venres, 5 de maio de 2017

BIOGRAFÍA DE DON JUAN DE LA COBA


BIOGRAFÍA DE DON JUAN DE LA COBA
Autor: Carlos Casares
Diseño da cuberta e ilustración: Manuel Janeiro
Editorial Galaxia S.A., 2000
Colección: Minilibros de Galaxia

Xénero: Ensaio - Biografías

En 1897 Taxes –Xesta– fai un debuxo de Juan de la Coba, para Galicia Moderna, no que coloca de fondo un par de pancartas nas que figuran os títulos das obras escritas por este.
Don Juan María de la Coba Gómez, nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, un pesonaxe característica do Ourense do século XIX; un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense.

Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura. Imaxe da botella de Sargadelos de Juan de la Coba y Gomez
Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta, e chegou a ser famosísimo, tanto en vida como despois de morto, por varias razóns:

Primeiro e sobre todo, porque inventou un idioma, que bautizou co nome de "trampitán".

Segundo, porque inventou un aparato para viaxar por todo o mundo sen moverse de Ourense, ao cal lle chamou "O Pirandárgallo".

Terceiro, porque nunha ocasión quixo escribir un drama e lle saíu unha ópera.

Cuarto, porque inventou o Paraugas Universal, que colocado no Polo Norte, tapaba todo o hemisferio.

Quinto e último, porque fixo un can de nabo para unha imaxe de san Roque que lle encargaron os fregueses dunha parroquia próxima á capital.

Don Juan chegou a ser tan famoso e popular que falaron del importantísimos escritores, tanto contemporáneos del como posteriores: Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Manuel María, José Angel Valente, Xosé Filgueira Valverde e Gonzalo Torrente Ballester.

ISBN: 978-84-8288-354-2
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 6 x 9 cm.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger