O Santuario da Franqueira.
Autor: Antonio Fraguas Fraguas.
Edita: Concello da Cañiza
Coordinación editorial e produción: Editorial Galaxia
Colaboracións: Secretaría Xeral de Política Lingüística e Fundación Antonio Fraguas Fraguas
Xénero: Literatura Galega - Poesía
Un interesante e breve relato que Antonio Fraguas recolleu das historias contadas por Dona Antonia Pérez Estraviz, veciña de Mondariz e que foi coma unha nai para o escritor de Cotobade.
Antonio Fraguas, investigador do patrimonio inmaterial espiritual, outrora chamado folclore e etnógrafo de ideoloxía galeguista, homenaxeado este ano pola RAG para protagonizar o Día das Letras Galegas, entre outros méritos por reivindicar "a memoria, a cultura e a lingua do pobo galego" destacou principalmente por poñer en valor a cultura espiritual campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as creenzas e os costumes aparecen nos seus ensaios, recollendo en moitos dos seus escritos a esencia do mundo campesiño.
E é neste punto onde entronca con A Cañiza, co seu santuario mais importante. Coas romerías de Santa María da Franqueira. Unha das advocacións marianas mais antigas de Galicia. Centro de peregrinaxe e de espiritualidade. Emprazamento visitado tamén por grandes pintores, músicos e intelectuais que dalgunha maneira quixeron deixar a sua pegada en cadros, partituras e obras literarias.
O gran escritor Ramón Cabanillas foi uhn deles ao escribir a súa obra "As Romaxes da Franqueira", que recolle en forma de poesía e cántico a loita dialéctica entre un Príncipe Mouro e un devoto Cristián e que ainda hoxe represéntase na Romaría do 8 de setembro. Desta obra fíxose eco o noso autor, Antonio Fraguas, escribindo "O Conto de Serafín. O Santuario da Franqueira".
Conto número 27 dos 29 que compoñen os Contos de Castromil. Unha colección que alá polos anos 90 do século pasado pretendía acercar ao lector e o viaxeiro da liña Castromil unha selección de autores de relato galego.
Nº de páxinas: 53
Ecadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm