sábado, 15 de setembro de 2018

DE QUE FALARÁN AS ÁRBORES


DE QUE FALARÁN AS ÁRBORES
Autor e ilustrador: Ricardo Cid Paz
Edicións Fervenza

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos.

De que falarán as árbores, gañador do II Concurso "Balbino" de Relatos, debúxanos o universo rural galego nun retrato lúcido e perturbador, agredoce resío a fracaso, que indaga, tanto histórica como contemporáneamente, na esencia diso que fomos e somos como pobo, as angueiras da vida, a miseria, os litixios polos marcos, as rivalidades, o feísmo, o autoodio en forma de destrución pirómana, o desenraizamento, o abandono do campo, as crenzas supersticiosas, a rudeza da serra, a soidade, a traizón, as indefensións, a crueldade, o liderado adolescente, a marxinación, o hedonismo frivolizante, a tenrura ou desdobramento da personalidade, reproducindo con verosimilitude a nosa particular ontoloxía de sermos galegos, nunha visión ampla do nacional como aquilo que transcende calquera calado, porque como dixera o portugués Miguel Torga: "O universal é o local sen fronteiras"

ISBN: 978-84-17094-20-1
Nº de páxinas: 136
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 23 cm.

VIAXE Ó CENTRO DA TERRA


VIAXE Ó CENTRO DA TERRA
Autor: Jules Verne
Edicións Xerais de Galicia

Colección: Xabarín

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

O 24 de maio de 1863 dá comezo esta historia que acabamos de poñer por primeira vez en galego: unha das célebres Viaxes extraordinarias de Verne.

A historia acontece durante 109 días que van do vintecatro de maio, cando bate o profesor Lindenbrock cun misterioso pergamiño en Hamburgo, ó nove de setembro, cando chegan á casa o profesor e mailo seu sobriño Axel de volta da viaxe motivada polo pergamiño, -pasando 62 deses días, no vinteoito de xuño o vintenove de agosto, no interior do planeta Terra-.

Foi editada de primeiras en París, por Hetzel, nos comezos do ano seguinte, o 1864. E Verne está á cabeza dos escritores franceses en número de traduccións, segundo a UNESCO.

ISBN: 84-7507-198-8
Nº de páxinas: 318
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

venres, 14 de setembro de 2018

NOVAS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

BIBLIOPAZOS volta de novo coas actividades de animación á lectura para esta temporada de outono-inverno.

Empezaremos este mes de setembro coas activiades que indicaremos de seguido e que están incluídas no programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia LER CONTA MOITO para a Rede de Bibliotecas de Galicia cos obxectivos de:

  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interesa polo que esta pode ofrecer.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizase permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión do coñecemento e de reflexión.
As actividades previstas para este mes son as seguintes:

O Venres día 21 de setembro, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, recibiremos unha nova visita de PACO NOGUEIRAS co seu novo espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Radio BULEBULE", baseado no seu libro-disco editado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.


"Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Ven vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas."

Participarán nesta actividade os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esperámosvos a todos no Auditorio do Concello o próximo 21 de setembro. Non faltedes!!!.

O Venres 28 de setembro visitará BiblioPazos a contacontos FÁTIMA FERNÁNDEZ que nos ofrecerá na Sala de Lectura ás 11:00 horas o seu espectáculo de narración oral "Contos Pop-Up" dirixido aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"Desprega a túa imaxinación, déixate levar pola miña voz e por estas obras de enxeñaría de papel. Os elementos animados invítannos a participar activamente coa historia e co libro mesmo como obxecto."
 

Ás 13:00 horas FÁTIMA FERNÁNDEZ ofreceranos outro espectáculo de narración oral titulado "Os contos da nai da miña nai", este vez para os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"Hai avoas de moitas alturas, tamaños, pesos e cores. Por iso é fácil diferencialas, pero á miña avoa materna, á nai da miña nai non había xeito de confundila; pasábase todo o día en silencio, sentada na súa butaca, cosendo, pero cando chegaba a noite, trala cea, deixaba ao carón a súa costura e collíame no seu colo mentres a miña nai recollía a mesa.

Os seus brazos e a súa voz envolvíanme con historias que me facían viaxar por estraños países, con animais falangueiros e aventuras misteriosas; sempre pensei que os contos cos que me facía soñar, a ela contáronllos os fíos cos que te cía as súas teas, e a eles as avoas que facían as madexas e a elas..."
Así que xa sabedes. Esperámosvos na Sala de Lectura de BiblioPazos o próximo venres 28 de setembro para gozar cos contos de FÁTIMA FERNÁNDEZ.

Non vos esquezades. Esperámosvos!!!

CANTA O CUCO


CANTA O CUCO
Autor: Xosé Vázquez Pintor
Ilustracións: Alumnos e alumnas do CEIP Nazaret de Cangas
Edicións Fervenza

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +3 anos

Esta publicación é máis ca un fermoso libro de poemas. É unha ilusión que se materializa. É case máxico, porque máxicos son os encontros de Xosé Vázquez Pintor cos nenos e nenas.

Que a lectura deste libro nos leve a pensar e a reflexionar no que temos ao redor: a natureza, os animais, a lingua a nosa Terra...

Que nos toque fondamente e que nos axude a medrar.

ISBN: 978-84-17094-36-2
Nº de páxinas: 53
Encadernación: Tapa branda
Formato: 23,5 x 16,5 cm.

xoves, 13 de setembro de 2018

EL BESTIARIO DE AXLIN


EL BESTIARIO DE AXLIN (Guardianes de la Ciudadela)
Autora: Laura Gallego
Ilustrador: Paolo Barbieri
Penguin Random House Grupo Editorial

Género: Literatura Juvenil en Castellano - Narrativa

El mundo del Axlin está plagado de monstruos. Algunos atacan a los viajeros en los caminos, otros asedian las aldeas hasta arrasarlas y otros entran en las casas para llevarse a los niños mientras duermen.

Axlin ha crecido sabiendo que la próxima puede ser ella, por eso se ha propuesto descubrirlo todo acerca de los monstruos y plasmarlo en un libro que pueda servir de guía y protección a otras personas.
Pero pronto se da cuenta de que si realmente quiere salvar a alguien tendrá que salir de su aldea y recorrer el ancho e inseguro mundo de ahí afuera.

A lo largo de su viaje descubrirá cosas que jamás habría imaginado cuando partió.

ISBN: 978-84-9043-931-9
Nº de páginas: 508
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 22 cm.

ELMER


ELMER
Texto e ilustracións: David Mckee
Edita: Kaladranka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Había unha vez unha manada de elefantes.
Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados.  Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor.
Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores...

A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente!

ISBN: 978-84-8464-380-7
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 33 cm.

mércores, 12 de setembro de 2018

LA DESAPARICIÓN DE STEPHANIE MAILER


LA DESAPARICIÓN DE STEPHANIE MAILER
Autor: Jöel Dicker
Traductoras: María Teresa Gallego Urrutia y Amaya García Gallego
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

La noche del 30 de julio de 1994, la apacible población de Orphea, en la región de los Hamptons, asiste a la gran apertura del festival de teatro. Pero el alcalde se retrasa...
Mientras tanto, un hombre recorre las calles vacías buscando a su mujer, hasta hallar su cadáver ante la casa del alcalde.
Dentro, toda la familia ha sido asesinada.

Jesse Rosenberg y Derek Scott, dos jóvenes y brillantes polícias de Nueva York, resuelven el caso. Pero veinte años más tarde, en la ceremonia de despedida de la policía a Rosenberg, la periodista Stephanie Mailer lo afronta: asegura que Derek y Jesse se equivicaron de asesino a pesar de que la prueba estaba delante de sus ojos, y afirma poseer información clave. Días después desaparece.

Así se inicia este colosal thriller, que avanza en el pasado y el presente a ritmo vertiginoso, sumando tramas, personajes, sorpresas y vueltas de tuerca, sacudiendo y precipitando al lector sin freno posible hacia al inesperado e inolvidable desenlace.

ISBN: 978-84-204-3247-2
Nº de páginas: 650
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 15 x 24 cm.


O TEMPO E AS ESTACIÓNS


O TEMPO E AS ESTACIÓNS
Autora: Céline Potard
Ilustradores: Marion Cocklico e Jean-Sébastien Deheeger
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos.

Un libro documental lúdico, claro e atractivo para responder as cuestións dos pequenos.

Ven axiña descubrir comigo os misterios do tempo e das estacións. 

Verás que apaixoante!

ISBN: 978-84-9995-225-3
Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm.

martes, 11 de setembro de 2018

LA MUJER EN LA VENTANA


LA MUJER EN LA VENTANA
Autor: A.J. Finn
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

Una mujer sola y vulnerable, recluida en su casa, ve desde la ventana algo que no debería haber visto. Pero nadie la cree.

Una historia poderosa y retorcida. Una protagonista intensa y muy real. Un sofisticado thriller psicológico para el nuevo milenio con la tensa atmósfera y la oscura elegancia de los mejores clásicos del cine negro.

ISBN: 978-84-253-5662-9
Nº de páginas: 537
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 24 cm.

O MAR


O MAR
Autora: Mathilde Paris
Ilustradores: Mélanie Combes e Jean-Sébastien Deheeger
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Un libro documental lúdico, claro e atractivo para responder as cuestións das crianzas.

Ven axiña a descubrir o apaixonante mundo do mar!

Comprobarás que está cheo de seres con formas e costumes soprendentes!

ISBN: 978-84-9995-273-4
Nº de páxinas: 29
Encardernación: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm.

luns, 10 de setembro de 2018

O RELOXIO DA TORRE


O RELOXIO DA TORRE
Autor: Marina Mayoral
Editorial Galaxia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A existencia tranquila, quizais monótona, de dous irmáns, un home e unha muller, que viven xuntos, e a perturbación que lles ven producir un refuxiado político chileno que irrumpe nas súas vidas. Preséntase aquí, a través das follas do diario persoal de cada un dos irmáns, a perspectiva desde a cal contemplan ambos unha mesma realidade.

ISBN: 84-7157-632-9
Nº de páxinas: 82
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm.

LAS HIJAS DEL CAPITÁN


LAS HIJAS DEL CAPITÁN
Autora: María Dueñas
Editorial Planeta, S.A.

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

Nueva York, 1936. La pequeña casa de comidas El Capitán arranca su andadura en la calle Catorce, uno de los enclaves de la colonia española que por entonces reside en la ciudad. La muerte accidental de su dueño, al tarambara Emilio Arenas, obliga a sus indomables hijas veinteañeras a tomar las riendas del negocio mientras en los tribunales se resuelve el cobro de una prometedora indemnización. Abatidas y acosadas por la urgente necesidad de sobrevivir, las temperamentales Victoria, Mona y Luz Arenas se abrirán paso entre rascacielos, compatriotas, adversidades y amores, decididas a convertir un sueño en realidad.

Con una lectura tan ágil y envolvente como conmovedora, Las hijas del Capitán despliega la historia de tres jóvenes españolas que se vieron obligadas a cruzar un océano, se asentaron en una urbe deslumbrante y licuaron con arrojo para encontrar su camino. Un tributo a las mujeres que resisten cuando los vientos soplan en contra y un homenaje a todos aquellos valientes que vivieron -y viven-  la aventura, a menudo épica y casi siempre incierta, de la emigración

ISBN: 978-84-08-18998-5
Nº de páginas: 620
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 24 cm.

O CORPO HUMANO


O CORPO HUMANO
Autora: Mathilde Paris
Ilustradores: Gaëlle Souppart e Jean Sébastien Deheeger
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

As nenas e nenos descubrirán e aprenderán coa axuda da cebra Lomi os misterios e transformacións do corpo humano.

ISBN: 978-84-9995-187-4
Nº de páxinas: 29
Encaderanción: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm.


domingo, 9 de setembro de 2018

CANTOS Á NATUREZA


CANTOS Á NATUREZA
Autor: Xosé Neira Vilas
Ilustradora: Irene Silva
Edita: Edicións Fervenza

Xénero: Literatura en Galego - Poesía

Libro CD no que se recollen unha serie de poemas inéditos de Xosé Neira vilas, de temática naturista.

Xunto á obra, inclúese un cd no que se musicalizaron ditos versos da man dos compositores Juan Durán (gañador do XXXV premio Raíña Sofía de Composición Musical), Xabier Comesanha, María Mendoza, Paulino Pereiro e Margarita Viso. A interpretación lírica dos dez temas correu a cargo do tenor Cesáreo Torres, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo.

ISBN: 978-84-17094-24-9
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 21 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger