sábado, 23 de decembro de 2017

EL CLAN DEL OSO CAVERNARIO

RECEITAS CATIVAS


RECEITAS CATIVAS
Texto e ilustracións: Dani Viéitez e Iria Iglesias 
Edicións Embora 
Colección: O raposo Rufo 

Xénero:  Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 3 anos

Con estas receitas, Rufo pretende que os pequenos preparen os seus pratos dunha forma divertida, e despois gozen desa comida.

Sempre baixo supervisión, ou contando coa axuda dos seus maiores, que tamén os guiarán e gozarán con eles deste apaixonante mundo.

Ademais busca que os cativos coñezan un pouco máis os alimentos, de onde proceden, coñecer as bondades dunha cociña saudable, e que aprendan a gozala como se merece.


ISBN:978-84-16456-31-4
Nº de páxinas: 36
Encadernación:Tapa Branda
Formato: 19,5 x 20 cm

venres, 22 de decembro de 2017

EU DE MAIOR QUERO SER


EU DE MAIOR QUERO SER
Autora: Rosa Aneiros
Ilustracción: Salvador Pereira 

Sotelo Blanco Edicións S.L.
Colección Docexvintedous 

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa 

A vida duns estudiantes universitarios nun piso de Santiago. Son cinco: Fran, Miguel, Cris, María e Ainhoa, todos eles moi diferentes. 

  • Ainhoa é vasca, estudia filoloxía galega, ten un noivo vasco é apuntase a canta protesta e manifestación hai, participa en todo.
  • Miguel é o típico chapón, só vive para estudar e manter a súa bolsa, é do Barco de Valdeorras. 
  • Cris fuxiu da casa e vive de traballos temporais. 
  • Fran, toca pola rúa, quere gravar un disco, é o típico que marcha tempadas polo mundo adiante. 
  • María é diferente de todos. 

Todo se desenvolve no piso na zona vella de Santiago: entran e saen e sobre todo fan festas nocturnas. Vemos problemas da vida cotiá: coa comida, co lixo, coa frega e amorosos tamén e sobre todo o ruido nocturno. 

Problemas Xuvenis que todo os rapaces deberían saber afrontar e que neste libro se reflexan para dar un consello os lectores... 

ISBN: 978-84-7824-347-X
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 22 cm


FORMIG4S. MISIÓN BARCELONA


FORMIG4S. MISIÓN BARCELONA
Autor: Pere Tobaruela
Ilustracións: Andrés Meixide
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Formig4s

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il son os catro integrantes dos Formig4s, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Misión Barcelona leva os Formig4s á capital catalá o día de sant Jordi. O caso empeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista, co doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.

¿Conseguirá o doutor Paumao o seu obxetivo?  Achegate a BiblioPazos para averigualo...

ISBN: 978-84-9914-942-4
Nº de páxinas: 105
Encadernación: Cartoné
Formato: 14,5 x 21,5 cm

xoves, 21 de decembro de 2017

IRMÁN DO VENTO


IRMÁN DO VENTO
Autor:Manuel Lourenzo González
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Premio Merlín de Literatura Infantil, 2003

1ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (a partir de 14 anos)

“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."

Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra.

Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser.

Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.

Irmán do vento é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra.

A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra.

A novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

ISBN: 978-84-9782-055-X
Nº de páxinas: 197
Encadernación: Rústica

ASTÉRIX EN ITALIA


ASTÉRIX EN ITALIA
Autor: René Goscinny 
Ilustrador:Albert Uderzo 
Autor: Jean-Yves Ferri
Ilustrador: Didier Conrad
Tradutores: Xavier Senín Fernández e Mª Isabel Soto López

Editorial: Xerais, 2017

Xénero: CÓMIC 

Os personaxes creados por Albert Uderzo e René Goscinny volveron!

Logo de «Astérix e os pictos» e «O papiro do César», Astérix e Obélix regresan con «Astérix en Italia», o novo álbum asinado polos talentosos Jean-Yves Ferri e Didier Conrad.

En «Astérix en Italia», Astérix e Obélix embárcanse nunha gran aventura que fará que coñezan a fondo a sorprendente Italia antiga.

ISBN: 978-84-9914-761-1
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura


mércores, 20 de decembro de 2017

EL FARO DEL FIN DEL MUNDO


EL FARO DEL FIN DEL MUNDO
Autor: Julio Verne
Ilustrador: Georges Roux
Ediciones Rueda, J.M., S.A.
Colección: Los viajes extraordinarios de Julio Verne 
 
Género: Literatura en Castellano - Narrativa
En "El faro del fin del mundo", la misión pacífica encomendada a los fareros Vázquez y Felipe en una isla aparentemente deshabitada, va a trastornarse por completo con la aparición de unos piratas sin escrúpulos que actuarán con inusitada violencia.

En el enfrentamiento que sigue -todo un símbolo de dos concepciones antagónicas del mundo- se debatirán la desesperada lucha por la libertad del cabecilla de los piratas, Kongre, y la tenacidad y heroísmo, de Vázquez, con quien se alían los elementos de la naturaleza y el implacable paso del tiempo. Sin duda, una de las grandes novelas de aventuras escritas por el genial Julio Verne. 

ISBN: 84-95060-14-0
Nº de páginas: 168
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

¿ESTÁS AHÍ, DINOSAURIO?


¿ESTÁS AHÍ, DINOSAURIO?
Ilustraciones: Innerchil Studio
Grupo Editorial Bruño S.L.

Género: Literatura Infantil - Cuentos 

Edad recomendada: +3 años 

Mete la mano en los escondites del dinosaurio... ¡si te atreves!

Luis y José se adentran en un bosque secreto. Luis quiere ser cazador de dinosaurios y está decidido a encontrar alguno.

¿Eres tan valiente como Luis? ¿Te atreves a meter la mano en los escondites para ver si hay algún dinosaurio? ¡Pues adelante!

Eso sí, cuidado con lo que tocas: pueden ser

  • los cuernos de un Triceratops,
  • el ojo blanducho de un Tyrannosaurus Rex,
  • ¡o las garras afiladas de un Velociraptor!

Un libro muy original y divertidísimo, pues en esta ocasión el pequeño lector tendrá que meterse, aún más, en la piel del protagonista de la historia.

El niño tendrá que demostrar que es tan valiente como Luis y atreverse, como él, a meter la mano en los diferentes escondrijos para ver si el dinosaurio está dentro. 

ISBN: 978-84-696-2169-1
Nº de páginas: 24
Formato: 26 x 22 cm
Encuadernación: Tapa dura

martes, 19 de decembro de 2017

MURIEL


MURIEL
Autor: María Canosa
Ilustración: Lucía Cobo
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín

Género: Literatura Infantíl Galega -Narrativa

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

Premio Merlín de Literatura Infantil 2017

"Unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa"

A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos.

 E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquer dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que votar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor dos seu corpo.


Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel  volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. 

ISBN: 978-84-9121-274-4
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

O BONECO DE NEVE


O BONECO DE NEVE
Autor: Xoán Babarro
Ilustracións: Carmen Queralt
Editorial Combel
Colección: Trote

Género: Literatura Infantil en galego -Poesía

Idade Recomendada: +3 años

A mensaxe dun oso polar vén nun vento de nevar... e nevar...

A nena e o neno fan un boneco con boca e chaleco

¿ A onde irá co vento este bonequiño gracioso?

ISBN: 84-7864-559-4
Nº de páxinas: 22
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22cm

luns, 18 de decembro de 2017

CEIBA DE LUZ


CEIBA DE LUZ
Autor: M. Lourenzo González

Edicións Xerais de Galicia S.A
Colección Fóra de xogo


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 


Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017

O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña de ouro macizo e fasquía precolombina desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz.

Un grupo heteroxéneo de dezaoito persoas comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura da antiga cultura taimahuara e a súa capital Haripari.

A convivencia provocará liortas, intrigas e mortes, mais tamén aprendizaxes e relacións de amizade e amor.

ISBN:978-84-9121-276-8
Nº de páxinas: 338
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


PAKOLAS


PAKOLAS
Autor : Paco Cerdeira
Ilustradora: Laura Romero
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore/Galaxia Sonárbore 

Xénero: Musica- Poesía-Libro CD 

Cancións para rockandrollear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e de aprender.

En colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia lanzamos Pakolas, un libro-cd para que a música nos axude a medrar en todos os sentidos!



ISBN: 978-84-9151-084-0
Nº de páxinas:26
Encadernación:Tapa Dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

domingo, 17 de decembro de 2017

A ARTE DE TROBAR


A ARTE DE TROBAR
Autor: Santiago Lopo
Ilustracións: Manuel Vigo
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa

Género: Literatura  Galega - Narrativa

Premio Xerais de Novela 2017

No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal.

Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. 

A arte de trobar é unha novela luminosa escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego en galego e occitano. 

Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, A arte de trobar constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.


ISBN: 978-84-9121-274-4
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger