O próximo día 17 de maio Día das Letras Galegas podemos celebralo lendo calquera dos centos de obras literarias galegas das moitas que temos en BiblioPazos e que podedes vir a buscar ao longo desta semana.
Pero ademáis temos outras alternativas e á deste ano é asistir á
XI FESTA DO OVO DE NESPEREIRA
Así que xa sabedes, o Sábado 16 de Maio e o Domingo 17 de Maio celébrase a XI edición da FESTA DO OVO en NESPEREIRA no recinto de festas que estará cuberto cunha gran carpa.
PROGRAMA DE ACTOS
Sábado, 16 de Maio:
- VII SERÁN en Nespereira, a partir das 21:00 horas, organizado por NOVAS AMISTADES.
Domingo, 17 de Maio:
- A partir das 11,00 da mañán serviranse diferentes pratos elaborados con ovos caseiros.
- Ás 13:00 horas leerá o Pregón o actor galego RUBÉN RIÓS (Marcos en Libro de Familia).
A festa estará amenizada pola Agrupación Musical RIAS BAIXAS e o Dúo ESTELAR.
Así que xa sabedes,
como cada ano no mes de Maio...
FESTA DO OVO EN NESPEREIRA
Todos os pratos están feitos a base de ovos caseiros.
Entre todos os pratos que se poden degustar temos:
PATACAS FRITAS CON OVOS E CHOURIZO
(Prato estrela)
GRELOS CON PATACAS, OVOS E CHOURIZO
(Gran éxito das últimas edicións)
Se aínda así os vosos gustos non están satisfeitos, podedes degustar tamén tortilla de patacas, tortilla francesa, empanada...
Destacar que a organización sigue establecenco prezos anticrise, onde por so 5 ou 6 euros degustarás estes pratos acompañados de viño e pan.
Destacar que a organización sigue establecenco prezos anticrise, onde por so 5 ou 6 euros degustarás estes pratos acompañados de viño e pan.
Organizada pola Asociación de Veciños de Nespereira coa colaboración da Panaderia-Pastelería-Café "O Cruceiro" e do Concello de Pazos de Borbén.