sábado, 6 de maio de 2017

TORIBIO TEN UNHA IDEA


TORIBIO TEN UNHA IDEA
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Penélope Ares

Editorial Galaxia, S.A. 1992

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos


Un domingo, á espera dunha enorme caravana, a Toribio ocorréuselle unha gran idea: o Adiantador Liñal de Seguridade.

Un dos libros da serie protagonizada por Toribio e creada por Carlos Casares para achegarse aos máis pequenos con historias divertidas e construtivas.


ISBN: 84-7154-840-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa blanda

O PRÍNCIPE CARPINTEIRO

O PRÍNCIPE CARPINTEIRO
Texto e ilustracións: Manuel Uhía
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +10 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa 

Rodolfo VI ía medrando en estatura e minguando como zarabeto e.... 

cos anos, o rei Gumersindo II ía perdendo as esperanzas, pois o seu neto nunca quixo saber nada de armas, nin de caza, nin de equitación, nin de nada que tivese que ver coas obrigas dun futuro rei como Deus manda. 

ISBN: 978-84-9151-051-2
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Rústica
Formato: 13 x 20 cm

venres, 5 de maio de 2017

BIOGRAFÍA DE DON JUAN DE LA COBA


BIOGRAFÍA DE DON JUAN DE LA COBA
Autor: Carlos Casares
Diseño da cuberta e ilustración: Manuel Janeiro
Editorial Galaxia S.A., 2000
Colección: Minilibros de Galaxia

Xénero: Ensaio - Biografías

En 1897 Taxes –Xesta– fai un debuxo de Juan de la Coba, para Galicia Moderna, no que coloca de fondo un par de pancartas nas que figuran os títulos das obras escritas por este.
Don Juan María de la Coba Gómez, nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, un pesonaxe característica do Ourense do século XIX; un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense.

Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura. Imaxe da botella de Sargadelos de Juan de la Coba y Gomez
Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta, e chegou a ser famosísimo, tanto en vida como despois de morto, por varias razóns:

Primeiro e sobre todo, porque inventou un idioma, que bautizou co nome de "trampitán".

Segundo, porque inventou un aparato para viaxar por todo o mundo sen moverse de Ourense, ao cal lle chamou "O Pirandárgallo".

Terceiro, porque nunha ocasión quixo escribir un drama e lle saíu unha ópera.

Cuarto, porque inventou o Paraugas Universal, que colocado no Polo Norte, tapaba todo o hemisferio.

Quinto e último, porque fixo un can de nabo para unha imaxe de san Roque que lle encargaron os fregueses dunha parroquia próxima á capital.

Don Juan chegou a ser tan famoso e popular que falaron del importantísimos escritores, tanto contemporáneos del como posteriores: Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Manuel María, José Angel Valente, Xosé Filgueira Valverde e Gonzalo Torrente Ballester.

ISBN: 978-84-8288-354-2
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 6 x 9 cm.



O NENO INVERNO

O NENO INVERNO 
Autora: María Canosa
Ilustracións: María Lires
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +12 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa 

A valentía de ser fráxil

Un neno especial. Un lobo doente. A comunicación entre dous corazóns magoados. Un libro fermosísimo. 

O libro “recupera a entrañable tradición dos relatos contados a carón do lume na cociña dunha casa de labranza e garante así a atención do público lector ao recrear esa agradable sensación de calor que desprende a amizade”. (Ana Luna Alonso)

Sermos Galiza destacan o retrato da realidade do acoso escolar que “está presente de maneira directa e facilmente identificable, mais o termo non aparece mencionado en ningún momento. É un reflexo da sociedade e da realidade que viven moitos nenos. […] O xeito de tratar o tema, de maneira velada, é completamente provocado. Pasar por el en silencio, coma de esguello, sen comprometerse, salvo algunha voz díscola que, cando o fai, se xoga vovlerse o centro do ataque… é un reflexo fiel da realidade”.

ISBN : 978-84-9151-017-8
Páxinas : 148
Encadernación: Rústica
Formato : 13 x 20 cm
 

xoves, 4 de maio de 2017

ESTE É TORIBIO


ESTE É TORIBIO
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Penélope Ares

Editorial Galaxia, S.A. 1991 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada:  +6 anos

 
A primeira das aventuras de Toribio, un neno de oito anos inventor de cousas imposibles. 


 Carlos Casare preséntanos a Toribio, protagonista de fantásticas e entretidas aventuras ao longo de varios libros da serie creada polo autor.

ISBN: 84-7154-790-2
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa blanda



CERTÁMENES DE RELATO BREVE "NAVIDAD SOLIDARIA" EN CASTILLA-LA MANCHA 2013-2016

CERTÁMENES DE RELATO BREVE "NAVIDAD SOLIDARIA" EN CASTILLA-LA MANCHA 2013-2016
Autor: Varios autores
Dirección: Juan Sánchez Sánchez

Género: Literatura en Castellano - Narrativa - Relatos

RELATOS NAVIDEÑOS PARA PROPAGAR
VALORES SOLIDARIOS

Este libro recoge los relatos ganadores en las cuatro ediciones desarrolladas (2013 a 2016). Relatos que sin duda propagarán a los cuatro vientos palabras que difunden valores permanentes pero que durante las navidades parece que se acrecientan y agigantan.

Y surge entonces la colaboración de los escritores, que ponen su imaginación creativa para escribir relatos maravillosos, aunque a veces nos desgarren el corazón, en los que se potencian los valores de la solidaridad y la cultura para narrar acciones e historias que suceden en cualquier navidad y en cualquier territorio.

ISBN: 978-84-16299-28-7
Nº de páginas: 178
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Formato: 14 x 21 cm


mércores, 3 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL E COMPAÑÍA - Animación á Lectura

Continuamos coas actividades de Animación á Lectura e nesta ocasión imos homenaxear ao autor CARLOS CASARES ao que se lle adica este ano o DIA DAS LETRAS GALEGAS.


Para elo o Venres 12 de maio, na Sala de Lectura da Biblioteca ás 11:00 horas teremos con nos a CRIS DE CALDAS co seu espectáculo de narración oral "A galiña azul e compañía" no que fará unha explicación amena do autor Carlos Casares e do que significan as Letras Galegas.

A galiña azul virá moi ben acompañada, de xeito que coñeceremos outras obras de Casares e algúns contos tradicionais.

Despois da sesión de contos, desenvolverase un obradoiro cos asistentes á actividade.

Temos invitado a esta actividade aos alumnos de 1º e 2º de Primaria de CPI "Curros Enríquez" de Pazos.



Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO


OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO
Autor: Carlos Casares
La voz de Galicia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou varias edicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores da tradución ao ruso e ao castelán. En xeral, os críticos considérano un dos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo Torrente Ballester, "bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura".

En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica.

Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.

ISBN: 84-9757-018-9
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa dura




EL MISTERIO DEL TESORO PIRATA

EL MISTERIO DEL TESORO PIRATA 
Autor: Roberto Santiago
Ilustraciones: Enrique Lorenzo
Ediciones SM, 2016
Colección: LOS FUTBOLÍSIMOS Nº10 

Género: Literatura Infantil y Juvenil - Narrativa 

Edad recomendada: +9 años 

Encontrar un tesoro pirata y ganar un partido de fútbol: un nuevo reto para los Futbolísimos. 

Los Futbolísimos van a jugar un partido de fútbol contra Los Justos, el equipo de un Centro de Menores que acaba de ser inaugurado en Sevilla la Chica. Pero lo que más les impresiona no es enfrentarse a un equipo formado por chicos y chicas de su edad que han cometido algún delito, sino la bandera pirata que ondea sobre el campo.

Y es que Los Justos tienen mucho que ver con los piratas, empezando por el nombre de su capitana: Laoi Chai San, como la famosa pirata china.

Y también su lema: No miento. No me chivo. No me fio.

Y lo más importante: un mapa del tesoro.

Solo necesitan a alguien fuera del Centro que les ayude a encontrarlo.

Pero los Futbolísimos están más preocupados de que no les expulsen de la Liga Intercentros que de buscar tesoros, aunque quizá todo está relacionado. 

¡UN NUEVO MISTERIO PARA LOS FUTBOLÍSIMOS! 

ISBN 978-84-675-9045-6
Nº de páginas: 336
Encuadernación: Tapa blanda

martes, 2 de maio de 2017

UN POLBO XIGANTE


UN POLBO XIGANTE
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Luis Castro Enjamio
Editorial Galaxia, S.A. 2000


Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos


Este relato de Carlos Casares reúne moitas características que fan os seus textos inconfundibles e que lle valeron o aprecio de miles de persoas dentro e fóra de Galicia.

Con esta historia graciosa e á vez simbólica do mundo da beiramar, con ilustracións de Enjamio, chíscanos un ollo, entretennos, divírtenos e dános que pensar, botando man do mellorciño da nosa tradición oral. É a historia dun rapaz que un día ve como un polbo xigante arrastra o criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. E é tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende.

ISBN: 84-8288-387-9
Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura



luns, 1 de maio de 2017

NUNCA MASCOTAS

NUNCA MASCOTAS
Autora: Paula Carballeira
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Costa Oeste

Xénero: Poesía Galega

Hai poucos títulos máis claros para contar o que hai dentro dun libro. Nunca mascotas. 

Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais.

E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte.

Un libro do que estamos moi orgullosos na Editorial Galaxia. 

Poesía para a xente máis moza. Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza. Ás veces máis ca nós.

ISBN: 978-84-9865-728-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda


A VIDA DE ÁNXEL FOLE


A VIDA DE ÁNXEL FOLE
Autor: Carlos Casares

Editorial Galaxia, S.A. 1996
Colección: ÁRBORE

Xénero: Biografías

A vida de Ánxel Fole conta sucesos e incidencias da nenez de Fole, da súa mocidade universitaria e da súa aproximación ó galeguismo nos tempos da República. 

Aparece tamén nestas páxinas o Fole escritor, o que escribiría os contos de Á lus do candil e de Terra Brava, tan importantes para o renacer da cultura literaria galega nos tempos posteriorres á Guerra Civil. 

Este é un libro escrito cunha linguaxe clara e accesible, unha amena síntese que pretende facilitar ós lectores unha visión global e ó mesmo tempo chea de pequenos detalles da vida de Ánxel Fole.

ISBN:84-8288-093-4
Nº de páxinas: 81
Encadernación: Tapa blanda




domingo, 30 de abril de 2017

EL MISTERIO DE SALEM'S LOT

EL MISTERIO DE SALEM'S LOT
Autor: Stephen King
Traducción: Marta I. Gustavino
Editorial: DEBOLSILLO
Colección: BestSeller 

Género: Narrativa - Novela negra, intriga, terror

Veinte años atrás, por una apuesta infantil, Ben Mears entró en la casa de los Marsten. Y lo que vio entonces aún recorre sus pesadillas. Ahora, como escritor consagrado, vuelve a Salem's Lot para exorcizar sus fantasmas.

Salem's Lot es un pueblo tranquilo y adormilado donde nunca pasa nada, excepto la vieja tragedia de la casa de los Marsten.

Y el perro muerto colgado de la verja del cementerio.

Y el misterioso hombre que se instaló en la casa de los Marsten.

Y los niños que desaperecen, los animales que mueren desangrados.

Y la espantosa presencia de Ellos, quienesquiera que sean Ellos.

ISBN: 978-84-9793-102-1
Nº de páginas: 528
Encuadernación: Tapa blanda



LOS SUEÑOS DE HEAVEN LEIGH


LOS SUEÑOS DE HEAVEN LEIGH
Autor: V.C. Andrews
Traducción: Jose Ferrer
Plaza & Janes Editores, S.A. 1991
 
Género: Novela de intriga
 
Los Casteel eran la hez de todos los que vivían en las chozas de los montes, eran la escoria de aquella región. Pero Heaven Leigh Casteel era, a pesar de ello, la niña más linda y más inteligente de aquel remoto lugar, aun con su ropa harapienta y su cara sucia. Su padre era de una ruindad extrema y su exigente madrastra la hacía trabajar como una mula. Sin embargo, Heaven Leigh mantenía su orgullo y sus esperanzas, a causa de Tom y de sus demás hermanitas. Algún día se marcharían de allí y mostrarían al mundo que eran honrados y que tenían talento…, que eran merecedores de amor y de respeto.

Con esta novela se inicia una nueva y estremecedora saga, surgida de la pluma de la autora de Flores en el ático, que obtiene los mayores éxitos de ventas en Norteamérica y en el mundo.
 
ISBN: 84-01-32143-3
Nº de páginas: 352
Encuadernación: Tapa blanda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger