CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
martes, 26 de maio de 2026
EXPOSICIÓN "OCEÁNICAS. PIONEIRAS DA OCEANOGRAFÍA" en Pazos de Borbén do 1 ao 15 de Xuño de 2026 - Conmemoración do Día Mundial do Medioambiente e do Día Mundial dos Océanos.
venres, 13 de decembro de 2024
"CONCERTO PUNKINFANTIL" con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas - Circuíto + ESCÉNICAS 2024
Punk para nenas? Porque non? Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por tí mesma. Do it Yourself!!Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado "Concerto Punklnfantil".Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.
xoves, 31 de outubro de 2024
"CONTOS NA LAREIRA" de Iván Davila para conmemorar o MES DA TRADICIÓN ORAL

Fai anos, durante o inverno, as familias e os amigos reuníanse ao carón dunha lareira e contaban historias para entrar en calor. Descobre os contos de tradición oral onde a maxia, o misterio e o paranormal danse a man. Historias tradicionais repletas de chiscadelas ó presente.Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflictos.
mércores, 30 de outubro de 2024
AVANCE DAS PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE NOVEMBRO COAS QUE CONMEMORAREMOS O MES DA TRADICIÓN ORAL
As actividades forman parte do circuíto +ESCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra que organiza o Servizo de Cultura da Deputación Provincial co fin de promover o impulso e o fomento da cultura galega nas súas múltiples e variadas expresións, así como a creación e a difusión artística, favorecendo o uso e a convivencia na nosa lingua.
"CONTOS NA LAREIRA" con IVÁN DAVILA
Fai anos, durante o inverno, as familias e os amigos reuníanse ao carón dunha lareira e contaban historias para entrar en calor. Descobre os contos de tradición oral onde a maxia, o misterio e o paranormal danse a man. Historias tradicionais repletas de chiscadelas ó presente.
Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflictos.
"ELAS" con VERO RILO
Seguiremos conmemorando o MES DA TRADICIÓN ORAL o Sábado 23 de Novembro ás 20:00 horas e tamén no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén no que contaremos coa visita de VERO
RILO que co seu espectáculo "ELAS", contaranos unha selección de historias de vida, de
autora, tradicionais e de recollida da voz das mulleres que non tiveron nome
pero que son cada unha de nós. A obra presenta unha serie de escenas nas que Vero
Rilo vai interpretando a cinco mulleres, con diferentes
historias e vivencias que van dende a infancia até a idade adulta. “Elas”
aborda temas como a loita feminista, a violencia de xénero, a maternidade, a
sexualidade e as relacións interpersoais, entre outros.
E, por último, ahí vai tamén un avance dalgunhas das actividades que estamos organizado para o mes de DECEMBRO:
ENTREGA DE PREMIOS DO "VI CERTAME DE RELATO CURTO" DE PAZOS DE BORBÉN
E o Sábado 21 de Decembro a partir das 18:00 horas tamén no Auditorio do Concello á compañía PETER PUNK PALLASO e BRAIS DAS HORTAS que nos ofrecerán o seu "CONCERTO PUNKINFANTIL" para todos os públicos.
Todas as actividades son con entrada de balde ata completar o aforo do local.
Non vos esquezades, esperámosvos!!!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA
xoves, 12 de setembro de 2019
UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)
mércores, 11 de setembro de 2019
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA MES DE SETEMBRO 2019
Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
De seguido, o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro.
Continuaremos con outra actividade enmarcada no programa LER CONTA MOITO que se realizará o Mércores 25 de setembro, ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos.venres, 21 de xuño de 2019
"SOMOS UNHA GRAN FAMILIA" - OS BOLECHAS DE NOVO EN PAZOS DE BORBÉN
xoves, 28 de setembro de 2017
AVANCE DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO 2º SEMESTRE DE 2017 EN BIBLIOPAZOS
Os seis irmáns Bolechas e o can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes. Aquí chegan, un ano máis, os máis divertidos referentes galegofalantes para percorreren este outono 21 localidades galegas cunha actividade familiar e participativa.
Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa.
Toda a información sobre a nova edición xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega en www.lingua.gal/dechispaatata.
domingo, 3 de setembro de 2017
O ECO DAS PEDRAS - Andaina arqueolóxica e Contos na Natureza na Senda Arqueolóxica de Amoedo
A Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza unha nova actividade do seu programa “CONTOS NA NATUREZA” co obxecto de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio; fomentar a animación á lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega a través de contadores de historias; incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e cultural do concello a través de actividades nas sendas e nos paraxes naturais do municipio.
Nesta ocasión a actividade realizarase na Senda Arqueolóxica de Amoedo en colaboración cos seus creadores e organizadores das andainas nocturnas "Amoedo Lenda en Pedra". Para isto programamos o
a partir das 20:00 horas
unha andaina educativo-cultural pola
Senda Arqueolóxica de Amoedo
Por último e ao final do percorrido terá lugar no Carballo de Martiz o espectáculo
da actriz, filóloga e sobre todo contacontos
patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa do Ano Patrimonio.
Escoitaremos
á luz da lúa e das estrelas, historias e lendas tradicionais que nos
mergullarán nunha Galicia chea de misterio, nunha Galicia de milenios
aínda por descubrir. Con elas coñeceremos o noso patrimonio inmaterial e
como este vai intimamente ligado a súa vez co noso incrible patrimonio
material de onde veñen gran parte destas lendas e contos. En definitiva,
descubriremos todo un mundo oculto que tamén nos fai pobo e que debemos
estimar, coidar e non dar a esquecemento. Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas se agochan tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.
Dende a Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal “BiblioPazos” do Concello de Pazos de Borbén, queremos agradecer aos principais impulsores desta senda, Jorge Alvarez e Antonio Graña todas as facilidades prestadas para poder organizar e levar a cabo esta actividade.
RECOMENDACIÓNS: Traer unha lanterna, chaqueta de abrigo, uso de pantalón largo e un calzado adecuado para andar polo monte.
IMPORTANTE: Non separarse do grupo para evitar perdernos.
CHAMA AO TELÉFONO
986 498 934
E
INSCRÍBETE!























