Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2026

EXPOSICIÓN "OCEÁNICAS. PIONEIRAS DA OCEANOGRAFÍA" en Pazos de Borbén do 1 ao 15 de Xuño de 2026 - Conmemoración do Día Mundial do Medioambiente e do Día Mundial dos Océanos.

Continuamos coa programación de actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - Bibliopazos e agora poñemos a disposición da veciñanza unha exposición científica que se instalará no vestíbulo da Casa do Concello do 1 ao 15 de Xuño e que poderá ser visitada en horario de 09:00 a 14:00 horas durante as horas de atención ao público das oficinas municipais.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS que se celebran en todo o mundo os días 5 e 8 de xuño, respectivamente; e para iso traemos ademáis da exposición outras actividades dirixidas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria das que vos iremos informando máis adiante.


A exposición “OCEÁNICAS: PIONEIRAS DA OCEANOGRAFÍA” conta a historia de 20 científicas ilustres, algunhas delas bastante esquecidas. Desde a primeira e única muller que deu a volta ao mundo durante a época das grandes exploracións ata mulleres que a día de hoxe lideran a loita pola conservación dos océanos.

As súas historias fálannos do desenvolvemento das ciencias mariñas nos últimos séculos, pero tamén das dificultades ás que se enfrontaron as mulleres —en oceanografía, en ciencia e na vida— e da loita pola igualdade de moitas xeracións. Son só uns poucos exemplos das moitas ilustres científicas do pasado e o presente que esperamos que sirvan de inspiración para quen soñe con dedicarse á investigación mariña.

O proxecto ten como obxectivo divulgar o traballo de científicas dedicadas ao estudo dos océanos, tanto actuais como do pasado, dar a coñecer a súa vida e obra, tratando así de xerar vocacións científicas en nenas e nenos, fomentar a súa creatividade, a súa capacidade de decisión e o trato igualitario fronte ás desigualdades de xénero desde idades temperás.

A exposición consta de 12 paneis lixeiros enmarcados de 60x84 cm (ancho x alto), e cada panel conta con audiodescripcións, accesibles a través de códigos QR.

Esta exposición itinerante forma parte do proxecto de divulgación “Oceánicas: a muller e a oceanografía” (www.oceanicas.ieo.es), desenvolvido polo Instituto Español de Oceanografía (IEO) coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

En setembro de 2015, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e alertou de que, a pesar de que as posibilidades de progreso científico e tecnolóxico son case ilimitadas, as mulleres e as nenas están ausentes nestes campos, especialmente no que se refire á creación e a toma de decisións nos ámbitos que transforman o noso mundo cotián.

Desde que comezou a celebrarse este día, investigadoras e investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) levaron a cabo múltiples accións para reivindicar a igualdade de xénero na ciencia. A primeira delas, que xurdiu en 2015, comezou de xeito improvisado e limitouse a que o persoal dalgúns centros oceanográficos do IEO paralizou uns minutos a súa actividade para reunirse nas portas dos centros e mostrar carteis coa efemérides onde se realzaba o papel actual da muller no mundo da oceanografía. En 2016 e 2017 repetiuse a acción, esta vez nos nove centros oceanográficos do IEO e, en ambas as ocasións, alén de mostrar carteis da efemérides léronse diferentes comunicados reivindicando o acceso e a participación das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, a ciencia e a tecnoloxía, e o fomento así da igualdade de acceso das mulleres ao pleno emprego a todos os niveis e a un traballo decente, actos que alcanzaron repercusión nos medios de comunicación.

Este foi o caldo de cultivo de “Oceánicas: a muller e a oceanografía”, que se fixo realidade en 2018 coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Un proxecto que ten como obxectivo divulgar o traballo de científicas dedicadas ao estudo dos océanos, tanto actuais como do pasado, dar a coñecer a súa vida e obra, tratando así de xerar vocacións científicas en nenas e nenos, fomentar a súa creatividade, a súa capacidade de decisión e o trato igualitario fronte ás desigualdades de xénero desde idades temperás.

Oceánicas pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas; ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic. Ademais, Oceánicas é unha plataforma para que mulleres que traballan actualmente en Ciencias do Mar, tanto investigadoras como técnicas, estudantes, empresarias, etc., divulguen o seu traballo e axuden aos mozos para descubrir a súa paixón pola ciencia e a natureza.

Para rematar, a través de diferentes concursos, Oceánicas trata de espertar a curiosidade e o interese a nivel persoal da mocidade, fomentar a súa creatividade e promover a comprensión de conceptos e fenómenos científicos. Todo iso buscando un contacto directo entre nenos e investigadoras.

Unha ocasión única en Pazos de Borbén.

Ven a visitar a exposición.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por  a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 29 de outubro de 2025

Novembro Mes da CIENCIA en BiblioPazos

    Descobre a nosa selección de libros para conmemorar o MES DA CIENCIA:

Fai clic nas imaxes





Ahégate a Biblioteca para descubrir moitos máis¡

luns, 9 de xaneiro de 2023

EL UNIVERSO EN TUS MANOS

EL UNIVERSO EN TUS MANOS
Autora: Sonia Fernández-Vidal
Ilustradora: Pilarín Bayés
La Galera editorial

Género: Álbum ilustrado - Libro informativo - Ciencias

Edad recomendada: + 8 años

Cuando Eva sube al desván donde trabaja el abuelo Leonardo, no hay rastro de él.

El abuelo es un inventor muy inteligente y siempre explica cosas de ciencia a su nieta.

Quizá esta vez ha realizado un experimento peligroso. Quizá esta especie de nave espacial con la puerta abierta tiene alguna cosa que ver. Eva decide entrar en la cápsula sin saber que comenzará la aventura más importante de su vida: rescatar al abuelo mientras aprende cosas increíbles del lugar donde vivimos: el Universo.

Acompaña a Eva en un viaje por la ciencia y la historia hasta el origen mismo del cosmos.

ISBN: 978-84-246-5342-2
Nº de páginas: 96
Formato: 27 x 30 cm
Encuadernación: Cartoné

xoves, 22 de decembro de 2022

DESMONTANDO O CORPO, CONSTRUÍNDO A CIENCIA. AS XEMELGAS FERNÁNDEZ DE LA VEGA

DESMONTANDO O CORPO, CONSTRUÍNDO A CIENCIA. As xemelgas Fernández de la Vega
Autora: Andrea Barreira Freije
Ilustracións: Aynara Pereiro
Baía Edicións

Xénero: Literatura en galego - Ciencia

Idade recomendada: +10 anos

Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo.

Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres.

Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo.

Atréveste a seguir os seus pasos?

ISBN: 978-84-9995-368-7
Nº de páxinas: 48
Formato: 15 x 19 cm
Encadernación: Rústica con solapas


domingo, 13 de febreiro de 2022

INICIO DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE 2022


Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura cunha actividade que terá lugar o próximo Venres día 18 de febreiro coa que queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

Esta conmemoración celébrase desde que a ONU (ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.

Tamén convidou a todos aos Estados Membros, organizacións e órganos do sistema das Nacións Unidas, a outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a celebrar este día a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.

Como dixemos ao principio desta noticia para conmemorar este importantísimo día realizaremos unha actividade que será impartida por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC).

“OCEANOTECA” é un obradoiro no que os participantes mediante xogos, contos e manualidades poderán aproximarse ao océano e aos animais que viven nel e que se desenrolará da seguinte forma:


En primeiro lugar haberá presentación e información xeral sobre o CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO empregando imaxes do libro “OS BOLECHAS. O CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO” que pode descargarse en formato PDF no seguinte enlace:

http://www.ieo.es/es_ES/web/vigo/libro-os-bolechas

Seguidamente representarese o conto “A camiseta do capitán”, que permitirá, de xeito lúdico, introducir os alumnos nas campañas de investigación que leva a cabo o Instituto Español de Oceanografía. Finalizado o conto os participantes realizarán a través da papiroflexia do buque oceanográfico Ángeles Alvariño.

Imaxe da web https://oceanicas.ieo.es/

Presentaráse de forma breve "OCEÁNICAS", un proxecto do INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) en colaboración coa FUNDACIÓN ESPAÑOLA PARA A CIENCIA E A TECNOLOXÍA (FECYT) do MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN, que enmarca en 2022 as actividades lo 11F; e daremos por rematada a actividade coa representación do conto “O peixe Arcodavella”.

Participarán os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira e realizarase en tres sesións:

  • De 09:45 a 10:45 horas no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
  • De 11:00 a 12:00 horas tamén no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
  • De 12:45 a 13:45 horas na EEI “A Galeriña” de Nespereira asistirá o alumnado desta escola infantil.

Desde a Biblioteca Pública Municipal e desde o Concello de Pazos de Borbén queremos agraceder a disposición e facilidades outorgadas polo personal do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) para que este evento se puidera levar a cabo.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 11 de febreiro de 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


Imaxe da páxina web 11defebrero.org

Hoxe 11 DE FEBREIRO DE 2022 conmemorase outro ano máis en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

Esta conmemoración celébrase co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero desde que a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS (ONU) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 aprobou a Resolución A/RES/70/212 pola que decidiu proclamar o 11 DE FEBREIRO de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA; e convidou a a todos aos Estados Membros, a todas as organizacións e aos órganos do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a que celebren o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA de maneira apropiada, en particular a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.

Desde a ONU este ano 2022 trabállase para conseguir que as mulleres e as nenas formen parte da ciencia como axentes do cambio e céntrase no tema "Equidade, Diversidade e Inclusión: A auga únenos", baixo o lema

"MULLERES E NENAS NA CIENCIA: AXENTES DE CAMBIO"

Esta adolescente está realizando un experimento durante una clase de química en la Escuela secundaria de Kamulanga en Lusaka (Zambia). FOTO: UNICEF/UN0145554/Karin Schermbrucker

Se queres saber máis sobre a conmemoración deste día podes acceder ás seguintes páxinas web:


          Imaxe da web 11defebrero.org

          Tamén podedes pasar pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén na que temos moitísimos libros sobre Mulleres, Nenas e Ciencia que podedes consultar aquí ou levar para ler na vosa casa e que seguramente vos poden ser de moita utilidade para coñecer a moitas mulleres que fixeron. Seguidamente deixovos algúns enlaces pero se queredes algo concreto soamente tedes que comunicar con nos e consultarnos:
          E moitos máis.

          Imaxe da web Fasefundacion.org

          Por último comentar que en BIBLIOPAZOS conmemoraremos este día o próximo Venres 18 de Febreiro no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e na EEI "A Galeriña" de Nespereira cunha actividade que será impartida por Uxía Tenreiro López e Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) e que se denomina:


          Nos próximos días iremos contádovos en que consistirá esta actividade.

          AGORA ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN EN TODO O MUNDO PARA CONMEMORAR  O
          DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

          H2... Oh!!! Pingas científicas

          H2… Oh!!! Pingas científicas
          Autora: María Canosa Blanco
          Ilustracións: Luz Beloso
          Editorial Galaxia S.A.

          Xénero: Literatura Infantil Galega - Ciencia

          Idade recomendada: +12 anos

          Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos?

          A que non te decataras que hai animais que nunca beben auga?, ou por que o número pi é infinito e non remata nunca?

          Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día. Cousas simples que temos ao noso carón, pero que teñen un funcionamento moi complexo. Todo contado dun xeito moi sinxelo por María Canosa e as fermosas ilustracións de Luz Beloso.

          • ISBN : 978-84-9151-628-8
          • Nº de páxinas : 88
          • Encadernación : Rústica
          • Formato : 17 x 24 cm

          martes, 29 de xuño de 2021

          CIENTIFIC@S

          CIENTIFIC@S
          Autores: Sergio Belmonte y Carlos Rull García 
          Ilustraciones:  JuanolO
          Editorial Carambuco

          Género: Biografía Infantil 

          Edad recomendada: +10 años

          Primer título de la colección L@s + de que aproxima a toda la familia a veinticinco científicos, los más relevantes de la historia, destacando sus aportaciones al conocimiento.

          Con textos rigurosos pero amenos, preguntas que nos invitan a investigar y un diseño amigable que permite un rápido acceso a la información, en cada personaje se presentan dos apartados que ayudan a distinguir entre la información fundamental y las curiosidades y anécdotas.
           
          ISBN: 978-84-948745-3-6
          Nº de páginas: 68
          Encuadernación: Tapa dura
          Formato: 17 x 24 cm

          mércores, 16 de decembro de 2020

          "ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" e "CONTACONTOS conCIENCIA" - Actividades Decembro 2020


          Continuaremos coas actividades do mes de decembro o venres 18 e o martes 22 de decembro nos que levaremos a cabo unhas actividades adicadas á difusión da ciencia en galego no Auditorio do Concello.

          En primeiro lugar realizarase dous "ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" que terán lugar a partir das 10:00 horas no que participarán os alumnos de 6º de Primaria o venres 18 de decembro e os alumnos de 2º de ESO o martes 22 de decembro. Ámbolas dúas sesións serán levadas a cabo Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA.

          Neste xogo de aventuras físico e mental que consiste en pechar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas -neste caso de carácter científico- para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo disponible; o alumnado deberá resolver as pistas nas que haberá linguaxe de descifrado, candados, esposas, luz UV, reloxos de area... e por suposto experimentos e probas científicas para poder resolver o enigma que os levará a rescatar a León Supermolón do cofre do tesouro.

          Eses mesmos día ás 12:30 horas o venres 18 de decembro e ás 13:00 horas o martes 22 de decembro, tamén no Auditorio do Concello, realizaránse dúas sesións de "CONTACONTOS conCIENCIA", a cargo de Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA, nas que participarán os alumnos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos  e que consistirán nunha interpretación lúdica, ilustrativa e creativa de varios contos de xeito que os propios asistentes participen dos mesmos, imaxinando aos personaxes e as súas aventuras, todos eles de  temática científica.

          Para estes eventos non podemos convidar ao público en xeral a participar deles debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.

          Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que

          EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

          domingo, 13 de decembro de 2020

          PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DECEMBRO 2020

          Para rematar este ano difícil para todos debido á pandemia do COVID-19 e despois de ir retomando as actividades pouco a pouco, desde BIBLIOPAZOS volvemos a organizar neste mes de Decembro diversos eventos dirixidos aos escolares do municipio para seguir fomentando a animación á lectura, o espírito de Nadal, difundir a ciencia en galego, e recuperar o noso patrimonio inmaterial a través da recuperación da memoria toponímica do concello.

          Para elo temos organizado as seguintes actividades nas que participarán os alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos:



          Comezamos o xoves 17 de decembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello contaremos coa presencia de Patricia Martínez de Eduvía Xestión Cultura e Lecer SL que nos traerá o seu espectáculo "CONTACONTOS DE NADAL" dirixido aos escolares de 3º e 4º de Primaria.

          Este espectáculo busca a comunicación co público co fin de acadar o obxectivo educativo perseguido sempre dentro dun entorno de xogo e diversión no que os rapaces e rapazas gozarán dunha sesión chea de amenos contos adaptados ás súas idades que lles irá relatando a contadora co obxectivo de fomentar o hábito lector á vez que se contaxia o espírito do Nadal.


          Continuaremos as actividades o venres 18 e o martes 22 de decembro nos que levaremos a cabo unhas actividades adicadas á difusión da ciencia en galego no Auditorio do Concello.

          En primeiro lugar realizarase dous "ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" que terán lugar a partir das 10:00 horas no que participarán os alumnos de 6º de Primaria o venres 18 de decembro e os alumnos de 2º de ESO o martes 22 de decembro. Ámbalas dúas sesións serán levadas a cabo Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA.

          Neste xogo de aventuras físico e mental que consiste en pechar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas -neste caso de carácter científico- para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo disponible; o alumnado deberá resolver as pistas nas que haberá linguaxe de descifrado, candados, esposas, luz UV, reloxos de area... e por suposto experimentos e probas científicas para poder resolver o enigma que os levará a rescatar a León Supermolón do cofre do tesouro.

          Eses mesmos día ás 12:30 horas o venres 18 de decembro e ás 13:00 horas o martes 22 de decembro, tamén no Auditorio do Concello, realizaránse dúas sesións de "CONTACONTOS conCIENCIA", a cargo de Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA, nas que participarán os alumnos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos  e que consistirán nunha interpretación lúdica, ilustrativa e creativa de varios contos de xeito que os propios asistentes participen dos mesmos, imaxinando aos personaxes e as súas aventuras, todos eles de  temática científica.


          O luns 21 de decembro nas instalacións da aula informática do CPI "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén de 15:00 a 17:00 horas e dirixido aos alumnos de 4º da ESO un "OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA TOPONÍMICA DE PAZOS DE BORBÉN" que será levado a cabo por Vicente Feijoo Ares coordinador técnico do proxecto GALICIA NOMEADA.

          O obradoiro realizarase en dúas sesións dunha hora cada unha. Na primeira sesión explicarase ao alumnado a importancia que ten recoller e salvagardar o patrimonio cultural inmaterial do Concello de Pazos de Borbén e cómo funciona a aplicación colaborativa GALICIA NOMEADA para a recolleita da súa microtoponimia e lendas.

          A segunda sesión será práctica e consistirá -si o tempo o permite- nunha saída ao campo nos arredores do colexio para que o alumnado recolla microtopónimos a través dos seus móbiles e facendo enquisas a persoas maiores nativas da zona.

          Este actividade complementa a que iniciamos no ano 2019 tamén no mes de decembro, "TOPONIMÍZATE! Falámosche dos nomes da túa terra. Descubre como participar na recuperación dos nosos topónimos" que fora patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e que consistira nunha charla-coloquio impartida tamén por Vicente Feijoo Ares á que asistiron persoal técnico do concello, membros de asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, e escolares da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

          Para estes eventos non podemos convidar ao público en xeral a participar deles debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.

          Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que

          EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

          mércores, 13 de novembro de 2019

          "MAXIA VS. CIENCIA" espectáculo de divulgación científica


          mércores día 20 de Novembro teremos un novo espectáculo do MAGO PACO de A Illa dos Nenos co nome de "MAXIA VS. CIENCIA" que mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.

          Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e da maxia a partes iguais, descubriremos algúns dos porqués dalgunhas das diferentes partes da ciencia como: As cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D. As veces sen poder case distinguir se verdadeiramente é cousa de maxia ou polo contrario, o que vemos, tocamos ou facemos ten unha explicación científica.

          Un espectáculo dinámico e moi entretido que interactúa constantemente cos participantes facéndoos cómplices e protagonistas de cada experiencia.

          Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

          Estas actividade enmárcase no programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

          Nesta actividade é NECESARIA A INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca nº 986 497 273.

          ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

          ESPERÁMOSVOS!!!

          BUSCAR NO BLOG


          gadgets para blogger