E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 12 de setembro de 2019

UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)


Continuando coa programación de animación á lectura de BiblioPazos para estes últimos meses do ano, presentamos unha nova actividade de narración oral que terá lugar na Sala de Lectura ás 13:00 horas o mércores día 18 de setembro coa actuación de ANXO MOURE "O Carballo con botas" e o seu espectáculo "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)" e á que están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos... para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro."

Pasaremos un bo rato gozando dos contos de Anxo Moure mentras aprendemos a coidar a natureza.

Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS SÚAS ACTIVIDADES!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger