
Benvidos ao BLOG da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén.
É intención do goberno municipal mostrar este servizo á todos os veciños e veciñas para que poida ser utilizado tanto persoalmente nas instalacións do centro, como a través de internet.
As novas tecnoloxías farán máis fácil a prestación deste servizo público tan esencial nun pequeno municipio como o noso, e ademáis facilitará a vosa activa participación a través da rede.
Espero que atopedes na biblioteca un montón de novas aventuras a través dos libros e unha oportunidade para recibir formación e información mediante a utilización dos recursos da Aula Informática.
Desexando que sexa do voso agrado, agardo a vosa participación neste Blog e tamén a través das páxinas de Facebook e Twitter.
Quedamos á vosa disposición en BiblioPazos.
Saúdos.
Andrés Iglesias Rodríguez
Alcalde-Presidente
Alcalde-Presidente
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.