venres, 20 de setembro de 2024

CONMEMORACIÓN DO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS CON "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" - UN ESPECTÁCULO DE FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"

Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" dirixidas para todos os públicos coa idea de tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A que presentamos a continuación terá lugar o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas e vai a ser un espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"un contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárce publicado pola Editorial Galaxia.

Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidade lingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger