10 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa 

É o libro co que Carlos Vila Sexto gañou o V Premio Rúa Nova de narracións xuvenís cando era un rapazolo moi moi moi novo.

Agora recuperamos nesta nova edición un libro que continúa sorprendéndonos pola súa frescura e, sobre todo, pola intriga... 

O autor narra unha historia apaixonante e divertida, unha historia de amizade e perigos. 

Relato de aventuras no que se dosifican con moi bo criterio a realidade e a fantasía e que prende a atención do lector desde a primeira e a derradeira páxina. A graza dos seus personaxes e diálogos, a construción dos distintos episodios, as contínuas alternativas de acción, a complicidade establecida entre narrador e lector, converten este libro no prometetor punto de partida dun escritor novo e sorprendente. 

Unha narración adscrita ao xénero fantástico e de aventuras, cunha innegable influenza cinematográfica e un bo manexo de recursos. 

ISBN: 978-84-9865-638-1
Nº de páxinas: 172
Encadernación: Rústica
Formato: 13 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger