Amosando publicacións coa etiqueta Dia das Letras Galegas 2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia das Letras Galegas 2017. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de maio de 2017

RAMON PIÑEIRO

RAMÓN PIÑEIRO
Autor: Carlos Casares
Deseño gráfico: Xesús Fraga
Edita: Centro Ramón Piñeiro, 1996
Contido: Libro + 1 videocasete (VHS)
 
Xénero: Biografías

A figura de Ramón Piñeiro foi clave no difícil paso do deserto do galeguismo a través da ditadura de Franco.

Entre as persoas ás que máis marcou o intelectual de Láncara estivo Carlos Casares, que lle dedicou en 1996 este breve volume editado pola Xunta de Galicia.

Casares segue nestas páxinas a quen fora en tantos aspectos o seu mestre, a través dos seus primeiros anos como estudante; o compromiso político previo á confrontación armada; a Guerra Civil, a derrota e a cadea; e a reorganización do galeguismo na Compostela dos anos 50 e 60, nos que a mesa-camilla da súa casa na rúa Xelmirez foi fundamental.

O texto narra as experiencias clandestinas, case de novela de espías, de quen foi en boa parte o tecedor da reincorporación do galeguismo á vida pública no último franquismo e na Transición, e detense nas vivencias, compartidas con Casares, do primeiro parlamento autonómico, do que os dous formaron parte como independentes integrados na lista do PSOE. 

Ramón Piñeiro é un retrato tenro e próximo dunha figura clave para entender a historia recente de Galicia, feito por alguén que viviu en primeira persoa algunhas das vicisitudes que se narran.

D.L.: LU 140-1996
Nº de páxinas: 95
Formato: 10 x 19 cm
Encadernación: Rústica con solapas 


mércores, 24 de maio de 2017

CAMBIO EN TRES

CAMBIO EN TRES
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia S.A.
Colección : Literarira - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Cambio en tres, publicada no ano 1969, é a primeira novela de Carlos Casares que inaugura no ano 2004 a Biblioteca Carlos Casares.

O mundo da emigración é abordado nesta novela cun xorne innovador e mesmo experimental a través do personaxe de Lisardo, que retorna a Galicia para asistir ao enterro dun amigo da infancia.

Narración directa e de grande expresividade, cun monólogo interior magnificamente logrado, que esta nova edición recupera coas correccións realizadas polo propio autor antes do seu falecemento.

ISBN: 978-84-8288-670-3
Páxinas: 116
Deseño: Rústica con lapelas
Dimensións: 13,5 x 21 cm

martes, 23 de maio de 2017

OS CONTOS DA CAMPAÑA (2)

OS CONTOS DA CAMPAÑA (2)
Autores: Carlos Casares, Ursula Heinze, Xoán Babarro, Magdalena de Rojas, Carmela Otero
Ilustracións: Manuel Uhía
Edita: Consellería de Cultura e Xuventude - Xunta de Galicia
Colección: VII Campaña de fomento da lectura

Xénero: Literatura Galega - Contos

Este volumen do libro "Os contos da campaña" inclúe catro contos infantís maxistralmente ilustrados por Manuel Uhía. Os títulos son:

-Lolo aprende a andar en bicicleta de Carlos Casares.
-O monstruo de Úrsula Heinze.
-O vioclín da princesa Bratarina de Xoán Babarro González.
-O galiñeiro de don Ramón de Magdalena de Rojas Silva e Carmela Otero Rivas.

Unha pequena mostra da extensa Literatura Infantil Galega para animar aos mais cativos a ler.

ISBN: 978-84-453-0366-X
Nº de páxinas: 44
Formato: 20 x 24 cm


luns, 22 de maio de 2017

OS MORTOS DAQUEL VERÁN

OS MORTOS DAQUEL VERÁN
Autor: Carlos Casares 
Editorial Galaxia S.A., 2009
Colección: Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

O pulo por acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora, son as forzas que inspiran Os mortos daquel verán, publicada por Carlos Casares no ano 1987.

A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraodinaria solvencia narrativa.

ISBN : 978-84-8288-621-3
Páxinas : 144
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm

domingo, 21 de maio de 2017

DEUS SENTADO NUN SILLÓN AZUL

DEUS SENTADO NUN SILLÓN AZUL
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia S.A., 2005
Colección: Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Unha novela fundamental na obra de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán.

Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz.

Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder.

Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida.

ISBN : 978-84-8288-855-2
Páxinas : 280
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13 x 21 cm


venres, 19 de maio de 2017

UN PAÍS DE PALABRAS

UN PAÍS DE PALABRAS
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección : Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

A literatura e os escritores, os amigos, Deus, Santiago de Compostela, Galicia... Quince pequenos ensaios nos que Casares trata algúns dos seus temas predilectos.

Un país de palabras reúne escritos de Carlos Casares que se poden considerar ensaios narrativos e nos que o lector ha atopar a gran capacidade para contar historias e engaiolar con elas do autor de Ilustrísima.

Un libro de escritor para os lectores que desexen gozar dun país sen fronteiras, un país aberto e grande, feito coas palabras da vida.

ISBN : 978-84-8288-946-7
Páxinas : 208
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm


xoves, 18 de maio de 2017

O GALO DE ANTIOQUÍA

O GALO DE ANTIOQUÍA
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial Galaxia, S.A.
Colección: Edicións especiais en capa dura

Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Relatos

Humor que raia o absurdo nesta fantástica e divertida historia dun home que se converte en galo.

Un bo día, o ferreiro Antonio Madarro "O Calatrón" pon un ovo. Ao pouco tempo comezan a saírlle plumas e, preocupado, vai ver ao cura. ¿E será que lle entrou o demo no corpo? 

Un libro con estupendas ilustracións de Andrés Meixide.

ISBN : 978-84-8288-599-5
Páxinas : 40
Deseño : Capa dura
Dimensións : 17 x 24 cm


mércores, 17 de maio de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Luís Seoane
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección : Árbore a partir de 8 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Teatro

Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega.

Unha excepcional incursión de Casares no teatro para público infantil.

Unha historia para ler e para representar.

Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.

En 1973, Carlos Casares recibiu o premio do “Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”.

O Centro Dramático Galego volveu poñer en escea esta divertida e engaiolante peza teatral para gozo de pequenos e maiores no ano 2004 e 2014.

Temos a disposición dos usuarios na Biblioteca a Guía Didáctica, CD e DVD editados polo Centro Dramático Galego no ano 2004.


ISBN : 978-84-9865-160-7
Deseño : Rústica
Dimensións : 130 x 200
Nº de páxinas: 84
 

O SOL DO VERÁN

O SOL DO VERÁN
Autor: Carlos Casares 
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección: Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Derradeira obra de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), O sol do verán chega á percepción do lector coa forza e a madurez da grande arte de narrar.

Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente.

Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas.

Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".

ISBN : 978-84-8288-668-8
Páxinas : 248
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm

martes, 16 de maio de 2017

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN
Autor: Carlos Casares
Ilustración: Pedro de Llano
Editorial Galaxia S.A., 2005
Colección: Árbore - Os Duros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos + 6 anos

Rin é un can moi especial.

Moitas son as marabillas é quen de facer: conta historias coma ninguén, sabe falar en latín, toca o clarinete...

Pero a mellor de todas é a que fala de cando conseguiu que o temible lobo Crispín lambese unha ovella.

ISBN : 978-84-8288-861-7
Páxinas : 36
Deseño : Tapa dura
Dimensións : 16 x 20 cm


luns, 15 de maio de 2017

ILUSTRÍSIMA

ILUSTRÍSIMA
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia S.A., 2013
Colección: Literaria
Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Unha das obras máis populares e apreciadas de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é Ilustrísima.

A novela recrea con mestría o mundo supostamente ordenado e inmutable dunha pequena cidade galega a comezos do século XX. A chegada do cinematógrafo vai desatar un conflito no que se ven implicados o clero diocesano e o seu bispo.

Narrada con precisión e eficacia, velaquí unha reflexión literaria sobre a intolerancia e o dogmatismo.

ISBN: 978-84-8288-733-5
Nº de páxinas: 120
Encadernación: Tapa branda

domingo, 14 de maio de 2017

GONZALO TORRENTE BALLESTER: O escritor, o amigo


GONZALO TORRENTE BALLESTER
O escritor, o amigo
Autor: Carlos Casares

Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura

Xénero: Biografías

O texto central é a transcrición dunha conferencia que Casares pronunciou en decembro do ano 2000 en París, no Colexio de España, e, polo tanto, non resulta estritamente un texto biográfico. Trátase máis ben dunha aproximación persoal á figura do escritor ferrolán, con quen Casares compartiu durante case vinte anos faladoiro de verán tanto na súa casa de Vilariño como na de Torrente, situada a poucos quilómetros, ou nunha cafetería en Baiona. O relatorio busca a relación entre as creacións de Torrente e a realidade, narra anécdotas en común e tamén retrata as contradicións dun autor que viviu a Guerra Civil e que tivo que pasar da militancia galeguista ao bando dos intelectuais falanxistas; e o realismo dun autor cando acepta que os seus mellores libros xa foron publicados.

Gonzalo Torrente Ballester: o escritor, o amigo complétase cun capítulo do libro Un país de palabras, ‘O amigo que inventou unha cidade’, no que Casares analiza o proceso creativo do seu amigo e a sempre confusa relación que na súa obra teñen realidade e ficción. Complétase o volume cun álbum de imaxes familiares dos dous creadores.

D.L: VG 431-2002
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa dura




sábado, 13 de maio de 2017

TORIBIO REVOLUCIONA O TRÁFICO


TORIBIO REVOLUCIONA O TRÁFICO
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Penélope Ares

Editorial Galaxia, S.A. 1994

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos


A visita á Casa das Ciencias da Coruña sérvelle a Toribio para revolucionar o tráfico.

Como xa explicamos na aventura titulada Toribio ten unha idea, o invento do Adiantador Lineal de Seguridade ocorréuselle a Toribio o día que foi cos seus pais a visitar a Casa das Ciencias da Coruña.

ISBN: 84-7154-907-7
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa blanda



venres, 12 de maio de 2017

HEMINGWAY EN GALICIA


HEMINGWAY EN GALICIA
Autor: Carlos Casares

Editorial Galaxia, S.A. 1999

Xénero: Biografías

Hemingway en Galicia é a crónica dunha experiencia persoal e a especial homenaxe que Carlos Casares lle rende ao grande escritor norteamericano. Seguindo a pegada das referencias que Hemingway facía a Galicia en textos literarios e cartas —froito das súas visitas entre os anos 1921 e 1933—, Casares busca descifrar o misterio que se esconde detrás daquelas alusións. 

O resultado é un relato sorprendente escrito coa prosa amena e precisa de Carlos Casares e ilustrado con numerosas fotografías da época. Este libro de capa dura inclúe tamén as cartas de Hemingway nas que se refire a Galicia.

ISBN: 84-8288-317-8
Nº de páxinas: 97
Encadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger