sábado, 30 de abril de 2016

ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA

ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA
Tradución e adaptación: Ramón Álvarez Losada
Ilustracións: Julian Jordán e Eva López
Edicións Sálvora
Colección: Os meus contos clasicos favoritos 

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos 

Aladino era un mozo que vivía en Oriente Medio. Ao morrer o seu pai, a súa nai tivo que traballar sen descanso mentres o seu fillo crecía nas rúas sen oficio.

Un día de verán, mentres Aladina xogaba cos amigos no mercado, acercóuselle un velliño e preguntoulle:

- E tí non es Aladino, o fillo do xastre Mustafá?

- Son si señor - contestoulle o rapaz-, pero o meu pai morreu xa hai tempo.

Ó oír estas palabras o vello, que en realidade era un meigo africano, abrazouto a todo chorar e díxolle:

- Eu son o teu tío Salim. O teu pai era irmán meu. Lévame a casa, que quero coñece-la túa nai...

ISBN: 84-88724-15-2
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 31 cm

venres, 29 de abril de 2016

O LIBRO DA SELVA

O LIBRO DA SELVA
Tradución e adaptación: Ramón Álvarez Losada
Ilustracións: Julian Jordán e Eva López
Edicións Sálvora
Colección: Os meus contos clasicos favoritos

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos

Un día, Baghera, a pantera negra, atopou un bebé nunha cesta que flotaba no río. Sen dubidalo nin un momento, levouno á cova da loba, que acababa de ter crías. Esta adoptouno e criou como se fose o seu fillo, e púxolle o nome de Mowgli.

Salvado das garras de Shere Khan, un tigre parvo e cruel, Mowgli vive extraordinarias aventuras no mundo da xungla. A pantera Bagheera, o oso Baloo e outros moitos novos amigos estarán sempre ao seu lado. Pero o mundo dos homes está preto e ao final Mowgli terá que elixir con quen vivir! 

ISBN: 84-88724-08-X
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 31 cm


xoves, 28 de abril de 2016

LA CASA


LA CASA
Guión y dibujos: Paco Roca
Colección:Sillón Orejero

Género: Cómic 

A lo largo de los años el dueño llena de recuerdos su casa, testigo mudo de su vida. Y aquél es también la fiel imagen de ella. Como las parejas que han convivido siempre juntas. Así, cuando su ocupante desaparece para siempre, el contenido de la casa se paraliza por el polvo esperando que alguna vez su dueño regrese.

Los tres hermanos protagonistas de esta historia volverán un año después de la muerte de su padre a la casa familiar donde crecieron. Su intención es venderla, pero con cada trasto que tiran se enfrentan a los recuerdos. Temen estar deshaciéndose del pasado, del recuerdo de su padre, pero también del suyo propio.

Se perciben en esta nueva obra de Paco Roca ecos autobiográficos que surgen de una necesidad de contar una situación que ha tocado de cerca al autor valenciano, tal y como ya le sucediera con Arrugas (Engurras).

El escritor Fernando Marías destaca que “nada compromete más a un autor que arrancar su obra con una secuencia memorable. El lector lo ha captado y exigirá que la fuerza no afloje y se encamine, además, hacia el cierre exacto del círculo perfecto. La casa, llena de amor y verdad, lo consigue”, y añade Marías que, para él, esta nueva obra del autor valenciano, “un emocionante último paseo juntos de un padre y un hijo, es también el libro que ha permitido a Paco Roca dibujar el Tiempo que se va, o que se fue, o que se irá”.

ISBN: 978-84-16251-00-1
Encuadernación: Cartoné
Nº de páginas: 136
Formato: 24 x 17 cm 



mércores, 27 de abril de 2016

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA

ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
Ilustrador:Víctor Rivas 
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín marelo 

Xénero: Literatura Infantil Galega

Idade recomendada: De 11 anos en diante 

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial.

A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. 

Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.

O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta. 
 
ISBN: 978-84-9914-999-8 
Formato: 13,50 x 19,00 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 224

martes, 26 de abril de 2016

ENGURRAS

ENGURRAS
Escrito e debuxado por Paco Roca
El Patito Editorial, 2011
1ª edición 2012 

Xénero: Cómic 

O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue expor en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, por iso é polo que poida interesar a lectores de calquera idade aínda que fale da dexeneración senil e do alzhéimer. 

Emilio, un antigo empregado de banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando o seu novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Pero a súa memoria empeza a borrarse a pesar dos seus intentos de contrarrestar ou ocultar os efectos da enfermidade. 

Engurras conta con precisión e desde unha mirada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas vólvense totalmente brancas.

Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao cinema. 

ISBN:978-84-939434-0-0
Nº de páxinas: 108
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 25 cm


luns, 25 de abril de 2016

A CASA REDONDA

 
A CASA REDONDA
Autora: Paula Carballeira
Ilustracións: Manuel Uhía
Baía Edicións, 2008
Colección Cempés

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: + 3 anos

Baía Edicións sacou ao mercado esta nova colección Cempés, unha colección de contos para nenos e nenas de educación infantil para que os máis pequenos recréense nun mundo de historias e imaxes que potencien a súa fantasía. Neles, a imaxe é tanto ou máis importante que a letra en si.

Especialmente pensados para ler e mirar en familia.

Wapiti vivía nunha casiña redonda, unha casiña de xeo, un iglú. Pero a medida que foi crecendo e aprendendo a andar, a casa foise quedando pequena...

Así empeza a historia da relación de Wapiti coas casas e o mundo. 
 
ISBN: 978-84-96893-68-9
Nº páxinas: 32
Encadernación: Cartoné
Formato: 15,5 x 19 cm


domingo, 24 de abril de 2016

DON POL E O PEQUENO PIN
Textos: Maximino Portela Freire
Ilustración: Rodrigo Chao Blanco
Baía Edicións, 2008
Colección Xiz de Cor nº 15

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendadad: A partir de 3 anos

Pin é un cangrexiño desesperado por sentirse deforme, tralo encontro co vello polbo don Pol descobre quen é.

E agora ten que escapar dos tentáculos do polbo...

ISBN: 978-84-96893-42-9
Encuadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 36
Formato: 20,5 x 20,5 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger