Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Galega.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Galega.. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de marzo de 2018

PIONEIRAS


PIONEIRAS
Galegas que abriron camiño
Autora: Anaír Rodríguez
Ilustracións: Nuria Díaz
Edicións Xerais de Galicia S.A. 

Xénero:  Literatura Infantil - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal.

Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vecer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. 

Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. 

ISBN:978-84-9121-310-9
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Cartoné
Formato: 20 x 27 cm



domingo, 13 de agosto de 2017

O PESCADOR E A SUÁ MULLER


O PESCADOR E A SUÁ MULLER
Autor: Manuela Rodríguez
Ilustracións: Josep Rodés
Kalandraka Editora S.L
Colección: Os contos do trasno comodín

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos 

Un dos moitos contos tradicionais que escribiron os irmáns Grimm, adaptado por Manuela Rodríguez e con ilustracións de Josep Rodés.

Conta a historia dun pobre pescador que vive coa súa muller nunha pequena choza e que un día ao ir pescar saca do mar un enorme rodaballo, que di ser un príncipe capaz de conceder desexos.


Ao decatarse a muller do pescador, obriga ao seu marido para volver e pedirlle ao rodaballo unha casa para os dous, que se lles concede. Con todo a avaricia da muller non terá límites o que forzará ao pescador para volver día tras día para falar co rodaballo. 

Un conto que segue enganchando aos máis pequenos pola fantasía e as ilustracións.

Unha excelente lectura para traballar cos nenos temas como a avaricia, a xenerosidade, compartir... 

ISBN: 84-8464-161-9
Nº de páxinas:44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

venres, 11 de agosto de 2017

SOPRA NESTE FURADIÑO

SOPRA NESTE FURADIÑO
Autor: Antón Cortizas
Ilustracións: Leandro Lamas

Edicións Embora
Colección: Fardel dos soños

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Poesía

Idade Recomendada: +3 anos

Sopra neste furadiño é un conto para prelectores pensado, precisamente, para que un adulto acompañe ao neno na lectura en verso.

En cada páxina o neno debre soprar nun furado para que, na páxina seguinte, apareza o debuxo que se anuncia na anterior e novas instrucións para poder ver o seguinte.
 
ISBN: 978-84-95460-92-9
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Cartoné
Formato: 21 x 21 cm

venres, 28 de xullo de 2017

A RATIÑA PRESUMIDA


A RATIÑA PRESUMIDA
Autor: José A. Lopez Parreño
Ilustración: Pablo Mestre
Kalandraka Editora S.L.
Colección: Os contos do Trasno 

Xénero: Literatura en Galego- Contos

Idade Recomendada: + 3 anos

Esta é unha versión do clásico da ratiña presumida, mais esta vez a ratiña non casa co gato…

ISBN: 84-8464-130-9
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

xoves, 18 de maio de 2017

PODEROSA 3

PODEROSA 3
Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man
Traductora: Mercedes Pacheco Vázquez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Infantil e Xuvenil - Fora de Xogo 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda.

Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario, ensinarlle a súa avoa a linguaxe informática e sobrevivir ás perrenchas do seu irmán pequeno.

Fronte a tantos desafíos, Joana Dalva corre o risco de perder o seu valioso poder, aínda que nin así vai perder unha miga do seu encanto.

Poderosa 3 constitúe a terceira entrega a serie Poderosa, iniciada no ano 2008 con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo.

Un diario, como os dous anteriores, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man.

Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras. 

ISBN: 978-84-9914-195-4
Formato: 13,5 x 21,5 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 232

domingo, 14 de maio de 2017

GONZALO TORRENTE BALLESTER: O escritor, o amigo


GONZALO TORRENTE BALLESTER
O escritor, o amigo
Autor: Carlos Casares

Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura

Xénero: Biografías

O texto central é a transcrición dunha conferencia que Casares pronunciou en decembro do ano 2000 en París, no Colexio de España, e, polo tanto, non resulta estritamente un texto biográfico. Trátase máis ben dunha aproximación persoal á figura do escritor ferrolán, con quen Casares compartiu durante case vinte anos faladoiro de verán tanto na súa casa de Vilariño como na de Torrente, situada a poucos quilómetros, ou nunha cafetería en Baiona. O relatorio busca a relación entre as creacións de Torrente e a realidade, narra anécdotas en común e tamén retrata as contradicións dun autor que viviu a Guerra Civil e que tivo que pasar da militancia galeguista ao bando dos intelectuais falanxistas; e o realismo dun autor cando acepta que os seus mellores libros xa foron publicados.

Gonzalo Torrente Ballester: o escritor, o amigo complétase cun capítulo do libro Un país de palabras, ‘O amigo que inventou unha cidade’, no que Casares analiza o proceso creativo do seu amigo e a sempre confusa relación que na súa obra teñen realidade e ficción. Complétase o volume cun álbum de imaxes familiares dos dous creadores.

D.L: VG 431-2002
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa dura




venres, 12 de maio de 2017

HEMINGWAY EN GALICIA


HEMINGWAY EN GALICIA
Autor: Carlos Casares

Editorial Galaxia, S.A. 1999

Xénero: Biografías

Hemingway en Galicia é a crónica dunha experiencia persoal e a especial homenaxe que Carlos Casares lle rende ao grande escritor norteamericano. Seguindo a pegada das referencias que Hemingway facía a Galicia en textos literarios e cartas —froito das súas visitas entre os anos 1921 e 1933—, Casares busca descifrar o misterio que se esconde detrás daquelas alusións. 

O resultado é un relato sorprendente escrito coa prosa amena e precisa de Carlos Casares e ilustrado con numerosas fotografías da época. Este libro de capa dura inclúe tamén as cartas de Hemingway nas que se refire a Galicia.

ISBN: 84-8288-317-8
Nº de páxinas: 97
Encadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger