venres, 22 de decembro de 2017

EU DE MAIOR QUERO SER


EU DE MAIOR QUERO SER
Autora: Rosa Aneiros
Ilustracción: Salvador Pereira 

Sotelo Blanco Edicións S.L.
Colección Docexvintedous 

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa 

A vida duns estudiantes universitarios nun piso de Santiago. Son cinco: Fran, Miguel, Cris, María e Ainhoa, todos eles moi diferentes. 

  • Ainhoa é vasca, estudia filoloxía galega, ten un noivo vasco é apuntase a canta protesta e manifestación hai, participa en todo.
  • Miguel é o típico chapón, só vive para estudar e manter a súa bolsa, é do Barco de Valdeorras. 
  • Cris fuxiu da casa e vive de traballos temporais. 
  • Fran, toca pola rúa, quere gravar un disco, é o típico que marcha tempadas polo mundo adiante. 
  • María é diferente de todos. 

Todo se desenvolve no piso na zona vella de Santiago: entran e saen e sobre todo fan festas nocturnas. Vemos problemas da vida cotiá: coa comida, co lixo, coa frega e amorosos tamén e sobre todo o ruido nocturno. 

Problemas Xuvenis que todo os rapaces deberían saber afrontar e que neste libro se reflexan para dar un consello os lectores... 

ISBN: 978-84-7824-347-X
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 22 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger