xoves, 21 de decembro de 2017

IRMÁN DO VENTO


IRMÁN DO VENTO
Autor:Manuel Lourenzo González
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Premio Merlín de Literatura Infantil, 2003

1ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (a partir de 14 anos)

“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."

Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra.

Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser.

Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.

Irmán do vento é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra.

A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra.

A novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

ISBN: 978-84-9782-055-X
Nº de páxinas: 197
Encadernación: Rústica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger