A VIDA DO PADRE SARMIENTO
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia, S.A.
Colección: Letras galegas
Xénero: Biografías
Carlos Casares ten no seu haber varias biografías escritas de maneira que os datos e os feitos da personalidade da que fala non afogan a parte máis humana, curiosa e amena da súa vida. Daí que concebira este libro sobre o Padre Sarmiento «como unha novela ou un conto fácil de ler». Ofrece a visión da obra deste frade que naceu circunstancialmente en Villafranca do Bierzo (León) de pais galegos, que regresaron á súa Pontevedra natal cando el só tiña uns poucos meses.
Casares da tamén a visión do home, a parte humana «dunha personalidade extraordinaria e descoñecida, que foi un adiantado ó seu tempo e moi moderno» en aspectos coma estar a favor da educación da muller, contra da pena de morte, cunha concepción progresista do ensino ou da agricultura. O escritor e presidente do Consello da Cultura sentiu dende sempre interes pola vida e a obra de Sarmiento.
Este libro é froito das anotacións feitas ó longo do tempo, «e sobre todo -contou Casares- porque me chamou a atención que no medio de calquera tema falaba de si mesmo».
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.